Queridos amigos:Pídenme
que colgue no Blog o escrito que, na sección de opinión ,publica
hoxe a Voz de Galicia. Pois dito e feito. Como hoxe existe o corta e
pega pouco traballo dá. E o seguinte:
“CRITARQUÍA
Denomínase dese
modo,vivir nunha critarquía, cando son os xuíces os que gobernan
ese país. Despois do que leva acontecido nestes últimos tempos, en
que a súa intervención,está tan xeneralizada, en asuntos de
corrupción que afectan a case todas as institucións públicas e
privadas parece que camiñamos cara a esa forma de gobernarnos. Os
propios xuíces están, polo que transcende,interesados en que se
erradique a corrupción. Na xuntanza de Xuíces Decanos de España
celebrada o dezaseis deste mes pídenlle a Parlamento e Goberno unha
serie de medidas inmediatas:Impedir a suspensión das penas e mais do
indulto nos casos de corrupción. A creación inmediata dun corpo
nacional de peritos contables,expertos economistas e auditores ao
servizo dos xulgados a semellanza dos médicos forenses,para que non
sexan designados polos directores da Axencia Tributaria ou cargos
públicos de designación política. Que os xuíces que se adican a
asuntos de gran relevancia lles nomeen substitutos para que poidan
instruílos e xukgalos canto antes. Piden tamén que protexan as
forzas policiais aos que tramiten causas relacionadas coa corrupción
empresarial e política que son as mais e seguen medrando. Deberían
concederlle o que piden con urxencia.A función dos xuíces e xulgar
e mais executar o xulgado. A dos políticos e facer as leis e mais
cumprilas e facer que se cumpran. De todos modos non é previsible
que nos gobernen os xuíces xa que soamente o fixeron no antigo
Israel e mais hoxe en día no chamado Estado fallido de Somalia.”
Pois, Rafael, eu penso coma ti, e ratifico todo o que escribiches na Voz de Galicia, palabra por palabra.
ResponderEliminarEn temas de Xustiza, quen mellor ca vos, os que andades metidos nese mundo tan complicado po resto dos mortais.Os gobernos, teñen que gobernar e ditar as leis, pero, logo, deben permanecer ó marxe, e deixar que sexa o propio Corpo Xudicial quen organice a súa casa, sen interferencias nin amiguismos " politiqueros "
Parabéns, Rafael, e Bo Nadal.