Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 14 de junio de 2010

.. ENTRADA DE ESPAÑA E PORTUGAL NA U.E.


Hai na cadea Ser, algunha mañá, un programa-concurso de relatos curtos que deben comezar
todos por unha frase que anuncian a semana anterior. Arremedando a ese programa empezo por onde rematou o incansable e indomable,por ben,amigo Eduardo.

E certo que o Sábado, 12 de xuño do 85, fixo 25 nos que se aprobara o acordo de incorporación de España a Unión Europea. Para os que había poucos anos que accederamos ao mundo profesional do Dereito foi ese acontecemento un fito histórico. Nunca mellor dito.

O tratado non tivo vixencia ate o 1 de xaneiro do 86. A chamada “vacatio legis”foi tan longa como as que tiveramos nós cando reformaran San Martiño que nos incorporamos no mes de novembro. Ese ano fixen toda a campaña do berberecho e da ameixa que abundaba tanto na praia de Barraña como na de Cabío. Os veciños dicíanme fixeches ben plantar. Agora que tes o bacharelato aprendes algo de contabilidade e xa te collen nunha fábrica de peixe .Eu negábao pero ninguén me cría.

No que quedaba de ano 85 traspasáronse ao BOE unha ha morea de directivas incorporando a Lexislación europea. Foi unha auténtica revolución no mundo xurídico. Foi unha primavera ,no campo do dereito, semellante,”mutatis mutandis,” ao que supuxo o Vaticano II na Igrexa. Todo o acervo xurídico Europeo era directamente invocable ante calquera xulgado en primeira instancia , vinculante e de aplicación directa. Igual que a Constitución que no Nadal do 78 supuxo tamén unha revolución ao abolir todas aquelas outras normas que a contradiciren, podendo ser aplicada directamente por calquera xuíz se aparecía como abertamente contraria á Carta Magna.

Para simbolizar ese florecemento do dereito europeo furteille a Juan Masiá. Catedrático de bioética en Xapón que debe ser boa persoa polo que escribe no seu blog,, supoño que non me demandará, esa bonita fotografía que é todo un símbolo:
                                              BODAS DE PRATA DA ENTRADA NA U. E.

A receita do licor experimentareina e se imos a ese curso que nos anuncias. Eduardo, en “Desván de los Monjes”levarei a proba.

A Andrés que nos siga mostrando as súas breverías. Lense con gusto e ninguén o pode tomar como adoutrinamento. As nosas idades deixase adoutrinar o que quere. Todos andamos xa no camiño de volta de moitas cousas. Un saúdo para todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario