Pois un saúdo. Déixovos
tamén o texto dunha carta que se publicou na Voz do Domingo e que
dicía así:
“” HAI
XUÍCES EN BERLÍN
Así lle respondeu un campesiño alemán ao rei de Prusia,Federico II O Grande, cando lle quixo expropiar un muíño de vento, construído por el pedra a pedra, para edificar un castelo nas aforas da cidade. Ofreceulle diñeiro e ao non ceder o campesiño ameazouno con confiscarllo. Iso podería facelo Maxestade se non houbese xuíces en Berlín. O monarca acatou sentenza e rodeou o muíño deixándollo enclavado e co ancho dun camiño para que o dono entrase e saíse sen pedir autorización. E alí quedou un letreiro indicando que o muíño se conserva como recordo eterno do amor e respecto a Xustiza.
Ven
a conto do que lle pasou a un mozo ourensán que padece unha doenza
rara que,de non tratala cun fármaco biolóxico de última xeración,
correría perigo a súa vida. O tratamento que dispensan no hospital
ten un custo de aproximadamente trescentos mil Euros ao ano. O
Servizo Galego de Saúde non o autorizou alegando razóns de
austeridade orzamentaria. O xuíz na sentencia obriga a dispensalo e
pagalo e ditamina que ao denegarllo vulnerouse o dereito
constitucional do enfermo a vida e a integridade física e moral,
prescindindo do criterio médico sen outra presumible razón mais ca
do aforro. Cualifica de insólito que se lle tivese denegado.
E
unha boa noticia para todos aqueles enfermos crónicos que nos
tratamos con eses fármacos biolóxicos que nos permiten levar unha
vida de certa calidade. Que siga habendo xuíces tanto en Berlín
como no resto do mundo que lles paren os pés a quen toma decisións
inxustas””.
Chamáronme
onte e mais hoxe algúns avogados e procuradores dicíndome que lles
gustara e que é necesario que a xente crea,hoxe que non se cree case
que en nada, na xustiza para que acuda a ela. Como hai que pagar as
taxas e coa crise notan unha baixa nos asuntos. Entran cada vez
menos. Deica a próxima. Rafael
Dende logo, é unha boa nova que Andrés volva de nova pa súa casiña.Unha aperta Andrés e grazas pola noticia.
ResponderEliminarEn canto a túa carta publicada na Vos de Galicia, eu xa á tiña leído ó día da publicación.Esquecín deixar un comentario neste encerado, ata que, hoxe,ti no lo recordáches.
Ë moi boa, non só polo modo de desenrolar o seu contido, sinon, sobre todo polo fonda da cuestión: non pode estar ún pagando unha SS toda a vida, pa que logo,cando o tratamento é moi custoso, che deneguen a asistencia.
Repito, noraboa, Rafael.E, unha aperta
Antonio Puertas