Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 28 de febrero de 2010

MISCELANEA IV( Rafael)


Cando xa tiña aberto o tinteiro e cargada a estilográfica para esborranchar catro letras mal formadas para cumprir coa obriga, de non mediar forza maior, de polo menos unha vez a semana asomarme a esta fiestra comunicativa, batín coa entrada do amigo Eduardo que lin e relín con moito gusto. Teño que recoñecer que me pisou algunhas ideas, falando en términos periodísticos, que pensaba expor. Non me causa ningunha contrariedade xa que o fai cunha claridade e habelencia encomiable.

Comprendo a Fernando polas incomodidades que supón ter a casa no campo da festa e padecer as consecuencias do día despois das xornadas etílicas da mocidade. Hai tempo que non soporto escoitar unha orquestra. Como te poñas ao lado dos altofalantes e tan forte a intensidade do son que me remexe as tripas e teño que irme de inmediato. Unha vez comenteillo a uns rapaces e dixéronme que a eles lles encantaba.”A música e para escoitar no estómago e notar como tremes e te estremeces”Aí queda iso. Choque xeracional. Nos somos doutra escola. Como di Eduardo xa somos mais avós que pais.

As reflexións que apuntan Vilariño e mais Eduardo son compartidas ao cen por cen. Non se pode negar a realidade. Tampouco se pode xeneralizar. Penso que nunca tivemos unha mocidade tan ben preparada. Os intercambios coas universidades europeas aos que se acolleron moitos dos nosos estudantes tiveron uns resultados moi valiosos. O acceso xeneralizado a educación e a Universidade é unha realidade impensable cando nós fomos mozos. As persoas moi viaxadas acaban sendo moi cultas. Ter moito mundo e sinónimo de estar moi preparado para a vida na meirande parte dos casos. Esta é a cara positiva. A negativa que tamén existe é a do fracaso escolar. Os fillos de familias desorganizadas e sen estructura que os axude e protexa. A exclusión social., a drogadicción ...

Un medio moi bo que aporta un remedio importante aos nosos adolescentes e mozos son as actividades deportivas ,culturais :clubs de lectura, teatro, música, despertar as afeccións ...para que saiban gozar da vida e ter experiencias agradables distintas as que subministran os distintos tipos de droga. Mentres estiven de asesor legal da Federación e Confederación de APAs de centros públicos de Galicia foi unha idea obsesiva e insistente. Una das funcións primordiais das asociacións de pais é organizar,promover ,programar ,ofertar e conseguir financiación para o meirande número de actividades extraescolares nos Centros. Houbo anos que se chegou nalgúns a case totalidade do alumnado. Os concellos,as Deputación e a Xunta investiron cantidades importantes. Non todo está feito. Hai moito labor por diante. Nesa dirección e na que hai que ir para atallar a tempo o problema do botellón e da drogadicción Nese traballo non sobra ninguén. Todos educamos a todos.

Noutra orde de cousas pareceume interesante unha fundación, recentemente creada, para infundir confianza na sociedade: fundacionconfianza.es/.A ver o que dá de si. O clima de pesimismo e de medo que se introduciu no tecido social é tremendo e as consecuencias económicas para todos e sobre todo para os mais desprotexidos,para os pobres, poden ser irreparables. A economía sen esa confianza na que se fundamenta ten pes de xeo e co medo pode empezar a derreterse. O outro día mandoume un correo o amigo Senín e xa lle dicía que a economía e unha roda conformada por moitas pezas encadeadas .Se falla unha a roda xa non xira. Se non se consume as empresas non producen,Se non se produce non hai traballo, Se non hai traballo non hai cartos,E se non hai cartos non se consume. Entrade nesa páxina e xa veredes como estades conformes coas súas mensaxes. Por hoxe mais nada. Moitos saúdos para todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario