Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 18 de febrero de 2010

APOIO A GARZÓN

Boas¡. Estes días dispoño de tempo con largueza e imos escribir algo para o blog. O pensamento de Eduardo sobre a filosofía da dor é moi positivo e ademais é unha verdade empírica e probada por experiencia nos postoperatorios. O que axuda a sentirse mellor sempre é benvido. Grazas.
Queren ir a por Garzón e non llelo podemos permitir na medida en que poidamos ou axudemos a impedilo. Ademais comparte con nós a condición de ex-seminarista. Estivo no seminario de Jaen. Plantou,como se dicía,cando tiña 17 anos. Cóntao nun libro: “Un mundo sin miedo” publicado polo Círculo de lectores no 2005: lino con gusto e decontado. Son unhas conversas que mantén coa súa filla contándolle a dureza da profesión. Os que andades pola rede podedes sumarvos e asignar os distintos manifestos de apoio,

E un home que se fixo a si mesmo. E fillo de humildes campesiños e o primeiro da familia que estudaba. Ao deixar o Seminario conta que o pasou mal temendo que lle preguntasen pola profesión dos pais. Tardou dous meses,en Sevilla, en falar con alguén. Ademais de tímido o descoñecemento dos usos sociais non lle axudou nada a integrarse na universidade. Traballou de albanel , camareiro e na gasolineira de noite para ir á clase de día e mais durmir e costearse os estudos.

Conta que aos fillos tentou inculcarlles “tolerancia,disciplina, solidaridad con el más débil, responsabilidad, respeto a la ley, convicciones democráticas y la firme creencia de que la violencia no es ninguna solución”

En Galicia,ademais, prestou valiosos servizos na loita contra o narcotráfico. Hai moita xente que fala mal del. En xeral son tópicos sen consistencia, na miña opinión, e que se repiten sen fundamento. Falo dos que teño escoitado aos operadores no mundo do dereito:xuíces, fiscais,procuradores e avogados. En realidade como levou causas contra membros de todos os partidos políticos sempre houbo moitos interesados en desprestixialo. Tenme comentado algún xuíz que admiraba a súa fortaleza de ánimo, capacidade de traballo e fonda convicción xa que, ao non estar vinculado o a ningunha asociación profesional, a única calor humana que se lle coñece é a que lle presta o persoal da oficina xudicial. Sempre firman un manifesto ao seu favor cando, como agora, ten graves problemas. A súa capacidade de traballo é inmensa e o trato co persoal primoroso e delicado segundo comentan na Audiencia Nacional.

O que pretendeu ao intentar abrir unha causa xeral contra os crimes do fascismo pode ser discutible desde o punto de vista político ou de oportunidade; pero nunca pode ser tomada como unha prevaricación:tomar unha resolución sabendo que é inxusta a todas luces. A xustiza en España configúrase no sistema coñecido como xustiza rogada. Sempre se inicia un proceso a instancias de alguén. Nunca o empeza ningún xuíz pola súa conta. Non se pode alegar que a Lei de Amnistía impide investigar os delitos porque cando teñen natureza de crimes de lesa humanidade non prescriben conforme as leis internacionais da Sociedade de Nacións,hoxe ONU,que plasmou na coñecida como Carta do Tribunal de Nuremberg en 1945.Ademais coñece moi ben o dereito internacional foi o que procesou e detivo a Pinochet e mais a un militar arxentino que recoñeceu que durante a ditadura tiraban en alta mar aos opositores mais significados. A multitude de desaparecidos na Arxentina foi grande. Neses países tamén tiñan leis de amnistía que se teñen por inexistentes cando deste tipo crimes estamos a falar.
Esperemos que o proceso ao que está sometido quede en nada e siga prestando bos servizos á xustiza que falta lle fan.

Agradézolle a Vilariño as lecturas que nos recomendou e mais o interese pola saúde. O problema das desgracias naturais que danan aos inocentes encaixa mal nas explicacións da Teoloxía. Os autores dos textos caracterízanse polo rigor e por poñerlle certa racionalidade, dentro do que humanamente se pode, ás reflexións sobre esa realidade. Xusto o que fixeron Santo Tomas e san Buenventura, nos seus tempos ao unir a Filosofía coa Teoloxía. Outros predicadores,como di Queiruga,pintan un Deus xusticeiro, infantil e produto dun pensamento máxico que nada di nin significa no mundo moderno.

Por hoxe mais nada. Memorias para todos (Na escola de idiomas,ao rematar os catro cursos, e para poder examinarte da reválida, no ano 82, tiñas que facer un traballo de campo, en equipo, sobre as modalidades dialectais do galego. Consistía en gravar dúas horas de conversación coa xente maior do lugar. Tiñan preferencia as persoas que non soubesen ler. Ao meu grupo tocoulle Fisterra. Unha velliña que entrevistamos púxonos como condición traerlle un saco de patacas para unha neta que vivía na calle da torre e darlle moitas memorias dos seus avós). Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario