Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 30 de noviembre de 2012


O mes que comeza con Tódolos Santos e remata con San Andrés, algo debe ter ese santo pa que o lembren dúas veces en apenas trinta días.
Eu penso que por mor de tanta friaxe, de tanta aviaria e de tanto gripallo. O santoral axiña recorreu a el pa que nos votase unha man, xa que, os demais, nada fan por remediar os nosos males.
Exemplos da valía do santo milagreiro, témolos “ comarea”
Xa o imán do noso Patrón, non senta á esquerda, porque é de dereitas, e celebra o seu santo na estrema do mes ( amiguíños si, pero non revoltos )
O conto ven de vello: mentres o primeiro estaba a despregar as redes por estribor, o outro, dálle que che pejo, que tiña que ser por babor; e, mentres a nai querería deixar a todos eles atados e ben atados dentro da súa barca, asentando a cada quen en seu lugar, o único que logrou, foi que marcharan cada un polo seu lado ( “ nin pa ti nin pa min “ )...un pa poñente e o outro pa levante.
No fondo levábanse ben, e, tódolos anos, vense na romaría de San Andrés de Teixido, Cada un, gabea disfrazado entre toxos e silveiras ( pa gardar as aparencias ) mais, sempre, por camiños distintos. Logo, na cima, confúndense nunha gran aperta, e celebran o seu encontro con bombas de palenque. Aquel estoupido, percorrendo de arriba abaixo as placas Americanas, e os candís do Pacífico, nun alarde de grandeza competitiva entre irmás.
Aquelas impresionantes fallas, nada teñen que ver coas de Valencia (bufidos de carneiro ) onde o estrondo e o fogo, pasma ao mundo enteiro...Mais, sempre, gardando as distancias e as aparencias, entre reviravoltas e miradas nesgadas de bos irmás.

Por iso, non podo menos que ceibar este FELIZ DIA aos ANDRESES que pululan por estes mundos cibernéticos, e que poden estar fachendosos co seu santo.

Antonio Puertas

1 comentario:

  1. Bueno, un erro teno calquera. Iso de irmás, entendese como irmans na fe. Inda que eu, non decatei o erro, mentres non apareciu Rafael no encerado.
    Grazas, pois, Rafael.Os anos non perdonan.
    Antonio

    ResponderEliminar