Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 9 de junio de 2010

REMEMORANDO


Despois da semana de festexos e aínda baixo os efectos da resaca, provocada polos chupitos ( 1 ) de licor café co que nos obsequiou Eduardo, farei uns comentarios de cando viviamos xuntos. Despois do tempo pasado e hoxe metidos cada un de nós noutras realidades o cordón umbilical que conserva o vencello ou vínculo que nos mantén unidos e a convivencia intensa, nun internado, durante 12 anos algúns, e ademais unidos por uns sentimentos relixiosos que nos ataron verticalmente ás crenzas e horizontalmente aos demais.(aí queda iso que non o predica calquera. Non si ? Chucho)

Unha das últimas veces comentei que se empezara a fumar en Belvís nos últimos anos. Acordarédesvos que polo verán nos xuntaban por comarcas para facer o retiro. A min tocábame ir a Vilagarcía. Reuníannos nas Felipenses. O crego que veu nun verán, aos que xa andabamos de pantalón largo,invitábanos a fumar. No 1º retiro non me sabía a nada o tabaco. No 2º xa non me desgustou tanto. Aquel verán do 61 empecei a fumar e seguín até o 2 de Maio do 92.

Ao tabaco chamabámoslle “tomillo”.Os asiduos eran ,dos que xa faltan ,García Couto, García García, e dos aínda presentes Gómez Vedía, Felpete Sánchez, Sanmartin Obelleiro, Fraiz Vázquez,Fernández Barros e supoño que alguén mais. O mellor sitio para fumar en Belvís era, cando non chovía, no campo do futbol detrás da portería que daba á vía do tren. Había un pequeno campo que lle puxeramos o nome de Maracaná e alí faciamos as fumetas. Levas tomillo?. Nos vemos en Maracaná¡
En San Martiño, loxicamente, continuaron as fumatas. Cando nos tocaba horta o sitio mais seguro era onde tiña o taller o señor Francisco .Ademais, se estaba por alí, sorría e tiñamos a seguridade de que era unha tumba. Cando nos tocaba cachatoria no Claustro botabamos a pelota adrede polos fachineiros (ventanucos) que estaban a rente do chan. Escapabamos varios a buscala e metiámonos a fumar naqueles espazos escuros que estaban cheos de papeis, cousas vellas e porcallada. .E de supoñer que os superiores o sabían pero farían a vista gorda. De feito o último ano de Filosofía xa autorizaron a fumar a todo o mundo que quixer. O curioso é que algúns ao estar permitido deixaron de facelo porque ,como dicían, agora xa non ten gracia. Un saúdo para todos. Rafael


  1. Uns coñecidos nosos , o marido tocaba na sinfónica de Galicia,eran checos e a muller falaba moi mal. Tiñan un meniño e a veciña de portal preguntoulle se lle daba o chupete ao neno. A nai alporizouse toda e contestoulle: Chupito al niño? Ser loca. Como va a tomar chupito el niño?  (Identificaba chupete cos chupitos que pedían despois do café).





No hay comentarios:

Publicar un comentario