Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 30 de julio de 2009

mais parésticas de ramón senin

Amigos do 57(foro Severino Calvo): Quero en primeiro lugar mandarlle un agarimoso recordo a Antonio Puertas(poeta) que lle axude a superar eses momentos dificiles que el apunta no preámbulo dos seus versos.Animo Antonio, que estamos contigo, e acabamos de recibir mais versos(mis poesias) o que é unha boa sinal.

Axiña e con moito gusto paso a explicar o das "parésticas": pertence a linguaxe popular e vulgar de polo menos duas parroquias de Valga (Setecoros) e de Catoira (Dimo) donde eu a escoito de cando en vez.Equivale a "lerias", "ocurrencias","historias",etc...e utilizase para aludir a custións de 2º orden, irrelevantes ou secundarias.Debe derivar do verbo "parescer" (paresceres, parésticas). A ver que din Seco e Felpete, se non haberá que recurrir a Ferro Ruibal da RAG.Este é o sentido que eu lle quixen dar no último envio e o porqué do título.Entendin que no blog había que poñer unha sinal o contraseña para evitar confusións ou algo así, e esa foi a razón de última hora, o sea puxen o título despois de acabar o escrito..
Estas parroquias aunque limitrofes parecense pouco.Setecoros está orientada socio-economicamente hacia Pontecesures-padrón e Dimo hacia a comarca Arousa-Villagarcia; están separadas orograficamente por estrivacions hacia o N do Monte Xiabre (650m ) por eso quizais unha pertence a Vicaria de Santiago (Iria-Flavia)e a outra a de Pontevedra (Arousa), como moi ben saben os curas.Sin embargo nesto da fala si se parecen..

Pero a Setecoros casi a inmortaliza Monseñor Guerra Campos nunha conferencia que pronunciou en 1994 no ITC.Compostelá titulada: "ESTUDIOS Y OCURRENCIAS sobre la cuestión de Santiago en el Siglo XX" (La cuestión Jacobea).
Nela apuntou como " ocurrencia" que en Setecoros podia estar sepultado o Bispo Erético Prisciliano de Avila e seis dos seus discipulos, total "sete", un deles muller. Foi decapitado en Tréveris (Alemania),no século IV e trasladado cos seus a Hispania occidental (Gallaecia), porque o parescer era orixinal das terras de Iria Flavia. Setecoros podian ser os sete mártires priscilianistas. A min gustariame que fora certo..Pero creo que a ocurrencia foi un exceso de celo apostolico-xacobeo do Monseñor, no afán de alonxar a tumba de Prisciliano e os seus pupilos da do Apostol Santiago en Compostela que algúns investigadores dudan e poñen en entredicho (Fray Justo Perez de Urbel, Sánchez Dragó,Ofelia Rey Castelao...).

A conferencia foi editada por D Juan J Cebrián,recentamente nombrado coengo de Cabildo-Compostelá e xa falecido, conocido de todos nos, no ITC en 2004.Eu adquirina na Libreria Hexeria de S Martiño Pinario, e o feito apuntado está na páxina 69.E moi interesante como todo o que sexa de D Xosé Guerra pero a ocurrencia podíase haberse chamado perfectamente unha paréstica (a o meu modestisimo entender).

Debe engadir (todos o sabedes) que D Xosé(1920-1997) foi outra gloria da Igrexa compostelá na 2ª mitade do S pasado e morreu sendo Bispo emérito de Cuenca, onde está soterrado.
Entre a sua obra, está: "Exploraciones arqueólogicas en torno al sepulcro del apostol Santiago" editado polo Cabildo Catedral -1982- fruto dunhas excavacións que codirixiu com Chamoso Lamas (do patrimonio nacional) no subsolo da Catedral, na década dos 50. Un traballo de investigación moi riguroso e para iniciados, continuación-nada menos- das investigacións de López Ferreiro a finales do século XIX e que conduciron a promulgación polo Papa da famosa bula Deus Omnipotens.

Eu tiven a ousadía de adquirilo para a Biblioteca do Cuartel, e supúxome a interpelación dalgún Superior porque o libro era un ladrillo e moi técnico. Eu tranquilizavos a todos decindolle que o autor habia sido soldado de Franco e que estivera a punto de ser Arzobispo de Santiago antes que Suquía, se os ventos da época e dun sector do clero-compostelá (tamén partidario de M Romero de Lema) foran outros. Guerra era moi valorado no Exército obviamente, non así outros do Norte e Centro peninsular."Roma lavouse as MANS, tirou pola rua do medio e non nombrou nin a un nin a outro,senón o Bispo de Málaga D Angel Suquía Goicoechea" (J.J. Cebrián-Obispos de Iria y Arzobispos de Santiago de Compostela -1997-).

J.J. CebriÁn, coengo, sociólogo e ensayista, tamén ten outras publicacions, alguha moi interesante, que seguramente conocedes mellor que min polo que non vos vou atosigar cos seus títulos e comentarios. Eloquentissimus vir.RIP

Moi agradecido, Andrés, polo teu correo do 06 de xullo. Ben mereces un descanso despois de correxir tantos exámes e iluminar un pouco mais as " questiones disputatae".Sorprendeume que a Igrexa Romana esté tan condicionada polas de Ortodoxia Oriental e o ecumenismo tan complicado.Mais ben me parece un pretexto. A ver si al´guén se anima a ampliar algo mais.

Amigo Rafael, no comunicado correspondente resultachesme algo escurridizo. De momento no vou entrar na análise que propos, non teño folgos, unicamente por decir algo con relación a memoria histórica: que me parece prematura.Teño entendido que para facer historia sobre feitos tan dolorosos e tristes coma os da GC-36, con certo rigor e obxetividade, han de pasar/desaparecer por decir algo, mais de cinco xeneracións ou 200 anos e aplicar criterios homoxeneos os dous bandos tanto par Franco como para Carrillo,Negrín ou Pasionaria e non sacarlle o doctorado Honoris causa o primeiro e darllo ao segundo como pasou nalgunha universidade recientemente.Quitate tu para ponerme yo.Non me parece de recibo, a non ser que queiramos poñer pasado do revés cousa que as veces parece.E non perder de vista as causas.

Nas ordenanzas de Carlos III había un artículo que decia: el centinela protegerá a quien junto a él se rufugie.Foi mais ou menos o que pasou, simplificando, naturalmente..

O tema dará para longo e non voy ser eu o que incumpla as regras dos 200 anos, coma non sexa "falar por falar", pero creo que debiamos ter coidado todos en non reproducir no laboratorio social actual as condicións de presión e temperatura que deron lugar a aquelas reacións.Calquera texto sacado do seu contexto pode ser un mero pretexto, ou algo así. Me parece que me estou embalando nunha dirección que non ven moito o caso.Prego disculpas..
Xa non vos canso mais por hoxe, é veran, vacacións e non conven fatigalo o espíritu.Non olvidarse que hay temas abertos e tamen blogeros sen intevir .

Saúde e bo tempo.

Post scriptum:

Eduardo...., o predicador da COPE, ateo ou agnóstico? dado o persoaxe e a empresa, o mellor, o dato non é irrelevante ( aunque de "internis neque eclesiam").

Teño interese para a miña estanteria de curiosidades, do seguinte material, e agradezo a quen me poida dar pistas de adquisición (e prezos aproximados):

1.- Diccionario Raimundo de Miguel, conocido de toda a Quinta:Por suposto usado,que eu sepa non se edita, case o sabía de memoria D Alejandro Blanco Carou.
2.- Bula da Santa Cruzada, que se repartía nas parroquías alá pola década dos 50, na cuaresma (valénme fotocopias).
3.-Última edición impresa da Guía diocesana.
4.- Un libro manuscrito (Tercer manuscrito?, quizá?) con distintos tipos de caligrafía, que se usaba na escola primaria, década da bula, para perfeccionar a aprendizaxe a lectura.
5.-Compostelanum: nº 26(1981),33(1988), 34(1989)

Gratificarase

3 comentarios:

  1. Amigo Senin,o escribir poesías,non quer decir que as cousas vaian mellor...É un refuxio da nósa alma como pode ser a lectura ou o deporte ou calquer outra actividade.
    As cousas son como son,e non cambian da nuite á mañá.Ojalá fose así
    Unha forte aperta,amigo
    A.Puerts Lema

    ResponderEliminar
  2. Amigo Seniño: Agosto é inhábil. Para a Xustiza é como se non existise, pasas do 31 de Xullo directamente ao 1 de Setembro. Eu respectareino. O sábado pasado tivermos unha comida de antigos compañeiros da ex-Universidade Laboral e comentáronme que o dicionario de Raimundo de Miguel reeditárono xa hai uns anos. O que é moi difícil de atopar é o “Liber usualis” Mándoche a ficha, porque ao mellor tes que privarte dalgunha caña ou gardar algo da extraordinaria para facerte con el. Por iso fago unha excepción e remítoche esta información. Boas e felices vacacións a ti e a todos. Con afecto como sempre:Rafael

    Ficha del libro

    Título:
    NUEVO DICCIONARIO LATINO-ESPAÑOL ETIMOLOGICO
    Subtítulo:

    Autor:
    De  DE MIGUEL, RAIMUNDO
    Editorial:
    Editorial: VISOR LIBROS, S.L.
    Colección:
    Colección: Biblioteca filológica hispana
    ISBN: 978-84-7522-846-4
    EAN: 9788475228464
    Tipo de edición:
    Año de edición:
    Fecha de edición:03/2001
    Tipo de edición:
    Páginas:
    1330 Páginas
    Sin existencias en la librería, salida por agencia en diez días máximo, siempre que nuestro proveedor tenga existenciasSTOCK  
    72.00 €

    ResponderEliminar
  3. O Seniño en vez de Senín, do anterior comentario, foi un lapsus cálami. Queda validado Rafael

    ResponderEliminar