Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 8 de diciembre de 2013

Este é o poema que presentei en Lugo no programa da Radio Galega, Pensando en ti, de Marcial Mouzo.

XUNTANZA EN LUGO

Hoxe, a festa toca en Lugo,
e, maña, sabe Deus onde;
así, vou leva-lo xugo
por onde lle corresponde.

Vai axeitado ca cidade
por Paulo Fábio fundada,
cun chisquiño de saudade
da mámoa celta alí afincada.

Érguese nun cotarelo,
tan puro coma o armiño,
e guarecido cun velo
das brétemas no corpiño.

Expido vai polo mundo
presumindo de muralla,
por ser patrimonio oriúndo
da terra meiga que á entalla.

Romana, en deuses, figura,
que bañan seus pes no Miño,
aquelados na procura
do ouro polo seu camiño.

Lucus Augustus e lanzas,
termas, denarios e bravos,
castros, honor e matanzas,
dereitos, milicia… escravos.

 Foron os tempos mudando,
e, aí, temos a San Froilán,
nas casetas festexando
cas campás e o seu troularán.

Deus Pai, con Cristo, inflama
a fe na Forma sagrada,
que santa María proclama
na catedral, venerada.

Nas entrañas da Cidade,
colleita da súa leira,
produtos de calidade,
castañas e polbo á feira.

E, na Exágono hoxe canta
Lys Pardo, con nome de flor,
que, a “anduriña“ en voo adianta,
cos seus bicos pa un pai cantor.

E, pola veiga das leiras,
hei marcar aquela estrela,
que alustrará coas vieiras
a senda de Compostela.

Seguindo o Miño, hei volver
a Lugo dende Fisterra,
coa saudade dun querer
que eu gardei pola súa terra.

Antonio Puertas











2 comentarios:

  1. Agradoume e gustoume moito o poema Antonio,Está moi ben armado e construído tanto na forma como no fondo. Ten lírica e musicalidade ao meu ver de profano en cousas de música e poética. Para min os poemas igual cas pinturas e obras artísticas se me causan bos sensación pregúntome a causa e a veces descúbroa na harmonía,perspectiva,combinación de cores,evocacións...e outras veces non me gusta e por moito que mo expliquen segue sen gustarme. Parabéns Xa che comentei a través de facebook que para min de ter que cualificalo sería un meritisimus.O próximo xa poderá ser cum laude.O dito.Rafael

    ResponderEliminar
  2. A min sucedeme algo parecido a ti, Rafael. Eu non " entendo " nin de pintura, nin de poética, nin de cousa ningunha, mais, se algo cala en min, entón douno po bo, e se non, xa poden vir picasos, dalis ou quen sexa, que paso deles. Será que son moi burro, pero, bueno, neste mundo ten de haber de todo, e, coma pensamos ti e mais eu, hainos comarea ( coma din no meu pobo )
    Unha aperta, amigo.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar