A GAMELIÑA
¡ Que tan soliña, berrando de labia,
quedou a gamela amarrada a poutada !
…petando na auga, petando de rabia
¡ Que tan soliña e tan desamparada !
I o vento mareiro, ca súa espada,
cortaba en ela, i a ondiña bailaba
coa gameliña descoroada,
petando nun mar, que tanto á miraba.
Quedaches amarrada a esta terriña,
a mesma terra que a pedra non hala,
e laias ca pena de tanta morriña.
Segue petando, miña gameliña,
que, esa terriña, que che dou esa fala,
agora, te afoga cunha poutada.
Antonio Puertas.
Tódolos dereitos reservados
Paréceme ben que reserves os dereitos.Contaban dun seminarista que como o pai tiña cartos foi a estudar a Salamanca.O día do patrón,sendo xa crego, foi o encargado de dicir o sermón.Como sabía retórica e para darlle emoción e cautivar a atención da xente repitiu duas veces esta pregunta:¿Alguén sabe quen matou a Xesús e mais por qué o fixo?.A segunda vez respondeulle o pai desde a tribuna ou coro.Aquí ninguén o sabe meu fillo.Non llelo digas se o queren saber que gasten os cartos e fagan como eu que che paguei para que estudases en Salamanca.Pois a ti non vaia a ser que veña algún pillo e che copie a túa creación como lle fixeron a alcaldesa de Madrid que lle inscribiron no Rexistro da Propiedade Intelectual a frase famosa que dixo:"Relaxing cup of café con leche in Plaza Mayor"Parabéns Antonio.
ResponderEliminarPois si que está ben o conto do pai do cura..."ó que queira saber que gaste ós cartos..." coma fixo aquel homiño co seu fillo jajaja.
ResponderEliminarGrazas, Rafael, polos teus parabéns que sempre están á dar ánimos.
Eu, moitas veces, non deixo a coletilla " dos dereitos reservados ", malia todo, cando vexo que un verso meu pode ser medianamente bo, entón,antes de publicalo, sempre ó inscribo en SafeCreative,pa reservar os meus dereitos. Mais que nada, pa tratar de que algún espabilado coma a feligresía daquel cura, poida coñecer quen fora Xesús, sen ir a Salamanca.
Unha aperta.