Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 30 de diciembre de 2010

OS MEUS CONTOS

FELIZ AÑO A TODOS LOS COMPAÑEROS.

SEGUNDOS, MINUTOS…

…Segundos, minutos,… segundos, minutos…“Xa estamos a chegar “, pensaba eu, mentres ía lendo de seguido, a través da miña vidreira, semellantes carteis apegados sobre as cabeceiras das portas arredadas ó pasar, mentres o noso vehículo axiña encaraba ó centro de Compostela.
O Finisterre, estaba xa preto á Rúa do Pombal, e, pouco a pouco, ía amainando o seu canso e monótono saltaricar polas lousadas rúas milenarias.

Xa buligaban os nosos cus cansos, e, espallados, íanos erguendo dos nosos asentos de madeira, mentres os brazos e as pernas entumecidas, espelían os nosos osos. Vocábulos guturais baleiraban, boquexando, o aire, e, polo ambiente enrarecido, espallábanse sórdidos cheiros que as partes mais extremas liberaban, venteando discretamente o bandullo, comprimido durante horas . Cada quen, apañaba os seus “ petates “ apetuñados, e, en fila, descendiamos polas empinadas escaleiras da carroulana, que nos estaba a apear, molidos, sobre as rúas santiaguesas.

O noso grupo, composto de mozos procedentes, maiormente, de Xaviña, da Ponte do Porto e de Caramiñas, encamiñabamos os nosos pasos, coas maletas ben repletas ó lombo, escalando a rúa das Trompas, cara á Belvís. Alí agardaban nove meses de férreo internado e de duro inverno, ata que ala polo día de San Luis Gonzaga, finando o mes de Xuño, novamente, volviamos a desandar os pasos da ida, pa repetir a mesma viaxe de volta, cara o mesmo punto de partida… Segundos, minutos…segundos, minutos…¿…?
¿ Que raios queren dicir semellantes carteis enclavados nas portas daquelas miúdas casiñas ? Preguntei intrigante a un dos meus acompañantes de bancada.- …Non son “ segundos, minutos “, Antonio, son seguros mutuos,¡ o !

¡¡Vaia, vaia, vaia !! ¡¡ Vaia xogada me tiña gastado o bailiño daquel estartelado medio de transporte!! Aquel misterio que finou cunha xeral gargallada, puxo unha nota de ledicia engadida a aquela, de por si espléndida, que supoñía o retorno ao noso ben gañado período de vacación.

Baile antecesor do que ía ser a gran festa estival, con garantía de gozo, por todo o longo e ancho da nosa ría de Camariñas.

Antonio Puertas
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario