Estes días están
chegando aqueles profesores que adican uns días do mes de Xullo a
viaxar. De momento aínda poden permitilo. No futuro iremos vendo.
Estiven cuns amigos que andaron unha semana por Europa e viñeron
abraiados da imaxe que de nós teñen incluso en Croacia. Dixéronme
que ocupamos as portadas, na última semana de mes pasado,dos mais
importantes periódicos. O tema mais recorrente é o da corrupción.
O que non lles colle na cabeza é o da amnistía fiscal. Por iso poño
un vídeo que, aos que vimos as películas de Berlanga, fainos pasar
un momento divertido. Sobran os comentarios. Aí queda.A descansar como nos desexou Eduardo.Saúdos para todos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario