IN MEMORIAM: AVELINO POUSA ANTELO (R.G.R.)
O
amencer,á luzada de hoxe finou o esgrevio galeguista. E merecedor de
todos os títulos que se lle deron e de aqueles outros que non se lle
outorgaron pero que tamén lle corresponderían pola súa lonxeva
traxectoria. Mañá farase eco a prensa de todas aquelas virtudes,
foron moitas,que o adornaron. E dos poucos que nos acompañaron,case
un século,en momentos críticos,tráxicos e tamén esperanzadores
para esta Nosa terra a Galicia que nos veu nacer.
A
razón de traelo aquí e que a min me gustaría subliñar e a de ser
antigo alumno de San Martiño Pinario. Precedeunos naqueles grosos
muros durante sete anos cando era aínda Universidade Pontificia de
Santiago de Compostela. Desapareceu no ano 1932 en que o Vaticano
reduciu os Centros de Ensino Superior en toda España porque a
calidade degradárase tanto que os títulos eran sinónimo de que
tiña cartos o posuidor pero non da sapientia que figuraba no
documento. Elocuente é aquela anécdota que contan do pai dun
doutorando que candi viña de volta de Santiago preguntáronlle.¿E
que o fillo xa che é doutor? Si home e se levara mais cartos tamén
me doutoraban a besta. Na que fixera a viaxe.
Aqueles
doutores que figuraban como profesoresnos calendarios que nos
entregaban na inauguración de cada curso procedían case todos da
Pontificia de Santiago. Chamaba a atención que os mais novos eran
licenciados,non todos, e os mais vellos eran todos doutores.
Despois
desta digresión dicirlle a D.Avelino que o que se quere nunca morre
e que el tamén vivirá na memoria colectiva de Galicia. A semente
que el plantou ira xerminando e dará os seus froitos. Quede
constancia neste blog que pertence a unha comunidade da que el tamén
precedéndonos foi parte. Sirva de póstuma homenaxe.
Para
os que queiran saber mais aí vai noticia pola que eu me informei
este mediodía:
http://praza.com/cultura/1763/falece-avelino-pousa-antelo-memoria-e-dignidade-do-galeguismo/
http://www.sermosgaliza.com/artigo/memoria/avelino-pousa-antelo-adeus-ao-sonador-da-galiza-redimida/20120820110213004345.html
E
tamén o discurso que pronunciou no 2009 en defensa do noso idioma na
praza da Quintana de vivos en Santiago:
E
nada mais. Dentro de pouco verémonos e xantaremos xuntos. Saúdos
para todos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario