A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
jueves, 5 de septiembre de 2013
Novas sobre Andrés 2
Como me chaman algúns compañeiros para preguntarme e interesarse polo estado da saúde de Andrés teño que informar,conforme ao meu leal saber e entender, que polas informacións directas e mais indirectas que teño evoluciona favorablemente. Segue hospitalizado, con reserva das visitas aos familiares, pero cónstame que xa o visitaron Gómez Verdía, Isolino Esmorois, Enrique Vázquez Pose e o mesmo Dios,o compañeiro Agustín. Neste caso a interpretación da norma hospitalaria,tanto por parte da familia,como del mesmo é o mesmo persoal do hospital, é “in senso lato”.A impresión que lles causou é que desta sairá. Foi un aviso e de agora en diante poderá facer aquilo que poida e o demais quedará sen facer. “Ad imposibilia nemo tenetur” Fraga dixit cando o das vacas loucas foron amoreadas nunha canteira preto de “Desván de los Monjes”.Pero o certo é que é de aquelas premisas que D.Luciano Palleiro, cando nos explicaba Lóxica, dicía que era unha premisa universal que se podía predicar de todos e para todos os entes.
Estamos vivindo en tempos, nos que aquel axioma de Luciano Pena,cando en Sanmartiño se pasaba fame e frío lle dicía ao finado de de D..Manuel Bugallo que “primum vívere et deinde filosophare”
A partir de mañá terei algunha información mais e no caso de que sexa transcendente ou non deixaréivola aquí. De momento o que se sabe hai que cualificalo de boas noticias. Cos mellores desexos pata todos. Rafael.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pois eu, Rafael, estou en duda permanente, se ir ou non ir ata o hospital. Dende o primeiro día que coñecín a noticia, dubidei; aínda que, naturalmente, os primeiros momentos non son os mais axeitados.
ResponderEliminarAgora, pasado xa o susto inicial, en calquera momento, ( se segue a boa evolución ) irei a velo pa darlle unha aperta. E, se outros compañeiros van primeiro, que o fagan por min.
O mais importante é que axiña se recupere e poidamos celebralo cunha xuntanza e un brindis pola saúde e a camaradería de todos nos.
Ata logo
Antonio Puertas