Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 30 de enero de 2014

PETICIÓN CUMPRIDA

 Pedíronme que puxese aquí po que publicou o Domigo a Voz e ,como o traballo que supón é o de copiar e pegar é inimo aí queda:

""CUME DE DAVOS

Esta semana vense de celebrar O Foro Económico Mundial no pobo de Davos. Está na ladeira dos Alpes en Suíza. Conta con pouco mais de dez mil habitantes e posúe 24.000 camas entre hoteis e casas de vacacións. Ë o berce do turismo de luxo. Famoso por ser desde hai mais de 40 anos sede do Foro que xunta ás elites económicas e sociais do mundo enteiro. Este ano parece que o que mais lles preocupa é a concentración da riqueza en moi poucas mans que alimenta a desigualdade global e mina a confianza nos dirixentes políticos e mais nos empresariais.

E de supor que nas mais de 2.500 persoas que asistiron estivese alguén que, como fixo hai mais de cincuenta anos o Presidente de Estados Unidos John Kennedy, asasinado en circunstancias nunca aclaradas,quen lles advertiu aos que mais riqueza acumulaban naquel momento, no discurso de investidura, de que “si unha sociedade libre non pode axudar aos seus moitos pobres,tampouco poderá salvar aos seus poucos ricos”.

O certo é que naquel momento, de guerra fría e do muro de Berlín ,o bloque de repúblicas socialistas impoñía algo de respecto e propiciou que se repartise mais a riqueza do que se quere facer hoxe en dia. Esperemos que polo ben de todos impere a sensatez e camiñemos para diante e non para atrás vivindo todos e deixando vivir.""

Mañán rematarei a semana e malo será que non teña un pouco de tempo para comentar algo e seguir alimentando este medio de comunicación.Que soportedes o mellor que poidades este duro inverno que hai undha ducia de anos que non é tan duro.Acórdame aqueles, na decada dos sesenta, que pasamos en  San Martiño Pinario e que duraban varias semanas. Aquelas choivas de orballo monótonas en que saía auga das paredes e facía que a sensación de frío se duplicase.Eu tamén digo como ese meniñio:


Un saúdo afectuoso como sempre.Rafael

Foto

2 comentarios:

  1. Pois, un saúdo afectusoso, tamén, Rafael. E a seguir escribindo, aínda que sexamos poucos lectores.
    ...E, o meniño que non chore pois, " nunca choveu que non escampara " Así no lo prometeron despois do diluvio.
    Unha aperta ( pa quen á mereza.

    ResponderEliminar
  2. Perdón, son Antonio ( ese que escribe parvadas )

    ResponderEliminar