Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 21 de junio de 2010

MISCELANEA VII


Queridos amigos. Hoxe empeza o verán,Tal día coma hoxe daban as ansiadas e merecidas vacacións. Os que eramos da veira do mar marchabamos encantados .Outros ían tristes. Era o tempo de mais traballo no campo,De sol a sol. Como di miña sogra aquelas si que eran crises .Hoxe, de non empeorar,agás o que non ten traballo, debería estar prohibido queixarse. Ademais os que mais se laian solen ser os menos afectados. De todos modos o mundo ten que ir para adiante e non para atrás e o inconformismo é o que axuda a transformar a realidade . Así que a protestar e a reivindicar.Sempre con sentidiño.Sobre todo os que perderon o traballo. A xente do común non é culpable de nada e os que causaron a crise tamén teñen que axudar e arrimar o lombo,xa que ninguén os obriga a arranxala,de seren capaces de facelo.

Chucho é certo,como a vida mesma, que cada tolo ten a súa teima. Xa temos demostrado neste caderno, no que escribe quen quere e do que quere, que a cordura total non existe. Gustoume moito o que nos contaches sobre a fotografía. Acabará entusiasmándote. As que adxuntas son preciosas. Polo monei ,aínda que se teña menos e para o ano non suban as pensións, non vivas desacougado. Despois do mínimo vital que é moi relativo i elástico sempre un se vai arranxando. Din os chineses que son moitos e nada torpes, sabedoría milenaria, que o diñeiro,se non lle pos un tope é como a auga do mar: Canto mais bebes mais sede tes. Cónstame que ti es bo de conformar. Dunha nai,señora Dolores,por moitos anos, tan incansablemente traballadora e bondadosa, os fillos non poderiades ser doutra madeira.

Saúdos para toda a parentela. Segue escribindo que o fas ben e sempre hai algo que contar con tal de poñerse.

Onte ao ler os periódicos enfadoune moito o que dixo o Vaticano sobre Saramago cando aínda estaba “de corpore insepulto”. Pensei titular esta colaboración:A CURIA VATICANA PERDIU O XUÏZO. Pero desde que oficialmente formo parte da terceira idade,o mes pasado fixen os 65,decidín controlarme un pouco e ver a realidade con certo estoicismo. Copio o que escribín para outro blog:

“Excelente exposición a do Señor Tamayo. Non hai dúbida de que o noso achegado,grande e sabio, Xosé Saramago tivo unha vida interior e reflexiva fora do común. Seguiremos lendo a súa obra que nos axuda a ver e entender os misterios da vida con perspectiva filosófica no sentido xenuíno da palabra. Contrasta coa falta de sensibilidade de L’Osservatore Romano que o Sábado, aínda de corpo presente,fixo unha serie de xuízos e valoracións totalmente negativos da súa vida e obra. O autor dese libelo parece que descoñece completamente, cunha ignorancia supina,o evanxeo de San Mateo (Mt 25, 31-46) que acolle a todos aqueles que sen sabelo axudaron aos demais. Saramago ninguén nega que estivo cun altruísmo digno de eloxio defendendo todas as causas xustas que houbo en favor da humanidade .Así llo recoñeceron todos menos o Vaticano que anda facendo propagando do conservadorismo mais trasnoitado. Facendo méritos para nun futuro ter que avergoñarse e pedir perdón por desviarse da verdadeira tradición cristián”

Por hoxe mais nada. Que teñades unhas boas vacacións nesta estación que abunda a luz e que tanta influenza ten nos nosos ánimos e corpos.Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario