Escribín hai días isto
e intentei poñelo no Blog e non fun capaz. O meu nivel deste
aparellos e de usuario nivel ínfimo. Hoxe ao ler o que escribiu o
compañeiro Andrés Amboage intentei e parece que mo deixa por e aí
queda. Como estamos dentro da oitava e se non estamos é igual vaia n
estes parabéns para os que celebraron o día do santo.
“Hoxe os ferdinandus
están de días. Así,cando se tomaba lista en latín durante a nosa
estadía en Sanmartiño Pinario, se lles vocaba aos chamados
Fernandos. Había que responder, o interesado interpelado, dicindo
adsum. Cando estaba ausente respondían os do lado dicindo abest. Con
D. Modesto. home e crego bonachón,cando faltaba alguén montábase
unha algarabía de armas tomar. Uns dicían adest e outros abest.
Despois dalgún tempo poñía orde e para provocalo algún, aínda
que non fose certo, dicía que plantará o ausente. Entón botábanos
o sermón xa requetesabido do que ía coller a flor ou rosa pensando
que non tiña espiñas e cando a apreixaba , encontrábase con que
debaixo tiña espiñas que magoaban. In illo témpore ,como dí
Puertas, é cando pasaban estas cousas. Non tal día como hoxe porque
ese día era feirado e non había clases, senón todo o contrario, xa
que era festa rachada. Ese día dábannos un vasiño de viño a
comida. Era o santo de Cardeal que despois de Santiago Apóstolo e de
San Franco o seguinte era o Cardeal segundo a orde que lle atribuía
o finado do reitor D. Manuel Capón que foi reitor decano dos de
España desde o ano 1928 ate o ano 1966 que por mandato do Decreto do
Vat II debían cesar cando cumpriren os 75 anos de idade.
Despois desta
esbardallada, propia de vellos, que miran mais para o pasado que para
o futuro teño que desexarlle ao amigo e compañeiro Fernando Ledo
que sei que pese a estar prohibido, in illo tempore, asomarse as
ventás de Sanmartiño el achégase a esta con frecuencia,teño que
desexarlle un feliz día do seu santo, igual aos demais Fernandos no
caso de achegárense tamén a este espacio informativo".
Para os que queiran
saber mais de quen foi ese San Fernando poden consultar esas vidas
exemplares propias doutros tempos:
Fernando III de Castela - Wikipedia, a enciclopedia libre
A historia como cadaquén
a conta como lle convén terma de todo canto lle poñen. O dito. Un
saúdo para todos. Rafael
Tamén eu, coma Rafael, esquecín aos " FERDINANDUS ", desexar pa eles o melloriño deste mundo.Así é que, coma tamén di, estamos no novenario, vai por eles unha aperta,... a ver se chega.
ResponderEliminarAntonio Puertas