Este é o poema que presentei en Lugo no programa da Radio Galega, Pensando en ti, de Marcial Mouzo.
XUNTANZA EN LUGO
Hoxe, a festa toca en Lugo,
e, maña, sabe Deus onde;
así, vou leva-lo xugo
por onde lle corresponde.
Vai axeitado ca cidade
por Paulo Fábio fundada,
cun chisquiño de saudade
da mámoa celta alí afincada.
Érguese nun cotarelo,
tan puro coma o armiño,
e guarecido cun velo
das brétemas no corpiño.
Expido vai polo mundo
presumindo de muralla,
por ser patrimonio oriúndo
da terra meiga que á entalla.
Romana, en deuses, figura,
que bañan seus pes no Miño,
aquelados na procura
do ouro polo seu camiño.
Lucus Augustus e lanzas,
termas, denarios e bravos,
castros, honor e matanzas,
dereitos, milicia… escravos.
Foron os tempos mudando,
e, aí, temos a San Froilán,
nas casetas festexando
cas campás e o seu troularán.
Deus Pai, con Cristo, inflama
a fe na Forma sagrada,
que santa María proclama
na catedral, venerada.
Nas entrañas da Cidade,
colleita da súa leira,
produtos de calidade,
castañas e polbo á feira.
E, na Exágono hoxe canta
Lys Pardo, con nome de flor,
que, a “anduriña“ en voo adianta,
cos seus bicos pa un pai cantor.
E, pola veiga das leiras,
hei marcar aquela estrela,
que alustrará coas vieiras
a senda de Compostela.
Seguindo o Miño, hei volver
a Lugo dende Fisterra,
coa saudade dun querer
que eu gardei pola súa terra.
Antonio Puertas
Agradoume e gustoume moito o poema Antonio,Está moi ben armado e construído tanto na forma como no fondo. Ten lírica e musicalidade ao meu ver de profano en cousas de música e poética. Para min os poemas igual cas pinturas e obras artísticas se me causan bos sensación pregúntome a causa e a veces descúbroa na harmonía,perspectiva,combinación de cores,evocacións...e outras veces non me gusta e por moito que mo expliquen segue sen gustarme. Parabéns Xa che comentei a través de facebook que para min de ter que cualificalo sería un meritisimus.O próximo xa poderá ser cum laude.O dito.Rafael
ResponderEliminarA min sucedeme algo parecido a ti, Rafael. Eu non " entendo " nin de pintura, nin de poética, nin de cousa ningunha, mais, se algo cala en min, entón douno po bo, e se non, xa poden vir picasos, dalis ou quen sexa, que paso deles. Será que son moi burro, pero, bueno, neste mundo ten de haber de todo, e, coma pensamos ti e mais eu, hainos comarea ( coma din no meu pobo )
ResponderEliminarUnha aperta, amigo.
Antonio Puertas