A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
martes, 1 de junio de 2010
Máis globos (Andres GV)
Eu tamén quero encher de aire os pulmóns e de paso inchar un globo. A imaxe do globo -todo un acerto, Rafael- ten unha chea de connotacións positivas. Algunha, negativa. O globo é infantil, o globo é lixeiro, o globo tende a subir e voar, o globo é festeiro, o globo sen aire non é nada, o globo sen man que o suxeite pérdese, o globo na man dun neno suscita sorrisos. O globo, ademáis, é fráxil, require tratamento coidadoso.... O aniversario deste blog é coma o primeiro dente dun neno, ou coma os seus primeiros e aínda vacilantes pasos, é un globo de cores: se o suxeitamos e participamos poderá expoñerse aos ventos pero non se perderá, suscitará sorrisos, animará ilusións e, aínda que pareza frívolo ou lixeiro, estará cheo do mesmo aire que respiramos, ese ao que Rafael lle puxo nome de solidariedade, paz, etc, e que nos convida a aspirar ao máis nobre do corazón humano, ascender, sen perder esa manciña firme que nos atrae cara á terra, cara aos irmáns cos que compartimos a historia, a de hoxe, e -volvendo ao blog- unha parte decisiva da historia persoal nos anos cincuenta e sesenta. Por favor, non deixedes da man este BLOGO/GLOBO. Fráxil e colorido, está nas vosas mans. Felicidades, "globeiros". A soprar, dádelle alento. (AGV)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario