Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 24 de diciembre de 2011

FELIZ NADAL 2011 E FELIZ E VENTUREIRO 2012 (Andres GV)

Non vos estrañe o desenfoque desta composición. De seguido saberedes a qué obedece.
En Occidente fixemos do Nadal  de Cristo un verdadeiro destrozo. Todo nace da sedución de sentirse importantes. Xusto o contrario do que fixo Deus ao asumir a nosa fráxil condición humana. Non acabamos de comprender que no seu modo de facerse home: pequeno, indefenso, acosado e pereseguido, pobre, mal acollido  -xa desde os seus inicios na vida temporal- o Eterno indícanos o verdadeiro camiño dunha humanización que conduce á paz, froito da xustiza e do amor, froito da sagrada dignidade de ser persoa, home ou muller.
Anque moi demorada, mándovos esta que non é felicitación senón chamada. Á solidariedade e ao compromiso por unha humanidade que crece "divinamente"  canto máis os seus membros abrimos corazón e portas ao diferente, ao pequeno, ao que non nos pode compensar polo noso servizo.
Un recordo moi especial para todos os que estades sentindo escuros neboeiros de saúde, de conflitos, de traballo. Sexamos lúcidos e vexamos a man de Deus nas nosas vidas.  E desculpade as miñas ausencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario