Queridos amigos:Xa cando o verán pasou sobradamente o ecuador e este mes de agosto está dando as últimas boqueadas asómome a esta fiestra para comunicarvos unha nova preocupante da que nos informaba a Voz nas páxinas locais de onte.:”TRASLADAN AL HOSPITAL AL PARROCO DE LA IGLESIA DE SANTIAGO TRAS SENTIRSE INDISPUESTO”.Seguía dicindo que Andrés García Vilariño ao sentirse indisposto, preto da Igrexa parroquial,falando cun veciño,sentiu que se esvaecía e inmediatamente chamaron a unha ambulancia.
Inmediatamente de lelo no periódico chamei a Alvite Ponte e xa quedei un pouco mais tranquilo. Díxome que tivera un ictus e que o internaran no CHUAC. Que estaba en coidados intensivos pero consciente. Debería seguir en observación.
Hoxe chamoume o compañeiro Agustín Dios e comunicoume que falando con outros compañeiros e co anfitrión da convivencia deste ano Obelleiro acordaran suspendela quedando para cando xa Andrés estea restablecido e que se comunicará oportunamente.
Sabia decisión que compartimos todos. Andrés é realmente o pai destas xuntanzas e danos igual agora que andamos pola terceira idade e o celebramos polo medio da semana.
Tamén hai un momento chamei a Alvite que ten información directa da familia de Andrés e as novas que me dou son menos preocupantes. Que está consciente e orientado,segue na UCI,que o lado paralizado polo ictus xa comeza a movelo e que o prognóstico é menos preocupante polas posibles secuelas. Tamén me comentou que no momento da indisposición ía coller o coche para ir a Igrexa de Santa Margarida,da Coruña,para substituílo a el que anda pasando uns días de vacacións en Portugal. E que de darlle no coche as consecuencias serían distintas. Non sabemos onde a temos.
Desexámoslle unha pronta recuperación.
Para os que sigades este sitio mantereivos informados. Que a vida vos trate ben e saúdos a todos.Rafael.
A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
sábado, 31 de agosto de 2013
viernes, 5 de julio de 2013
PARABÉNS A ANDRÉS
A entrada de Antonio Puertas foi do mais enigmático. Deséxalle sorte a Andrés na nova vida que de inmediato vai comezar. Ao non dicir mais nada sementou a incerteza e a curiosidade. De feito chamoume algún compañeiro para que lle informase do que soubese. Se Puertas o fixo para crear suspense haille que recoñecer que o conseguiu. Como nesta sociedade da información na que vivimos a opinión pública e coincidente coa publicada e a que non coincida non existe,tamén as noticias están todas na rede e se non están tampouco existen. Así que púxenme man a obra e na www Pastoral Santiago aparece o seguinte:
""Andrés García Vilariño, nuevo párroco de Santa María del Campo y Santiago de A Coruña
El próximo domingo, 7 de julio, en la misa de 12,30 de la iglesia de Santiago será presentado a la comunidad parroquial el nuevo párroco de Santa María del Campo y Santiago de A Coruña D. Andrés García Vilariño.
Actualmente es el delegado episcopal de Apostolado Seglar en la diócesis de Santiago de Compostela y responsable de formación de laicos en el Hogar de Santa Margarita. Hasta ahora ha sido vicario parroquial de Santa Margarita de A Coruña.
Fue director y presentador del programa semanal religioso de TVG "A Sentinela" y en la actualidad oficia la misa que transmite cada domingo, a las 10 de la mañana, TVG, tanto en su emisión en TDT como por satélite para todo el mundo.""
Por tanto esa era a información que lle chegou a Puertas. El agachouna pero todo se sabe. Penso que todos nos alegramos dese nomeamento. Noutrora foi unha praza eclesiástica moi cobizada. Andrés é merecente polos servizos que leva prestado á causa. Farao ben. Tamén ten un bo compañeiro de Abade da Colexiata. D. Ismael Velo Pensado. No verán do 69 coincidín con el durante 15 días. Coincidimos todos os que estabamos recen ordenados. Era nun curso de formación conciliar .De chanza dirixiámonos a el ,estivo sempre no meu grupo ,como a ver que di:. Habelo pensado. E unha persoa moi querida e apreciada naqueles que teñen a fortuna de tratalo. Sobre todo nos ambientes da cultura,da arte e da investigación. Farán bos compañeiros, un como Abade da Colexiata de Santa María, e Andrés como párroco de ambas igrexas. Cos mellores desexos,penso que de todos,nesta nova andaina. Saúdos para todos .Rafael
SUERTE, ANDRÉS.
Hoy, entro para desear suerte y dar ánimos a nuestro amigo y compañero Andrés García Vilariño, en la nueva etapa de su vida que va a comenzar.
Suerte, pues, Andrés.
Antonio Puertas
Suerte, pues, Andrés.
Antonio Puertas
viernes, 21 de junio de 2013
O BO PAPA OU PAPA BO
Este mes de San Xoán, a primeiros, fixo cincuenta anos que morreu Xoán XXIII. Foi ao remate do curso no que nos mudaramos para san Martiño. Neses anos xa empezaban a chegar os televisores ás vilas mais importantes que emitían unhas poucas horas ao día. Ademais das tabernas e bares mais importantes que as instalaban para atraer á clientela foi tamén a época en que algúns párrocos as poñían para atraer á xente nos chamados salóns parroquiais. Foron o preludio dos despois chamados teleclubs que apareceron,nalgúns casos ligados aos cregos ou mestres e noutros casos en asociacións culturais promovidas polos representantes do chamado Movemento Nacional nas vilas que era onde tiñan mais presencia.
Pois ben naquel ano a parroquia de Abanqueiro,limítrofe coa do Cabo de Cruz,tiña un cura novo que tiña salón parroquial con televisión e alí se desprazou a miña mai coas súas amigas para ver o enterro do Papa Xoán e mais a coroación de Paulo VI. Tanta xente,tanto da parroquia como de fora, se xuntou naquel salón que estaba no primeiro andar da reitoral que se veu abaixo o sobrado e feriuse e quedou con mazaduras moita xente entre elas miña mai.
Cando mais ou menos por datas como a de hoxe que era cando nos daban as vacacións ,hai cincuenta anos,cheguei á casa atopei a miña nai algo coxa polo accidente pero chorando como unha madalena. Non era polas mazaduras. Era polo Papa Xoán que era tan bo que non debía morrer. Sentirao tanto que naquel ano e seguintes cando se falaba del víñanlle as bagoas aos ollos sen poder evitalo. Realmente tamén para nos tiña sido un papa moi querido pero eu nunca pensei que tamén o fose tanto para quen non estaba metido entre catro paredes oíndo falar del a miúdo como era o noso caso.
Pois que sirva do homenaxe e que o vexamos pronto nos altares como a Monseñor Oscar Romero que este novo papa xa dixo ía apurar as causas de ámbolos dous.
Como curiosidade e para refrescar a memoria aí van as materias das que en primeiro de filosofía hai tamén cincuenta nos examinamos: LOGICA,ONTOLOGIA,FISICA E QUIMICA,CIENCIAS NATURALES, RELIGION,LENGUA FRANCESA. PRACTICAS DE LATIN, PRACTICAS DE CASTELLANO E MUSICA.(Tiven diante unha certificación académica para copialas. A miña memoria non da para tanto sen bufa)
Pois,polo momento,mais nada. Saúdos para todos. E tamén unha dirección para informarse de aquelas realidades das que hai intereses fortes para que os xornais normais non nolas conten:http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=2&cad=rja&ved=0CDkQFjAB&url=http%3A%2F%2Fespiaenelcongreso.wordpress.com%2F&ei=j8fEUd_0EIiJ4gSxr4GYCA&usg=AFQjCNHGS4I-Te7UKLIm8ePhquoGn6roQg&sig2=BMPsAZ81rtIWIpcAyV8DVQ&bvm=bv.48293060,d.bGE
Se non deixa abrir poñedes en Google e xa se pode ver:UN ESPÍA EN EL CONGRESO | UNA COSA ES LO QUE SE DICE ...
lunes, 10 de junio de 2013
HACE TRES AÑOS
Hace tres años, que el buen Dios te coronó de estrellas.
¡ Fijaros cómo brillan ! ¡ Fijaros cómo destellan !
La claridad de su amor, refleja en todas ellas.
Es esa luz divina que asienta sus pies en tierra;
es su bondad; es su grandeza… marcas de sus huellas.
Durante las noches, sueño que reinas aún despierta.
Y es que no te fuiste, madre, sin tu corona de reina.
Cuando muera ¿ a dónde iré, si tu resplandor me ciega ?
Antonio Puertas.
Hace tres años, que el buen Dios te coronó de estrellas.
¡ Fijaros cómo brillan ! ¡ Fijaros cómo destellan !
La claridad de su amor, refleja en todas ellas.
Es esa luz divina que asienta sus pies en tierra;
es su bondad; es su grandeza… marcas de sus huellas.
Durante las noches, sueño que reinas aún despierta.
Y es que no te fuiste, madre, sin tu corona de reina.
Cuando muera ¿ a dónde iré, si tu resplandor me ciega ?
Antonio Puertas.
CAMARIÑAS DEL ALMA.
CAMARIÑAS DEL ALMA
En tropel por abrazarse a tus tierras
descompuestos jinetes de batallas,
audaces trotamundos de mil guerras,
delirantes corceles de tus playas.
Cual, si finos bolillos, van bordando
una costa de caprichosas calas,
que la mar tenebrosa va calcando
del cielo colosales antesalas.
“Costa da Morte“, destino y morada;
ocaso efervescente de otra vida,
tenebrosa penumbra embrujada;
“ abra cadabra”… hechizada guarida.
Lamentos a una mar encadenados,
tragedias de mil navíos prisioneros;
abismos que retuercen endiosados
gemidos de intrépidos marineros.
En la cima de la roca más angosta
me inclino, Camariñas, mi adorada,
ante el templo sagrado de tu costa
y el amasijo de tu arte y tu espada.
Antonio Puertas
En tropel por abrazarse a tus tierras
descompuestos jinetes de batallas,
audaces trotamundos de mil guerras,
delirantes corceles de tus playas.
Cual, si finos bolillos, van bordando
una costa de caprichosas calas,
que la mar tenebrosa va calcando
del cielo colosales antesalas.
“Costa da Morte“, destino y morada;
ocaso efervescente de otra vida,
tenebrosa penumbra embrujada;
“ abra cadabra”… hechizada guarida.
Lamentos a una mar encadenados,
tragedias de mil navíos prisioneros;
abismos que retuercen endiosados
gemidos de intrépidos marineros.
En la cima de la roca más angosta
me inclino, Camariñas, mi adorada,
ante el templo sagrado de tu costa
y el amasijo de tu arte y tu espada.
Antonio Puertas
martes, 4 de junio de 2013
IDENTIDADE GALEGA. LINGUA. IGREXA
Retrocedendo. Arr!
Pasou o Día das Letras Galegas. É evidente o retroceso do galego en todos os ámbitos. Como este blog ten raíces seminarísticas, irei ao binomio identidade galega-Igrexa, ripando ideas do artigo de Engracia Vidal, número 182 de Encrucillada.
Teoricamente, ninguén discutía a necesidade de encarnarse na realidade, nas persoas, no valor da terra e da cultura para transmitir mellor a mensaxe evanxélica. Tempos do Seminario Maior e inmediatamente posconciliares.
“A identidade galega non era só a lingua, pero si o primeiro signo de querer asumir os outros. Temos unha simboloxía xeográfica, cultural, literaria, musical e histórica que había que valorar e levar ao noso compromiso como cristiáns”.
“As dificultades non foron poucas:
- Identificación que había entre a Igrexa e o réxime franquista, tan católico el e tan nacionalista español”.Nos primeiros tempos posconciliares, tras o Vaticano II e o Çoncilio Galego (1968-1979), houbo logros de encarnación e popularidade, como textos traducidos ao galego, pero escasa praxe.Monseñor Arauxo: “Ter esquecido o Concilio Pastoral de Galicia é un pecado histórico de omisión que ten que magoar as costas de Galicia”.É unha contradición vergoñenta non respectar as propias normas, dicía Torres Queiruga sobre o tema.O Concilio Vaticano II paralizouse e o de Galicia esqueceuse. O Ano da Fe para celebrar o 50 aniversario daquel é unha dura proba de fe contra o cinismo hipócrita.As espectativas creadas foron caendo. “Hai tres bispos nados en Galicia, un en Zamora e outro en Palencia. Ningún exerce como galego. Non responde ao Evanxeo”.“En proporción, multiplicouse máis o latín nuns meses ca o galego en 50 anos”.“As misas dominicais en galego, que xa non eran moitas, diminuíron ou suprimíronse”.“É claro que a Igrexa soa non pode lograr a normalización da lingua, pero debe poñer a parte que lle toca”.“Os documentos oficiais en galego levan sempre o duplicado en castelán. Cando saen en castelán, non sempre levan a tradución galega”.
Causas desta desafección?
“Para min non ten moita explicación.
Ignorancia da lingua pola súa parte? Non.
Convicción de ser máis eficaz en castelán? Dubido.
Pensar que van lograr maiores ascensos ou compracencia das autoridades? Pode ser.
Calquera cousa menos fidelidade ao Evanxeo, aos concilios, á xente”.
Causas da resistencia das xerarquías?
“Sen excluír outras, moito está nos medos:
- Medo á identificación cos partidos políticos nacionalistas e/ou de esquerdas. Non o poden disimular”.“Noutras coincidencias con partidos de dereitas non lles importaría esta identificación. Nin a disimulan por un mínimo de pudor, e fana explícita en homilías, sobre todo en tempos de eleccións”.“As xerarquías brillaron pola súa ausencia en celebracións como os 25 anos de Encrucillada, na homenaxe a don Miguel Arauxo, na xubilación de Torres Queiruga, nos In memoriam de cregos como Manuel Espiña ou García Cendán. Nada diso se considera da Igrexa, cando a asociación é crente, confesante e está exercendo a súa liberdade de afondar na fe responsablemente”.
O entrecomiñado é de Engracia; o non entrecomiñado, tamén. Prometeu ela escribir este traballo con seis meses de antelación; e aclara: “Non quixen pensalo moito porque, fuxindo do pesimismo inicial, preferín agardar pola esperanza... Pero a esperanza escurece e engúrrase forzada polo día a día”.
Apunta feitos positivos, pero outros moitos negativos.
Realidade ou hipérbole?
Sexa o santo que sexa, ora pro nobis. Calquera que sexa a resposta, temos solucións:
- Aznar, “guiñol resucitado, pelma e demodé”, segundo X. L. Barreiro, xa exorcizou o mostacho propio e a languidez, ou plan de desfeita, do PPP.
- Rouco, tan afinado el, pasa en Madrid de cero a oito soldados de elite, instruídos por un bispo e asesorados por catro psiquiatras, para combater o Maligno, o eixe do Mal, o que ten armas de tentación masiva. Lembras? El demonio, como león rugiente, anda a nuestro alrededor buscando a quien embaucar”. Repasarán o Ritual renovado de exorcismos, aprobado por Xoán Paulo II en 1998. Afondarán tamén na psiquiatría do subdesenvolvemento.O que máis me sulivella é oír que son razóns democráticas e urxencias pastorais as causantes desta decisión revolucionaria, futurista.
O integrismo relixioso, iniciado por Xoán Pulo II e continuado por Bieito XVI, cerra as portas á brisa de Xoán XXII, que comunicaba a fe coa razón.
Se lle fose posible, estaría Deus horrorizado con esta tropa que o invoca?, segundo afirma Manuel Rivas.
Roberto Vidal Bolaño
O número 182 de Encrucillada trae tamén un artigo de Xesús Portas sobre o
homenaxeado o 17 de maio.
Repasando a obra do dramaturgo compostelán, destaca institucións e personaxes eclesiásticos:
- Doentes (1998). Describe en Compostela “o medo, os negocios sucios, a represión política, a extorsión, a imposibilidade de toda reacción... E a Igrexa, coas mans lixadas e a mente inconsciente, adáptase perfectameente ao sistema”. Curas pouco edificantes e o “cura relambido e ortodoxo, amigo do poder e xustificador do elemento represor”.
- Ledaíñas pola morte do Meco (1977). “Un crego que tenta desmobilizar a protesta”.
- Animaliños (2003). “Un tipo que fala moito e non di nada que teña sentido”
Eduardo.
CALVARIOS REAIS
Do sufrimento de certas persoas que ocupan un
cargo,onde prima o principio de xerarquía e obedencia,e teñen que sufrir
as consecuencias de ser fieis a súa conciencia.Única norma que se se
debe seguir para ser consecuente e estar a ben con un
mesmo.Unha película e novela se fose algo fantaseado se podería
escibir.O serio e transcendente é que un caso tan real como a vida
mesma.Pobre do que teña que pasar por unha situación como esa como pasou o
fiscal do caso.A realidade supera á ficción.Seguir lendo que unhas
informacións levan a outras.Viva a libertade de prensa.E o que
diferencia,con todas as eivas, a un estado de dereito dunha republica
bananera.Póñoo aqui ,para quen tiver curiosidade,porque é como ler unha novela de superlativa intriga.Veremos como é o desenlace.Leva un lustro e deixando moito sufrimento polo camiño:
ExVoz: La Voz, obligada a corregir lo que difundió sobre el caso
A través da pax. ExVoz,moi interesante en plan informativo,son dos mellores profesionais que hoxe están a velas vir,como consecuencia da crise,sabemos o que a prensa escrita non nos quere dicir.A ver canto dura.Como sempre saúdos.Rafael
ExVoz: La Voz, obligada a corregir lo que difundió sobre el caso
A través da pax. ExVoz,moi interesante en plan informativo,son dos mellores profesionais que hoxe están a velas vir,como consecuencia da crise,sabemos o que a prensa escrita non nos quere dicir.A ver canto dura.Como sempre saúdos.Rafael
lunes, 3 de junio de 2013
CONTRAMÍNATE
Onte foi un dia,o tempo
dirá se histórico ou non,para a nosa terra,para a Galicia das
persoas. Milleiros de participantes na manifestación contra os
proxectos mineiros que queren asolagar Galicia de Norte a Sur e de
Oeste a Este. Houbo xente de toda idade e condición. Comenteino con
amigos asistentes que o mais destacable era observar a cantidade de
avós e tamén de netos. De trazarse unha radiografía por idades o
30% era xente moza de menos de 30 anos e outra gran maioría dos
sesenta para riba. No medio. a ollo de bo cubeiro un 25%.
A praza da Quintana de
mortos onte estivo mais viva ca nunca. Ateigada de xente. Non había
forma de moverse e o banco de pedra pegado ao muro do Mosteiro de San
Paio houbo que ocupalo de pe para protexer aos meniños pequenos que
tamén había pese a non aconsellarse a presencia nestas
aglomeracións masivas en espazos cerrados.
Todos os medios de
comunicación dixitais o recolleron onte igual cos “castravexos”
( nomeados así polo finado de Moncho Valcarcel crego galeguista en
ánima e corpo enteiro).Hoxe exerceu de notaria toda a prensa.
Como as imaxes seguen
valendo mais ca mil palabras aí van unhas poucas:
"Contramínate", 2 de xunho do 2013. Praza da Quintana ... - YouTu
Abarrote 'contraminero' en A Quintana
Manifestación en contra da minería salvaxe en Galiza - YouTube
Sirva pois para constancia dos aconteceres cando pasado o tempo acudamos con morriña a recordar cousas do pasado.
Mais
nada. Saúdos para todos. Máxime para os que se acheguen a esta
fiestra para mirar ou para deixar algo cando teñan xeito. Sobre todo
ao compañeiro Eduardo,a Andrés Amboage, a Antonio Puertas a
Fernando Ledo e a todos os demais en particular e mais en modo xeral.
Que teñades bo verán agora que parece que vai vir para
quedarse.Rafael
domingo, 19 de mayo de 2013
Verdad ,educación y
convivencia
El orden de los términos del
epígrafe expresa la importancia relativa de cada uno ; y , su contigüidad , la
necesidad de su implicación . No hay posibilidad de educación sin verdad y no
es posible la convivencia sin estar educado en
y desde aquélla .Es mi
tesis
.Ahora que se acaba de aprobar
la nueva ley de educación me gustaría lamentar en voz alta su previsible
fracaso .No lo atribuiré a la condición de no consensuada en la forma y
mercantilista en su inspiración de fondo ;alejada ,por tanto ,de la traza
humanista que se le supone según los principios constitucionales .Lo achacaré a
su falta de verdad :a un proyecto
educativo le falta verdad cuando se falsea la historia para contarla no en
función de los datos objetivos sino de las conveniencias partidistas
,nacionales o de miopía social ;le falta verdad cuando- lejos de poner al
educando en situación de comprender el mundo del que aún no forma parte -se le
dificulta porque no se tiene en cuenta el contexto psicológico y social en que
se encuentra - muy distinto del de los que están ya supuestamente integrados y
que-instalados en su atalaya-pretenden que los educandos “les sigan” ;se falta
a la verdad cuando se concibe el formar como
un instrumento de integración laboral olvidando la necesidad de “sentido” que
todo humano posee ;y que no se logra si se obstinan en conseguir “peones” al
servicio de un “orden” (social ,político y económico) que no pasa por el
consiguiente tamiz de la crítica personalizada , la comprensión de las
interrelaciones sociales-fundadas en la transparencia informativa y en la
regulación jurídica eficiente-y en dotar a profesores y alumnos de los medios
técnicos ,pedagógicos y de independencia ideológica y de control político-necesarios
para que realidad y verdad puedan coincidir-desde la búsqueda libre de una interpretación de lo “que hay” ;se falta a la
misma cuando en lugar de perseguir un mínimo común denominador ético y acercar
al ciudadano en fieri a un mundo social y político honestamente diseccionado
,se le trata de imponer los primeros y disolver la comprensión de los segundos
entre palabrería hueca y explicaciones mendaces que ocultan el uso privado de
los bienes y el interés público ;se falta a la verdad cuando la ciencia se
enseña más como instrumento de dominación de quienes la van a patrimonializar
que como medio de procurar las mejoras que potencien el mejor vivir y estar del
conjunto de los humanos ;se falta a la verdad-y se obstruye ,por tanto ,el
camino de integración real en el grupo (al que se denomina hipócritamente
COMUNIDAD) cuando lejos de abrirle las
puertas de la participación responsable se le mantiene sumiso tratando de
proporcionarle : “pan y circo” o cuando las circunstancias lo hacen difícil :
“palo y zanahoria” .Y es que desde la confusión buscada ,la prepotencia
preservada y el egoísmo latente ,la convivencia razonable es una propuesta
puramente nominal y la integración humanizadora :la farsa tranquilizante del
que escenifica una comedia conveniente para mantenerse al frente de los mandos
del barco .Y como los alumnos pueden estar confusos pero no son tontos ,perciben
la incongruencia con más o menos nitidez .Y ante un sistema triturador se
rebelan en la forma que saben : “pasando” ;y tratando de encontrar la forma de
“saquear “como lo hacen sus mayores .
Saludos Andrés L. Amboage
La retranca no sé si es Patrimonio de la Humanidad pero no tengo duda que abunda entre los gallegos .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)