Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 8 de junio de 2014

PARABÉNS AOS FERNANDOS

Escribín hai días isto e intentei poñelo no Blog e non fun capaz. O meu nivel deste aparellos e de usuario nivel ínfimo. Hoxe ao ler o que escribiu o compañeiro Andrés Amboage intentei e parece que mo deixa por e aí queda. Como estamos dentro da oitava e se non estamos é igual vaia n estes parabéns para os que celebraron o día do santo.

“Hoxe os ferdinandus están de días. Así,cando se tomaba lista en latín durante a nosa estadía en Sanmartiño Pinario, se lles vocaba aos chamados Fernandos. Había que responder, o interesado interpelado, dicindo adsum. Cando estaba ausente respondían os do lado dicindo abest. Con D. Modesto. home e crego bonachón,cando faltaba alguén montábase unha algarabía de armas tomar. Uns dicían adest e outros abest. Despois dalgún tempo poñía orde e para provocalo algún, aínda que non fose certo, dicía que plantará o ausente. Entón botábanos o sermón xa requetesabido do que ía coller a flor ou rosa pensando que non tiña espiñas e cando a apreixaba , encontrábase con que debaixo tiña espiñas que magoaban. In illo témpore ,como dí Puertas, é cando pasaban estas cousas. Non tal día como hoxe porque ese día era feirado e non había clases, senón todo o contrario, xa que era festa rachada. Ese día dábannos un vasiño de viño a comida. Era o santo de Cardeal que despois de Santiago Apóstolo e de San Franco o seguinte era o Cardeal segundo a orde que lle atribuía o finado do reitor D. Manuel Capón que foi reitor decano dos de España desde o ano 1928 ate o ano 1966 que por mandato do Decreto do Vat II debían cesar cando cumpriren os 75 anos de idade.

Despois desta esbardallada, propia de vellos, que miran mais para o pasado que para o futuro teño que desexarlle ao amigo e compañeiro Fernando Ledo que sei que pese a estar prohibido, in illo tempore, asomarse as ventás de Sanmartiño el achégase a esta con frecuencia,teño que desexarlle un feliz día do seu santo, igual aos demais Fernandos no caso de achegárense tamén a este espacio informativo".

Para os que queiran saber mais de quen foi ese San Fernando poden consultar esas vidas exemplares propias doutros tempos:

Fernando III de Castela - Wikipedia, a enciclopedia libre


A historia como cadaquén a conta como lle convén terma de todo canto lle poñen. O dito. Un saúdo para todos. Rafael

1 comentario:

  1. Tamén eu, coma Rafael, esquecín aos " FERDINANDUS ", desexar pa eles o melloriño deste mundo.Así é que, coma tamén di, estamos no novenario, vai por eles unha aperta,... a ver se chega.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar