Imos levar unha pouca roupiña
tres polas, dous galos, mais unha galiña,
un añiño, dúas pombas sen pel,
tres rulas ao xeito e un tarro de mel.
Ai, Meu Neno,
Meu Rei, Meu Meiguiño,
non tes un albergue,
non tes un leitiño.
Sen arrimo, nas pallas estás,
ai, Meu Queridiño, que frío terás.
Teñen, teñen, as pegas, as melras,
e os paxaros, teñen niño,
e o Rei de ceos e terra,
non ten casa nin leitiño.
tres polas, dous galos, mais unha galiña,
un añiño, dúas pombas sen pel,
tres rulas ao xeito e un tarro de mel.
Ai, Meu Neno,
Meu Rei, Meu Meiguiño,
non tes un albergue,
non tes un leitiño.
Sen arrimo, nas pallas estás,
ai, Meu Queridiño, que frío terás.
Teñen, teñen, as pegas, as melras,
e os paxaros, teñen niño,
e o Rei de ceos e terra,
non ten casa nin leitiño.
(Popular, Aguiño-Ribeira)
Os compañeiros e amigos da “Quinta
do 57” somos pastores, somos anxos, somos magos de Oriente...
Por iso neste Belén do mundo
ofrecemos o noso servizo e facémoslle compaña a quen o precisa: o indefenso, o
débil e o pequeno. Así é como seguimos estando no séquito daquel desconcertante
e fráxil “rei de reis” que naceu hai
2010 anos, aproximadamente.
Con el a palabra Deus empezou a ter un novo significado.
Feliz Nadal e ventureiro ano 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario