Seguindo
o que manifestei, hai un mes xusto, e para darlle algo de vida a este
balcón ou mirador vou deixar o que escribín neste mes de San Xoán
no ano dez e así cadanseu até hoxe que pese e pasar case un lustro
seguen tendo certa actualidade:
XUÑO
2010
DEREITAS
ESQUERDAS -
“”Son
dúas palabras cunha carga ideolóxica grande que algúns nunca
utilizan e que outros usan con excesiva frecuencia. Na actualidade
hai unha enorme confusión sobre o seu significado. Hai que dicir que
se utilizan desde a revolución francesa de 1789 proclamando a
liberdade a igualdade e a fraternidade. Os partidarios situáronse na
sede da Asemblea Francesa, hoxe parlamento ,a esquerda e os
defensores da nobreza e do antigo réxime á dereita.
Posteriormente
identificouse a esquerda co socialismo,comunismo e anarquismo e a
dereita coa tradición, a orde e o conservadorismo. Na actualidade
habería que graduarse en socioloxía e ciencia política para saber
o que significa extrema dereita, extrema esquerda,dereita
moderada,centro dereita ,centro esquerda,dereita extrema,esquerda
radical,dereita liberal ou o centro a secas.
Conviña que cando nos falaren nos indicasen con mais claridade o que cadaquén entende; para saber do que estamos a falar sobre todo desde que o sistema capitalista non ten alternativa, nin cae nin o refundan como se chegou a reivindicar. Mentres tanto as consecuencias sempre as pagan os mesmos:os que soamente saben traballar.
Conviña que cando nos falaren nos indicasen con mais claridade o que cadaquén entende; para saber do que estamos a falar sobre todo desde que o sistema capitalista non ten alternativa, nin cae nin o refundan como se chegou a reivindicar. Mentres tanto as consecuencias sempre as pagan os mesmos:os que soamente saben traballar.
XUÑO
2011
CAMBIO
DE EPOCA
Debemos
sentirnos afortunados de vivir nunha época histórica de tantos
cambios. Se podería dicir sen esaxerar que nestas últimas décadas
se produciron mais transformacións,en todas as ordes da vida,ca
anteriormente en toda unha era de varios séculos. Na cultura,na
medicina, na economía, ,na tecnoloxía ,na imaxe,na comunicación e
un longo et cétera.
Vivimos
nunha época de cambios pero xa alguén se pregunta se non estaremos
ou deberiamos estar nun cambio de época. Para iso deberíase ir a
formación dun goberno global ou mundial que puxera freo ao
poder especulativo e financeiro que chaman mercados. Creación dunha
moeda única mundial para evitar as guerras de divisas que prexudican
sempre aos mais débiles. Prohibición dos paraísos fiscais.
Sometemento obrigatorio a unha xustiza internacional.
Fiscalización para as transaccións monetarias co fin de que non se
lle perda o rastro ao diñeiro cando sae dun país. Democracia de
participación directa na escola,na empresa,nos sindicatos,nos
barrios e en todas as institucións. Persecución da corrupción
política e económica.
¿Será moito pedir que dentro de trinta anos se recolla nos libros de historia que a partires do 15 de Maio do 2011,data que dou orixe ao movemento coñecido como dos indignados, comezou unha era nova para a humanidade na que se foron erradicando os maiores males sociais que se arrastraban do século pasado? Soñar desperto tamén e bonito e necesario.
¿Será moito pedir que dentro de trinta anos se recolla nos libros de historia que a partires do 15 de Maio do 2011,data que dou orixe ao movemento coñecido como dos indignados, comezou unha era nova para a humanidade na que se foron erradicando os maiores males sociais que se arrastraban do século pasado? Soñar desperto tamén e bonito e necesario.
XUÑO
2012
O ELECTRICISTA DA
CATEDRAL
Desde
que apareceu o “Codex Calixtinus”e soubemos da millonada de
cartos en poder do electricista en todos os comentarios se repetía o
mesmo: Mira que foi parvo.¿Por que non devolvería o libro, a través
dun avogado baixo secreto profesional ou dun cura en confesión,como
lle pediron por medio da prensa;? .Outros ¿Para que o roubou se non
lle valía para nada?. Tiña a vida resolta de toda a familia para
viviren como reis.
A
ninguén lle escoitei censurar o que fixera. Iso pode indicar que
todos levamos dentro un electricista e que de ter ocasión fariamos
como el. Estase vendo con esta crise,veu para quedarse moito tempo,
que unha das causas de tanta desgracia e sufrimento,sobre todo, para
os que non teñen traballo nin esperanza de atopalo é a corrupción,
a falta de decencia,de responsabilidade,de honradez e doutras
virtudes sociais que non abundan. Nese campo temos todos moito que
facer empezando polos nosos dirixentes para dar exemplo.
XUÑO
2013
GARZON
TIÑA RAZÓN
Soubemos
estes días que a Audiencia Nacional confirmou que todas as escoitas
que descubriron os delitos do caso Gúrtel foron validadas e
declaradas conformes co dereito. Moitos pensaban que poderían correr
igual sorte ca no caso Naseiro. Hai que alegrarse e consideralo unha
boa noticia xa que do contrario a confianza na Xustiza poríase a
niveis baixo cero.
Despois
do que temos sabido,desde que hai anos se abriu este caso no Xulgado
de Garzón, parece que está mais que xustificado que mandase
interceptar as comunicacións,conforme lle pediu a policía e
fiscalía,para evitar que se seguisen cometendo delitos e dispoñendo
do diñeiro. Hoxe sabemos que iso foi en realidade o que sucedeu.
Razóns polas que ingresou no cárcere o señor Bárcenas.
Moita
xente non vería mal,para que os xuíces fixeran xustiza,que se
indultase ao Xuíz Garzón xa que o tempo venlle de dar a razón.
Deste modo aproveitaríase a súa experiencia. O traballo por e para
facer é moito e os obreiros xuíces non dan abasto,
XUÑO
2014
PAPEL MOLLADO
Hai
pouco que publicou a Xunta o chamado código ético. E un manual de
27 folios que se pode consultar na internet. Afecta a todos os
funcionarios e traballadores da Xunta. Prohibe aceptar regalos a non
ser aqueles de cortesía admitidos polos usos sociais e que non
superen o valor de 90 euros. Contemplase incluso un modelo de escrito
para devolvelos. Nese documento faise alusión a todas as leis onde
se establecen regras de transparencia e boas prácticas que tamén
hai obriga de cumprilas.
Chama
a atención que non se faga referencia ao Código Penal que na
modificación por Lei Orgánica 5/2010 (BOE 23 /06/ 2010) deixa
redactado,vai para catro anos, o artigo 422 do seguinte modo: “La
autoridad o funcionario público que, en provecho propio o de un
tercero, admitiera, por sí o por persona interpuesta, dádiva o
regalo que le fueren ofrecidos en consideración a su cargo o
función, incurrirá en la pena de prisión de seis meses a un año y
suspensión de empleo y cargo público de uno a tres años.”
Como se
observa nese N Nese precpto do Código Penal non hai ningunha
referencia ao valor do agasallo. A corrupción non é un problema de
hoxe. Hai anos que se veñen tramitando causas ante os xulgados. Son
hoxe por hoxe os únicos que poñen algo de remedio. O que mais
exaspera e quenta aos cidadáns e cando escoitamos ás autoridades
pedirlle aos xuíces que diten sentencias canto antes. E son os
mesmos que lles veñen negando dende hai anos que teñan mais xuíces
de apoio e un corpo de peritos contables. Igual que hai médicos
forenses para auxiliar aos xuíces. Por iso e ademais porque a
potestade sancionadora para cumprir a lei e facela cumprir téñena
todas as administracións,pouco ou nada fan para exercela, é o que
fainos concluír que o o código ético para eliminar a corrupción
da vida pública, será papel mollado.””
Pois mais nada. Que conste que non é obrigatorio que se lea todo.
Pódese facer como aquel crego que contaba Chao Rego que nos
oficios,antes da reforma litúrxica do anos sesenta,
había que ler moito en latín, e un crego maior que lle custaba
moito traballo fíxolle sinais ao sacristán para que lle mudase o
libro para o outro lado despois de pasar,unha por unha,todas as
follas de obrigada lectura manifestoulle ao sacristán: Habíache
que ler se o lermos todo. Un saúdo para todos .Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario