Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 5 de febrero de 2010

VENRES 5 DE FEBREIRO

O amigo Rafael reclamaba en días pasados que eu dera sinais de vida neste parladoiro; a verdade é que xa me gustaría facelo máis veces, pero resulta que, se non me engano, eu son o único dos participantes, deica agora, que vivo solo nunha casa moi grande e isto significa que debo ocuparme diariamente das tarefas domésticas tan vulgares como indispensables (a lavadora, fregar os cacharros, ir á compra, cociñar,.......); a esto hai que engadir o ir á parroquia diariamente (a 10 kms. de distancia), ensaiar a coral dous días á semana, e acudir a tocar o "expresivo" ás parroquias limítrofes cando son requerido; (non é que me guste andar de funerais, pero dende que finou o outro crego que o facía, resúltalles máis barato chamarme a mín que non ós segrares que se adican a esto como negocio). Por outra banda, teño que dicir que o médico mandoume facer unha camiñata diaria para perder peso e deume de plazo hasta o mes de xuño para baixar 6 kgs. i eu prometinlle facelo así, e como son home de palabra penso cumplilo ainda que teña que facer folga de fame si é preciso. Todo isto unido a unha dose de preguiza persoal, quere xustificar as miñas tardías presenzas neste medio.
Rafael transcribíunos a carta que o insigne xesuita exipcio-libanés lle dirixiu ó papa Bieito; eu xa fai algún tempo que despois de atopala na internet saqueina pola impresora para meditala máis a fondo de vez en cando; por suposto que comparto e subscribo todo o que se dí nese escrito ainda que me doe na alma o reconocelo. Tamén comparto a análise que fai Eduardo sobre a situación da igrexa neste intre. Pero, como atinadamente dicimos todos, a igrexa non se reduce á xerarquía senón que é moito máis que eses persoeiros; é o Pobo de Deus; ahí nos encontramos todos como membros dun só corpo como dí San Paulo. Un día dicíame Andrés que él xa deixara de fixarse tanto no negativo da situación da igrexa e que pola contra trataba de adicar os seus esforzos ó positivo que se podía facer para aportar algo. Eu tamén penso que esto é o mellor que podemos facer todos. A laboura de tantos voluntarios, misioneiros, catequistas, mestres, médicos, en en xeral xente de tódalas profesións a prol dos pobres, sobre todo nos países do terceiro mundo, penso que estimula máis a nosa esperanza que tódalas pastorais e directrices que poideran emanar da xerarquía, pois unha cousa é predicar e outra moi distinta dar trigo. Así que pola miña banda, quero manter a esperanza e quero intentar aportar algo positivo a este Pobo de Deus ainda que sexa facendo cousas tan cativas como levar unha parroquia pequena de labregos envellecidos, manter a unión e a ilusión de facer algo xuntos cos membros da coral, tocar o friscorno nas parroquias limítrofes cando non hai quen o faga mellor, darlle catequese a media ducia de meniños (porque os máis grandiños xa non os mandan), visitar enfermos para contarlles catro contos a facelos sorrir algunha vez,... e pouco máis. Todos podemos aportar algo positivo sen pretender ser redentores, pois redentor solo houbo un.
Eu quero ser positivo e traballar neste senso, pero eso non quita que esté sempre pendente das noticias e comentarios que saen nos medios sobre a igrexa; non se pode negar a evidencia nin tampouco se resolven os problemas a base de ignoralos ou negar a súa existencia. A cousa non seguirá así por moito tempo; xa sucedeu antes e a historia adoita repetirse.
¡Änimo amigos!, dame moita alegría comprobar cómo mantedes o interés por estar ben informados sobre este tema e facedes unha análise documentada e serena sobre o mesmo. Deica outra. Fernando Ledo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario