Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 24 de diciembre de 2011


Boas festas

Súmome a quen,nestas días previos as “pascuas navideñas”,se adicou a felicitárnolas. Son días,seguramente para todos de sentimentos contraditorios. A realidade de cadaquén polo seu lado e por outro as vivencias de tempos pretéritos que están aí no imaxinario persoal e tamén colectivo do conxunto ou subconxunto que formamos todos. O término de imaxinario utilizado polos estudosos das disciplinas sociais din que é un concepto en construción. Pero concordan todos en que se trata dun conxunto de imaxes que temos interiorizadas e por virtude delas miramos clasificamos e ordenamos o que nos arrodea. Din que marcan tanto que practicamente regulan a nosa vida aínda que nos pareza o contrario sen chegar a imprimir carácter como nos di a teoloxía sobre os sacramentos que son sete, nin mais nin menos, como ensinaba o profesor que pouca pegada deixou,polo menos a min, D. Manuel Silva Bahamonde.
 
Pois despois desta filípica e, cos mellores desexos para todos,deséxovos unhas felices festas para todos sen esquecer a ninguén e, en particular para todos aqueles que,polo menos algunha vez,accederon a este portal comunicativo que,igual cós montes comunais pertence a todos os que teñan casa aberta e con fumes dentro do territorio no que se encravan.
E para iso comparto unhas felicitacións que me achegaron das moitas que como todos se reciben no correo electrónico e que me gustaron.

A 1ª é do Conselleiro de educación que mandou a todos os profesores e que escolleu con moito gusto e significado. As persoas con minusvalías deben ocupar un sitio importante nas nosas vidas .Asesorei moitos anos a unha asociación de pais de nenos paralíticos cerebrais e aprendín mais humanidade con eles ca en todos os anos de Seminario. Ë esta:


 
A 2º mandouma un amigo dunha gran espiritualidade:

 "Sumidos en el sagrado
silencio,
inspirad y espirad.
Escuchad el silencio,
escuchad vuestra respiración,
sentid lo que entra con el aire,
al que invitáis a pasar
a vuestro interior;
observad la vida
que con él va.
Escuchad los latidos de
vuestro corazón, y
permitid que las energías
se equilibren ellas mismas;
dadles permiso a todos vuestros órganos
para que se tranquilicen,
para que cada uno ocupe el espacio
que le pertenece,
para que les llegue la energía que necesitan.
Y así, el cuerpo por si mismo,
será capaz de relajarse,
de lograr posturas naturalmente adecuadas,
de sanarse, pues sabe muy bien cómo hacerlo,
y el Amor y la Luz
que habita en el núcleo da cada una de las células,
poco a poco irán  llenándolo todo, todo, todo.
Vuestra Luz se unirá al resto de las luces de los seres
que caminen a vuestro lado,
formando así
una
 Gran Hoguera
de
LUZ Y AMOR.

Felices Fiestas
Abrazos."

A 3ª é dun organismo da Xunta novo que coordina a formación do profesorado que antes se chamaban Centros de Formación e Recursos e que agora se chama Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). E esta:
A 4ª é para que non nos consumamos nestas festas:

 
E por último un sorriso. Cando perdamos as ganas de rir e sorrir temos que facernos mirar por algún entendido en conduta humana porque algo grave está a punto de pasarnos e hai que poñerlle remedio canto antes se se prolonga moito no tempo.

 
Antes de rematar o ano poñerei algunha cousa mais e se non a poño feliz ano que ven .Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario