Por orde de Dios Vigo
Agustín e co visto bo do Padre da Patria Andrés Vilariño queda
para aqueles que pasaren por diante deste taboleiro volta a convocar
a xuntanza de verán para o día que aparece na convocatoria que se
adxunta:
Por orde especial tamén
de Agustín, membro da comisión, quedades advertidos que na folla
informativa onde se fala do menú queda suprimida a RICHADA DE PORCO
e substituída por tenreira ou cuxo galego. Non se me indicou cal
sexa a razón da mudanza. Matinando eu supuxen que podería ser por
se alguén se mudou ao credo mahometano para que non alegase como
motivo ou causa da non asistencia a prohibición das carnes
galufinas. Con respecto,sobra dicilo, a todos os musulmáns que teñen
dereito como calquera ao respecto merecido,Pois nada mais. Verémonos
ese día e por suposto compartindo,como todos,que o compañeiro
Andrés se teña recuperado estando xa para os festexos. Para todos
saúdos e cos mellores desexos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario