Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 25 de diciembre de 2010

COS MELLORES DESEXOS

Que cableo!
   Por un cruce de cables de Wikileaks soubemos que os diplomáticos estadounidenses se dedican ao cotilleo rosa, por certo máis moderado ca artigos que se poden ler e opinións que se poden oír nalgún medio patriótico español. Estes cables secretos, comparados cos dos cornetas da apocalipse, son xogos de nenos.
   Non vin ningunha crítica sobre a maquinaria dun país que pretende controlar o mundo polas armas ou polos informes secretos. Tampouco vin nada sobre o informe que considera o Vaticano como un poder "cerrado, provinciano e anticuado". Algo novo? Ignoran os señores Aguirre e Julieta Valls que o seu reino non é deste mundo, que as súas decisións aboian na eternidade e que Federico Lombardi, responsable da oficina de prensa, non necesita correo electónico para comunicarse, porque utiliza Pomba mensaxeira, máis acorde coa tradición.
   Tampouco importa que o Vaticano non saiba inglés. Ignoran os cableadores que a cúpula eclesiástica é beneficiaria directa dos efectos do Pentecoste, que se renova cada ano. Defenden o pluralismo pentecostal, pero esquecen a condena do multilingüísmo da torre de Babel. Ignoran tamén que xa non viven nun presebe senón en palacios.
   Na retransmisión da viaxe do 6 e 7 de novenbro lembrei automaticamente a película Príncipe de Zamunda, un reino que tampouco é deste mundo, occidental e moderno.
   En fin, que teñen moito que aprender os embaixadores de USA, esa que usa e abusa do poder onde pode, é dicir, en todas partes. Estou pensando que USA pode ser unha sigla profética, cargada de significado.
   A factoría Hollywood repartiu alegremente papeis de sheriff no departamento de política exterior. Agora queren actuar.
   Cóntase que nos salóns perdidos da ONU un embaixador lle pregunta a outro:
- Por que non houbo nin haberá un golpe de Estados en USA?
- Porque en EE UU non hai embaixador de Estados Unidos, respondeu o outro.
   En fin, un pouco de respeto para o Vaticano, a segunda potencia diplomática do mundo, con legacións en 177 países, precisamente detrás de USA, con 188 embaixadas.
 Por outra banda, tamén ten graza que os cidadáns, tan   vixiados polos Estados, tomen agora a revancha coas filtracións de Wikileaks. É como un Gran Irmán ao revés.

Cos mellores desexos
Revisando papeis que esperaban no corredor da trituradora, atopei unha letra de canción, que transformei e adaptei para inciar o ano 2011 cos mellores desexos:

Sodes a semente que ha de medrar,
sodes a estrela que ha de brillar,
sodes fermento, area de sal,
a candea que ha de alumar.
Sodes a alba que ha clarexar,
a espiga que ha madurar,
o Reino que vai florecer
en xustiza, amor e verdade.

Optimismo crónico? Necesitamos quintais para encher as alforxas dos camelos lanzaroteños:


Están tomando folgos para reforzar a frota dos xorobados máxicos orientais. Son do Parque Nacional de Timanfaya, de onde eran tamén as fotografías case lunares.
                            Saúdos e saúde.
                            Eduardo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario