QUINTA DO ’57 - CONVIVENCIA ANUAL
Sábado, 15 de setembro de 2012 – Sobrado dos Monxes
Meus ben queridos amigos e compañeiros: xa
está aquí o día. O gran momento de acrecentar a amizade, compartindo –ademais da
Misa e da mesa- as amargas decepcións padecidas neste “annus horribilis” e as
estimulantes xornadas ou horas que nos permitiron seguir confiando nas persoas
e afiuzar a nosa esperanza.
Amigo, compañeiro, irmán: fagamos deste
encontro unha bandeira, un signo do cambio necesario que todos desexamos. Todo
cambia cando as persoas se reúnen.
Lugar de encontro:
MOSTEIRO CISTERCIENSE DE SANTA
MARÍA DE SOBRADO
Horario:
11,30 Acollida
12,00 Visita
ao mosteiro, acompañados por un monxe
13,00 Eucaristía na capela dos
monxes
13,45 Asistencia,
na mesma capela, ao rezo monástico da Hora Intermedia.
Fotografía
do grupo na portada do mosteiro
Saída
para o xantar.
Ameixas
á mariñeira
Año asado (escollido do rabaño de
Ricardo)
Queixo de Arzúa e marmelo
Café e chupitos
17,00 (máis
ou menos) Coloquio aberto:
Informacións que consideramos
importante compartir
Decidir o lugar do encontro seguinte.
Decidir sobre o cambio de día para
estes encontros (pasar de terceiro sábado a terceiro xoves, por exemplo)
Cuestións abertas.
18,00 Apertas e bágoas de despedida, anque coa alegría
da xornada.
Cuestións prácticas
-
Chegar a
Sobrado dos Monxes non ofrece dificultade para ninguén.
-
O lugar da
comida, “Cas Freitoso”, no lugar de Seixas, parroquia de Oíns, non é
problemático para os reunidos previamente en Sobrado, pois saímos xuntos.
-
Os que non
poden chegar antes do xantar, saiban que na estrada Santiago–Lugo, no lugar de
Burres (está indicado), hai un ramal que aparta para Oíns. O bar da señora
Concha está como a dous kms da igrexa parroquial de Oíns. Preguntando chégase,
xa non a Roma, senón a cas Freitoso, que ten estes teléfonos: 981 191 086 ; 629
852 624 (Ángel, o fillo de Concha) .
-
Enlaces para
anotarse: ENCARGADO LOCAL: Jesús Rial 659383548
Zona de
Pontevedra: Ramón Senín: 986844674. martasenin@hotmail.com
Zona Santiago–
José Mª Tacón: 981583035 taconmiguez@terra.es
Zona Coruña:
Dios Vigo: 679239351 – A.G. Vilariño: 687843065 andresgv@mundo-r.com
Os da zona da Coruña que se
apunten con tempo para levar microbús.
Os turismos quedan no patio do Fogar
de Santa Margarida.
Anímate e anima os compañeiros
indecisos. Temos que cambiar o mundo. E hai moito que facer.
Os de sempre.
Moi ben Andrés.Pese as moitas ocupacións non fallas,polo menos, na posta en marcha da convivencia.Esperemos que este ano non che fagan os teus superiores outra encomenda como o ano pasado.Conta conmigo como sempre salvo forza maior imprevisible da que ninguen está liberado.Un saúdo para compartir con "Monsieur Alvite" que ao dicirlle así seguro que identificará ao saudante.Bo, do que queda do, verán.Rafael
ResponderEliminar