Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 11 de julio de 2012


Quencendo motores...

16  DE XULLO

Hoxe é un gran dia de festa,
cos Cazolos e o seu tambor
e tres bombas de palenque,
 comeza nosa festa maior…

¡ Tiriri…tirirí…!

Os mozos tecen os arcos
 con filigrana arredor,
como trenzando bolillos
mesturados co seu esplendor.

¡ Tiriri…tirirí…!

Os foguetes, cal asubíos,
ó ceo erguen noso fervor,
ó ver a banda pasando
con redobres de tambor.

As campás voan bourando
polo aire ca súa canción…
´É o día grande da festa,
 festa da nosa tradición.

¡ Tiriri… tirirí …!

 O pobo viste de gala,
os balcóns seu mellor brasón,
rebumbio de mozos na Praia,
e o Carmelo sorrí co son.

¡ Tiriri…tirirí…!

Xiran e xiran na ría
nosos barcos con obsesión,
e agardan a súa Patrona
a que dispoña a procesión.

¡ Tiriri…tirirí …!

O Carme bendí os mares,
peneleiros porque chegou;
ventos mareiros ca Salve,
lembranzas de quen afogou.

Estala o ceo ¡ pin, pan, pon !
  …a escape: un pasodobre español;
 agarda o xantar na mesa…
e, con presa ¡ talán, tolón… !

Verbena de Trovadores,
Pucho Boedo o seu cantor,
¡ Non hai festa coma a nosa !
¡ a nosa festa é a mellor !

Antonio Puertas

2 comentarios:

  1. Despois de ler as túas poesías,tanto as que deixas no feisbú como coas que nos honras aquí, teño que recoñecer que mereces o tratamento de DON Antonio. Porque posúes ese don do que deriva o que logo se converteu no título que outorgaba,noutros tempos o DON e que nos títulos aparecía moi destacado. Para que vexas que non é unha loanza sen fundamento aí vai a cita na que se confirma: “Un informante de estas “tribus primitivas” decía: “Sólo puede demostrarse que se posee fortuna, y no que se es poseído por ella, distribuyéndola, poniéndola a la sombra del nombre”. Tal vez por eso, cuando alguien es capaz de prodigar el don pasa a ser llamado Don Fulano de Tal “de Luis Vicente Miguelez (psicoanalista) .Un saúdo Don Antonio.Rafael

    ResponderEliminar
  2. Hay, DON RAFAEL, DON RAFAEL, que me vas deixar " colorado ". Se o Don xa non se usa; e, se alguén presume de Don nestes tempos, son os que teñen o " din ". Os demais, somos fruallo.
    Graciñas, de tódolos xeitos, compañeiro e amigo.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar