Resulta que a miña nai quer gañar o xubileo, pero é moi velliña, cumple 93 anos precisamente ó 31 de Diciembre. Eu prometínlle levala a Santiago, pero, …¿ como fago ? ,pois non pode estar nas colas, nin acercarse andando dende un aparcamento que esté un pouco lonxano da catedral, ( padece do corazón, e tamén con outros achaques propios da idade)
Eu teño que cumplirlle a promesa e agardar a que o tempo mellore un pouco…Alguén de vos me da unha solución …?
Grazas de antemá
Antonio Puertas
A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago
martes, 16 de noviembre de 2010
A ENCERELLADA DOS CORVOS
Se vos fixades ben, na foto sacada ala polo ano 1999, o retablo da Barca e as frores estaban moito mais vellas, e, todos nos, moitísimo mais novos. Por contra, a deste ano, once anos despois, o retablo e as frores rexuveneceron e, vos, moitisimo mais vellos. Eso pasavos por terlle tendido unha encerellada a un carneiro.
Pa próxima que fajamos no Santuario da Barca, xa sabedes ó que tendes que facer.
Antonio Puertas
Pa próxima que fajamos no Santuario da Barca, xa sabedes ó que tendes que facer.
Antonio Puertas
Cumprindo un encargo
Hai cáseque un mes que
o pluricompañeiro Enrique Vázquez Pose me encomendou, mediante un
correo, que colase no Blog esa foto comparativa que me mandou. Digo
pluricompañeiro porque son varios os títulos de compañeiro que nos
une: San Martiño Pinario,Profesor de Secundaria,Licenciado en
Dereito e o de amigo agradecido polo ben que rexenta o departamento
do audiovisual.
No primeiro momento que
abrín o correo non o fixen e hoxe que me puxen a facer limpeza,
tirando a papeleira tantas mensaxes non desexadas e inútiles, e
seguindo unha máxima ditada pola experiencia, de antes de romper
ningún papel ou mensaxe asegurarse do seu contido,encontreime con que
non debía tirala a papeleira senón poñela no seu sitio que non é
outro mais ca este seguindo o encargo de Enrique.
No referido correo facía
constar que na de este ano falta o seu primo,compañeiro de pupitre
de Agustín Dios, Doval Pose,que asistiu á comida pero non saíu na
foto por ter que atender unha urxencia fisiolóxica. O que demostra,
ao seu criterio,o acerto de aquel dito de que: o que se move nos sae
na foto.
Pois aí queda para
admiración de quen a queira mirar. Con atraso pero cumprín,
Enrique. Espero que noutras encomendas que me fagas ser mais
dilixente: Como un bo pai de familia ou un ordenado comerciante que
eran os paradigmas da corrección xurídica no Código Civil e de
Comercio.(Esta é xerga de letrados: como o barallete dos canteiros).
Mais nada compañeiros todos e como exercicio para a próxima clase
facede unha foto coa imaxinación de como será a do 2020.Se alá
chegarmos. Rafael
N.B.Para os non moi prácticos nestas lides:Hai que facer clik na foto para vela mais grande
domingo, 14 de noviembre de 2010
FOISE BERLANGA
Onte e hoxe acaparou a
atención,en boa parte,de todos os medios. Nós debémoslle unha
especial gratitude. Fíxonos pasar, na mocidade, uns bos momentos
ríndonos a esgallo .A película “Bienvenido Mister Marshal”deberon
de poñérnola,polo menos,unha vez cada curso. Sabiámola de memoria.
Era unha película branca:apta para todos os públicos. Aquel pregón
ou bando da alcaldía dende o balcón que pronunciaba Pepe
Isbert":Como alcalde vuestro que soy os debo una explicación, y
esa explicación os la voy a dar porque os la debo"non sei se
agora se vos borrou da memoria pero eu coido que non. O actual
alcalde de Guadis de la Sierra, nome real do pobo que na película se
chamaba Villar del Río,dicía que os de alí saben a frase de
memoria e que el mesmo cando polas festas se dirixe aos concidadáns,
desde o mesmo balcón, o fai coa mesma tamén..
Onte comentaban que na rodaxe,ano 1952,
impuxéronlle un dominico como censor que asistía a todas as
sesións; meteuse tanto na rodaxe que facía algunhas suxestións que
Berlanga lle aceptaba. Na montaxe Berlanga propúxolle a produtora
que o incluíse nos créditos pero non llo aceptaron. O pai durante
a república foi gobernador de Valencia e para axudarlle a que non
lle pasase o peor ao rematar a guerra, alistouse na División Azul.
A lista de boas películas que nos deixou é longa:
Las pirañas, Vivan los novios,Tamaño natural,La escopeta Nacional.
Patrimonio Nacional, La vaquilla, Moros y cristianos,Todos a la
cárcel. Supoño que Ledo aínda se acordará de algunhas mais. Como
dicía o pai de Andrés: “Deus o teña na gloria”. Aos dous.
COLABORACIÓN
SOCIOS
En
la revista Crónica 87 aparecía una comunicación de nuestra
compañera Eva de Donosti en la que desnuda sus sentimientos,
emociones, sufrimientos y optimismos y los comparte con todos sus
compañeros de dolencias haciendo un bien inmenso a todos los
lectores. Por ello creo que merece nuestras felicitacionesy
agradecimiento. Esta sinceridad exponiendo cómo cada uno vive la EII
nos da ánimos y fuerza interior a los demás y, según mi opinión,
tendría que ser una sección que se debería potenciar más.
Como
eso depende fundamentalmente de nosotros, los socios, quiero sumarme
a esa colaboración que solicito poniendo mi grano de arena esperando
que otros más lo hagan también.
Hace
8 años que me diagnosticaron la enfermedad. En aquel momento con una
anemia ferropénica tremenda, cansancio, fatiga, debilidad,
irritabilidad, palidez e insomnio me hospitalizaron de inmediato
porque apenas alcanzaba los dos millones de glóbulos rojos. Los
síntomas parecían los de un cáncer de colon y según la médico de
cabecera, la estadística dice que a los 57 años es el pico en que
más casos se diagnostican. Después de someterme a varias pruebas,
transfundirme varias veces, ya que la columna vertebral no producía
hematíes, y después de tres semanas de hospital, cuando nos dieron
el diagnóstico la alegría fue inmensa. El previsible cáncer de
colon estaba descartado.
Durante
este tiempo transcurrido,aunque siempre con síntomas, he tenido
diferentes tratamientos Lixacol, Imurel, prednisona,mucha Buscapina y
Nolotil para aliviar el dolor y últimamente, infliximab para curar
unas fístulas perianales.
También
he necesitado cinco hospitalizaciones, visita a digestivo con
analíticas cada tres meses,
seis
colonoscopias (con extirpación de pólipos benignos) y varias
ecografías ,resonancias, escáneres y otras pruebas antes del
tratamiento con los anticuerpos.
A
finales de julio regresé del hospital de tratarme de un brote,
cuando recibo la revista y leo a , ya nuestraamiga, Eva, que nos da
aliento, optimismo, ganas de luchar y ganar calidad de vida con su
ejemplo.
Las
enfermedades crónicas desgraciada o afortunadamente afectan a toda
la familia. Un grado de comprensión es fundamental y todos
debiéramos, creo yo, empeñarnos en comprender a los que comparten
en el ámbito familiar nuestros padecimientos y nuestros cambios de
humor y desganas.
Nos
ayudó de modo beneficioso e inestimable el libro del fundador de
ACCU Dr. Pecasse. Todavía hoy los tratamientos hospitalarios son
los que él describe en su magnífico libro que nos advierte de lo
que nos va a suceder y nos saca del desconcierto que provoca la falta
de información que hoy los excelentes médicos de la sanidad
pública, por falta material de tiempo, no nos pueden facilitar.
También la página de ACCU para los afortunados que podemos acceder
a ella nos da todo tipo de información valiosísima.
Algo
especial que tiene una cara positiva y otra negativa de esta
enfermedad es que generalmente tenemosun aspecto en apariencia
saludable. Cuando asisto a algún acto masivo convocado por alguna
denuestras asociaciones es difícil distinguir quién es el enfermo y
quién su familiar. Esto provoca que cuando nos sentimos mal
parezcamos exagerados en la descripción de los que nos pasa y lo
bueno es que pasamos desapercibidos y no llamamos la atención por
nuestra apariencia. Cuando el dolor, la incomodidady las molestias
aprietan o nuestro ánimo decae nunca dudemos en acudir a nuestros
médicos que nos facilitarán ayuda y nos prescribirán fármacos que
nos ayuden a recuperar al nivel de serotonina,sustancia fundamental
para andar por la vida con algo de optimismo y ganas de vivir tan
esenciales para sentirse bien.
Un
saludo y ánimo a toda esta comunidad doliente porque algún día
encontrarán algún remedio para olvidarnos de esta enfermedad.
Rafael
García Ramos.
(ACCU
Coruña nº de socio 9208)
sábado, 13 de noviembre de 2010
OS MEUS CONTOS
SE DEUS NON É, EU NON SON.
PONTE DO PORTO
Sempre me chamou poderosamente a atención as imaxes bulideiras reflectidas sobre as augas do Río Grande da Ponte. Río que mantén viva, no seu eterno subir e baixar, á nosa ria de Camariñas.
Dende neno, cando aquel rapaz fracucho, de pernas incansables e tenaces, pedaleaba porfiado coa súa bicicleta por todo ó longo dunha estrada infernal, ó chegar a Ponte, erguía os seus ollos inocentes na procura dos reflexos da vexetación con que, caprichosas formas tremelucentes sobre as augas, agasallaban ó seu esgotado camiñar, e o facían soñar.
Figuras termadas sobre o rio nun revoltiño harmonioso de tons averdados nacentes na veira da súa canle. Xuncos e espadanas caprichosas, intercaladas pola infinita variedade de matices das herbas e as silveiras acaneadas polo flanquear das aves que aniñaban no seu lugar. Pinceladas de branco das paredes retratadas polas casas, mesturadas por asoballantes ocres de sombras dos nobres castelos e cabazos de mais de corenta pes, que o río sabia calcar, peneirando coas nubes caprichosas formas que xurdían nadando sobre as augas do lugar.
No letargo dos meus pensamentos integrábame, de cheo, como parte da grandiosidade que estaba a contemplar, mergullando a carón dos reos e dos salmóns que, naqueles intres, estaban a remontar a pureza clara entre cantos rodados dun paraíso terreal.
Patos asubiños, garzas, espátulas, ocas, tixeiretas migratorias, galiñetas, praieiras patimarelas, colibrís, birrotes e xílgaros, urracas e martíños pescadores… eran, cada cal cos seus amoedados cantos, os encargados de amenizar a fauna e a flora reinante, xunto coas morniñas brisas enriquecidas de gurgullos do río que, tamén el, quería engadir o seu bulideiro son nos harmoniosos cantares e cores reinantes do lugar.
Ondiñas amoreadas, tendían, en soños, unha alfombra ondulante, mentres amecían á barquiña que estaba á trasladar, no afastamento dos tempos, os restos do Apóstolo Santiago dende a Basílica da Barca. Brazos rudos e curtidos de sete mariñeiros do lugar. Remeiros que remontaban a nosa ría, vogando co ritmo das brisas e os trinos dos paxariños, que acollían a tan ilustre guerreiro, Patrón Maior de tódalas Españas.
Tan so un instante, cun pe na terra e outro no pedal, apoiado nas varandas da ponte milenaria, abondaba para me refrescar o meu corpo canso, e voar como un salmón sobre as augas claras erguendo, de seguido, a bicicleta e proseguir ó meu andar.
Antonio Puertas
PONTE DO PORTO
Sempre me chamou poderosamente a atención as imaxes bulideiras reflectidas sobre as augas do Río Grande da Ponte. Río que mantén viva, no seu eterno subir e baixar, á nosa ria de Camariñas.
Dende neno, cando aquel rapaz fracucho, de pernas incansables e tenaces, pedaleaba porfiado coa súa bicicleta por todo ó longo dunha estrada infernal, ó chegar a Ponte, erguía os seus ollos inocentes na procura dos reflexos da vexetación con que, caprichosas formas tremelucentes sobre as augas, agasallaban ó seu esgotado camiñar, e o facían soñar.
Figuras termadas sobre o rio nun revoltiño harmonioso de tons averdados nacentes na veira da súa canle. Xuncos e espadanas caprichosas, intercaladas pola infinita variedade de matices das herbas e as silveiras acaneadas polo flanquear das aves que aniñaban no seu lugar. Pinceladas de branco das paredes retratadas polas casas, mesturadas por asoballantes ocres de sombras dos nobres castelos e cabazos de mais de corenta pes, que o río sabia calcar, peneirando coas nubes caprichosas formas que xurdían nadando sobre as augas do lugar.
No letargo dos meus pensamentos integrábame, de cheo, como parte da grandiosidade que estaba a contemplar, mergullando a carón dos reos e dos salmóns que, naqueles intres, estaban a remontar a pureza clara entre cantos rodados dun paraíso terreal.
Patos asubiños, garzas, espátulas, ocas, tixeiretas migratorias, galiñetas, praieiras patimarelas, colibrís, birrotes e xílgaros, urracas e martíños pescadores… eran, cada cal cos seus amoedados cantos, os encargados de amenizar a fauna e a flora reinante, xunto coas morniñas brisas enriquecidas de gurgullos do río que, tamén el, quería engadir o seu bulideiro son nos harmoniosos cantares e cores reinantes do lugar.
Ondiñas amoreadas, tendían, en soños, unha alfombra ondulante, mentres amecían á barquiña que estaba á trasladar, no afastamento dos tempos, os restos do Apóstolo Santiago dende a Basílica da Barca. Brazos rudos e curtidos de sete mariñeiros do lugar. Remeiros que remontaban a nosa ría, vogando co ritmo das brisas e os trinos dos paxariños, que acollían a tan ilustre guerreiro, Patrón Maior de tódalas Españas.
Tan so un instante, cun pe na terra e outro no pedal, apoiado nas varandas da ponte milenaria, abondaba para me refrescar o meu corpo canso, e voar como un salmón sobre as augas claras erguendo, de seguido, a bicicleta e proseguir ó meu andar.
Antonio Puertas
martes, 9 de noviembre de 2010
NO CENTRO DO MUNDO? ALGO MENOS
Levaba días sen entrar no blog, por ausencia domiciliaria; e sen escribir, por escasa motivación. As entradas de Antonio, de Andrés L. e de Rafael anímanme a depositar o óbolo para non caer no hades dos ausentes.
Mañá é hoxe
Falaba Andrés GV da parábola do rico epulón e das diversas mesas que se poden compartir. A concesión do premio Príncipe de Asturias da Concordia a Mans Unidas é un recoñecemento a esta ONG fundada hai 51 anos por mulleres de Acción Católica. Como loita contra a fame, hai que incluíla na mesa dos pobres.
No 2009 recadou 54.021.970 €.
Aprobáronse 692 proxectos de desenvolvemento en 58 países:
- 259 proxectos en África.
- 180 en América.
- 253 en Asia e Oceanía.
Os proxectos foron agrícolas (92), educativos (261), de promoción da muller (88), sanitarios (130) e sociais (121).
O lema para o 2011 é "O seu mañá é hoxe". Gabriel Miró escribiu: " O futuro dos nenos é sempre hoxe". Maña será tarde".
Os 50.000 € do premio Príncipe de Asturias serán destinados a reconstruír Haití.
Mañá é hoxe
Falaba Andrés GV da parábola do rico epulón e das diversas mesas que se poden compartir. A concesión do premio Príncipe de Asturias da Concordia a Mans Unidas é un recoñecemento a esta ONG fundada hai 51 anos por mulleres de Acción Católica. Como loita contra a fame, hai que incluíla na mesa dos pobres.
No 2009 recadou 54.021.970 €.
Aprobáronse 692 proxectos de desenvolvemento en 58 países:
- 259 proxectos en África.
- 180 en América.
- 253 en Asia e Oceanía.
Os proxectos foron agrícolas (92), educativos (261), de promoción da muller (88), sanitarios (130) e sociais (121).
O lema para o 2011 é "O seu mañá é hoxe". Gabriel Miró escribiu: " O futuro dos nenos é sempre hoxe". Maña será tarde".
Os 50.000 € do premio Príncipe de Asturias serán destinados a reconstruír Haití.
Concerto sinfónico benéfico
Para celebrar o 50 aniversario Mans Unidas organiza o 20 de novembro un concerto, dirixido por Imma Shara, da Orquestra Sinfónica do Teatro Regio di Parma, no teatro Monumental de Madrid.
A recadación do concerto destinarase a desenvolver 25 aldeas do norte da India.
Existe fila cero para quen queira colaborar:
BBVA. 0182 - 2325 - 08 - 0011344904
Referenza: Concerto benéfico.
Máis información: http://www.manosunidas.org/
Deus existe
Falando de Oviedo, acordeime da lóxica do seu bispo: "Deus existe, e se non, que veña Deus e o vexa".
Se vén, está claro que existe, se non vén é que está moi liado. Esta sexta via da demostración da existencia de Deus non a explicara don Modesto; pero claro, a ciencia avanza...
Una cosiña más
Non pensaba insistir sobre o galego, pero sigo o rebufo do todoterreo de Rafael. Procurarei ler Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüísmo. Grazas pola información e formación.
En Fiopáns creo que soaría mellor o funeral en galego. O problema é que a Igrexa casou coa lingua do imperio e parécelle que cumpre intercalando un Noso Pai ou unha cancionciña. Queda bonito. Así fan os que, nun alarde de graciosa concesión democrática, nos din: "Hasta lueguiño" y "algunha cosiña más", como "cultivar las vaquiñas" (Fernández Albor). Imitan á Señora de Palmírez (Luar) e non se senten parodiados por ela.
Un peregrino máis?
Paréceme que non. A non ser que inventemos a realidade. Quizais viñese como peregrino ilustre, como pastor e como líder político. Tres realidades e unha soa persoa. Ata puido ser o precursor da cicloxénese explosiva e mediática que nos anuncia frío e inverno.
Parabéns para Andrés polos comentarios desde a TVG para a visita a Santiago e a Barcelona. Non me sorprendeu velo neste cometido.
Sorprendéronme, pola contra, as lecturas da misa. A dos Feitos dos Apóstolos e a da Carta aos Corintios insisten na persecución sufrida polos cristiáns. Nesta idea insistiu o Papa desde as alturas, referíndose á España actual: anticlericalismo e laicismo agresivo; persecución comparable á dos anos trinta.
A pasaxe do Evanxeo de san Mateo refírese á vocación de servizo: "para servir e non para ser servido". Esta mensaxe parece contraditoria coa das imaxes vistas.
Agradecería que alguén me aclarase se as lecturas correspondían á liturxia do día ou se foron seleccionadas adrede.
Ante tantísimas medidas de seguridade, que seguramente asustaron aos fieis: 6.000 axentes armados, gardas do vaticano, cazas do Exército español escoltando o avión papal..., a divina Providencia e os santos Anxos da Garda non saen ben parados.
Pese ao dito sobre o galego no funeral, é de agradecer que a nosa lingua tivese algunha presenza, aínda que fose testimonial. Conténtome con pouco. Como defendo todas as linguas, gustoume a misa trilingüe, ou mellor multilingüe.
Quedan moitos aspectos doutrinais e visuais que se poderían comentar. Espero que outros opinen sobre este psunami da fe que mollou o finis terrae.
Saúde e saúdos.
Eduardo Seco.
domingo, 7 de noviembre de 2010
AS MIÑAS POESÍAS
Domingo gris, pos-papal, segue o voso martirio:
EL PUERTO DE LA VIDA
Se envalentonan las olas cuando llegan de la mar,
rendidas caen por tierra, a donde a ella han de llegar.
Tienden su alfombra blanca, para que en sueños veas pasar
las hojas de un cuento que habla de historias que tiene la mar.
Hablan que llegan de lejos, de otras tierras las oyes hablar,
de los barcos que en ella quedan, faenando en alta mar,
y de otros que traspasaron las fronteras de su caminar.
Hablan de un ancho cielo donde vieron estrellas brillar,
y de un azul que engalana las historias que hablaban del mar…
hablan de su grandeza, de su furia y de su paz.
…De náufragos y galernas, de muerte y vida al pasar,
de miserias y riquezas que en ella has de encontrar.
Ante el ocaso aparecen las naves que han de arribar,
anclando su barca al puerto a donde al fin has de llegar.
Antonio Puertas
EL PUERTO DE LA VIDA
Se envalentonan las olas cuando llegan de la mar,
rendidas caen por tierra, a donde a ella han de llegar.
Tienden su alfombra blanca, para que en sueños veas pasar
las hojas de un cuento que habla de historias que tiene la mar.
Hablan que llegan de lejos, de otras tierras las oyes hablar,
de los barcos que en ella quedan, faenando en alta mar,
y de otros que traspasaron las fronteras de su caminar.
Hablan de un ancho cielo donde vieron estrellas brillar,
y de un azul que engalana las historias que hablaban del mar…
hablan de su grandeza, de su furia y de su paz.
…De náufragos y galernas, de muerte y vida al pasar,
de miserias y riquezas que en ella has de encontrar.
Ante el ocaso aparecen las naves que han de arribar,
anclando su barca al puerto a donde al fin has de llegar.
Antonio Puertas
jueves, 4 de noviembre de 2010
MIS POESIAS
Como disque dixo Fernando Ledo que hai moitos que saben ler, pero inda non aprenderon a escribir,( palabras textuales de Rafael )...téndela clara, porque hen de acabar con vos...
A pregunta que me fas do resultado final do meu netiño, pois resulta que, como sabes eran mais de 650 participantes.Quedou de octavo ( osea pasou pa selección final, onde o xurado elixío a dous), xa non sei mais nada, porque non foi seleccionado. A miña filla di que o rapaz que ganou ten seis anos, e o noso inda é moi cativo, con dous aniños ( parece ser que os queren un pouco mais velliños).Grazas polo interés.
E, aora,vaivos o voso castigo:
UNA NOCHE NEGRA
Insistente llamaba, gélida y pálida,
Ojos de mujer, tizones del alma,
Una noche negra frente a mi ventana.
Rostro balbuciente que la lluvia desgarra,
Grito insistente que el silencio lo calla.
Se coló en mi alcoba una negra mirada
Cruzando los cristales sin decir palabra…
Estrellas caminantes que del viento escapan,
Cubriendo van de sombras bajo luz de luna clara.
Corceles errantes y siluetas aladas
Aúllan con los lobos, lapidan con el alma.
Remolino del agua que el viento lanza,
Un mal que no conozco, oculto en su alma,
Una noche negra frente a mi ventana.
Huyó con su silueta una buena mañana,
Al abrir el día que a la noche encerraba,
En el mal de amores, mi alcoba la guarda.
Antonio Puertas
A pregunta que me fas do resultado final do meu netiño, pois resulta que, como sabes eran mais de 650 participantes.Quedou de octavo ( osea pasou pa selección final, onde o xurado elixío a dous), xa non sei mais nada, porque non foi seleccionado. A miña filla di que o rapaz que ganou ten seis anos, e o noso inda é moi cativo, con dous aniños ( parece ser que os queren un pouco mais velliños).Grazas polo interés.
E, aora,vaivos o voso castigo:
UNA NOCHE NEGRA
Insistente llamaba, gélida y pálida,
Ojos de mujer, tizones del alma,
Una noche negra frente a mi ventana.
Rostro balbuciente que la lluvia desgarra,
Grito insistente que el silencio lo calla.
Se coló en mi alcoba una negra mirada
Cruzando los cristales sin decir palabra…
Estrellas caminantes que del viento escapan,
Cubriendo van de sombras bajo luz de luna clara.
Corceles errantes y siluetas aladas
Aúllan con los lobos, lapidan con el alma.
Remolino del agua que el viento lanza,
Un mal que no conozco, oculto en su alma,
Una noche negra frente a mi ventana.
Huyó con su silueta una buena mañana,
Al abrir el día que a la noche encerraba,
En el mal de amores, mi alcoba la guarda.
Antonio Puertas
miércoles, 3 de noviembre de 2010
Óbolo comunicativo (RGR)
Queridos
amigos:Hai quince días,mais ou menos, que non me sento ante o
computador con ganas de escribir algo agás a crónica de urxencia
das exequias do finado Varela Pisco(d.e.p.).Hoxe toca facelo senón,
un día por outro,o tempo pasa é nunca hai xeito. O compañeiro
Fernando Ledo motivoume moito para que seguísemos escribindo. Di
que este blog ten ,e cónstalle, moitos lectores pero
activamente,sabendo facelo, son poucos os que dan o paso a deixar
algo colgado para que os demais o poidan ler. Esperemos que algún
dia se animen. A esperanza non debe perderse.
Titulei
deste modo esta entrada porque onte foi día de defuntos e segundo
nos teñen comentado os profesores en Belvís de Latín ou
Grego,cando tocaba falar da mitoloxía,aos defuntos acompañábaos no
enterramento unha moeda debaixo da lingua para pagarlle a Caronte a
pasaxe para atravesar o río Aqueronte. Se non tiña a moeda podía
esperar mais de cen anos para que Caronte os levase de balde a outra
ribeira do río. Alí estaba a porta do Hades vixiada e controlada
polo can Cerbero, para que non saísen os mortos nin entrasen os
vivos,que tiña tres cabezas e o rabo era unha cóbrega.
Xa
vedes que ven de vello a unión entre o mais alá e os cartos. O
catolicismo,como ben nos ten explicado Eduardo, contaxiouse deste
substrato mítico e pagán prehistórico para reconverter os
usos,mitos e costumes que se transmitían por tradición dunhas
xeracións a outras de pagán en cristián.
Conforme
vos deixei dito rematei onte de ler o libro :” Estudos Xurídicos
sobre o decreto para o plurilingüismo”que
coordinou Luis Villares Naveira. Edítao Laivento na colección de
ensaio 2010.
Atopei un libro moi técnico,pero ao meu modo de ver
moi certeiro e cunha arquitectura xurídica moi sólida .A
argumentación xurídica está ben armada. Poucos decretos que se
teñan impugnado ante os tribunais mediante un recurso
contencioso-administrativo foron tan estudados e mereceron unha
análise tan profunda desde todas as perspectivas como fai o
coordinador Luis Villares, na actualidade leva o xulgado de primeira
instancia da Fonsagrada, desde a perspectiva constitucional. Remata
concluíndo que o Decreto e ilegal por atentar contra o principio de
xerarquía normativa entre outras infraccións. Contraría os
estatuto de Autonomía de Galicia e mais a Lei de Normalización
lingüística e outras disposicións da Unión Europea sobre
protección de Linguas Minoritarias. Si unha proposta e
inconstitucional polo mero feito de que sexa unha proposta electoral
non a converte por ese feito en constitucional-
A profesora Alba Nogueira,titular de Dereito
Administrativo da Universidade de Santiago, estuda a incidencia da
Carta de Linguas Minoritarias na programación do sistema educativo
concluíndo igualmente que o Decreto se aparta do que alí se
establece.
O
catedrático de Dereito Administrativo na Universidade nosa da
Coruña,Carlos Amoedo Souto, recentemente nomeado Secretario da
mesma, fai un estudo desde un punto de vista, nada estudado, como é
a comprensión xurídica da lingua galega como ben cultural. Para nós
o galego e mais ca unha lingua,é patrimonio propio dos galegos e o
que non o vexa así hai que dicirlle aquilo de Castelao:hai
cousas que non se senten no bandullo,
senón no corazón e na cabeza.
A Maxistrada Dalila Dopazo,que no seu destino,no
xulgado de Caldas de Reis,se caracterizou polo uso do galego nos
procedementos xudiciais e no trato con procuradores,avogados e
solicitantes de xustiza, agora esta destinada en Santa Coloma de
Gramanet (Barcelona) analiza a evolución histórica da lexislación
no ensino para concluír a quebra da progresividade no proceso de
normalización lingüística
Os restantes colaboradores seguen analizando o
devandito Decreto chegando a conclusión de que tanto que se mire
polo dereito como polo revés non hai por onde collelo e menos a
controvertida pregunta que se lle fai aos pais en educación infantil
que non ten habilitación legal nin competencial de ningún tipo.
Supoño que a sentencia se ditará dentro de catro anos ou mais e
para entón xa teremos outros gobernantes con mais cariño pola nosa
lingua. Estes xa melloraron moito e causaron unha meirande conciencia
na maioría dos galegos. Non hai ben ou mal que por mal ou ben non
veña.
Pouco
a pouco funme estendendo e xa haberá que por o punto final. Nestes
días que estamos a punto de recibir a visita do Papa hai moitos
comentarios e, pese a indiferenza en que deixa a moitos, e as
distintas manifestacións a favor que se fan e tamén algunhas en
contra a min a análise que atopei mais racional e a que aparece
nesta dirección http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/
dun profesor de dereito eclesiástico.
Por hoxe mais nada. A Puertas teño que felicitalo polo
conto último que nos deixou que ten unha fabulación moi bonita.
Ánimo para seguir escribindo e xa nos terás informados da sorte que
correu o teu netiño no concurso. Para Amboage que non nos esqueza
agora que resplandecen e brillan os alóxenos no salón domiciliario
segundo nos comentou. Para todos saúde e saúdos.Rafael
lunes, 1 de noviembre de 2010
OS MEUS CONTOS
UN HOME CON DOUS MIOLOS
Era un día cru de inverno e, as xentes da aldea, corrían de casa en casa, pa anunciar a tódolos veciños a ledicia que supoñía no rueiro o nacemento de un neno varón.
Acontecementos así, eran sempre ben recibidos por aquelas humildes xentes dado que, o lugar, contaba con moi poucos veciños e, as vellas casas, estaban a quedar valeiras. Eran moitos os que emigraban con rumbo as amaricas, e, moitos mais, os mortos que tiña que soportar aquel pobo.
A noticia, pouca o ningunha transcendencia ía a ter de por si. Mais ben, aquel feito, sería una boa nova que apenas ía a incrementar o censo electoral, e, unicamente, ía a engadir uns poucos choros mais que se confundirían cos dos seus avasalados e sufridos habitantes. A singularidade d´aquel caso, mais ben, asomaría nun futuro non moi afastado.
Transcorridos aqueles primeiros meses, pronto se convertería aquel rapaciño no principal e único tema de conversa en toda a comarca do Finis Terrae, chegando, inclusive, a traspasar os lindeiros territoriais e a espallarse, como unha borraxeira de mar, polos mais recónditos lugares da nosa xeografía bérica.Era un caso de tal rareza o que se estaba a producir, que ía a converterse en único e irrepetible, estudado polos mais clarividentes profesionais da psicoloxía contemporánea, e, comentado como un fenómeno universal, digno dunha película de Alfred Hitchcok.
Os seus pais, moi pronto, se darían conta de que a conduta d´aquela criatura era tan estrafalaria, que decidiron contactar con un dos mellores menciñeiros de moita sona na comarca, a quen acudían, por aquel entón, xentes de tódalas clases sociais, para requerir os seus servizos. Non precisou de moito esforzo e, axiña, emitío o seu diagnóstico: este neno ten dous miolos. Pasaron os anos e, aquel rapaz, mozo xa, fracasado na vida, seguramente por mor do seu padecemento, era vítima da súa incomprendida conduta, e, todo o mundo, arredaba del. Ninguén o quería contratar para desenrolar un traballo, nin manter con el un lazo de amistade. Dese xeito, buscou consolo na bebida, e pasaba os días na taberna do lugar.
O “ tintorro “ baixaba pola súa gorxa do mesmo xeito que, a súa doenza ía “in crescendo “ ata resultar insoportable a súa presencia na parroquia.
Ante este panorama e, como a cousa ía a peor, os seus proxenitores, decidiron acudir aos mellores especialistas en medicina psiquiátrica, e, alá tomaron o Castromil rumbo a Santiago, decididos a presentar o seu problema e o do seu fillo ante o mellor especialista que, por aquel entón, rexentaba sabiamente o manicomio de Conxo.
Foi sometido a todo tipo de probas e estudios por parte dun equipo médico especializado, acudindo este, inclusive, a solicitar axuda da Stanford University dos Estados Unidos de Amarica. Todos, absolutamente todos, coincidiron con aquel menciñeiro que había dado no cravo dende o primeiro día, engadindo o mundo da ciencia, algo novo e mais sorprendente , se cabe, que non so levaba dos miolos, si non que, ademais, estaban partidos en catro hemisferios ( ou metades), interconectados entre si. Uns, pola banda de estribor ,e, outros dous, tirando pa babor ( por usar terminoloxía mariñeira) con unha especie de fiúnchos ramificados con polos positivos e polos negativos, conectados directamente con ambolos dous miolos. De aí, podíanse explicar as reaccións e os arrebatos d´aquel homiño, cando se lle cruzaban os cables.
Casos curiosos, como que choraba e ría o mesmo tempo, berraba e calaba de súpeto, andaba pa diante e pa tras, rezaba e xuraba de seguido…En tempo de eleccións, corría como un tolo coas dúas mans en horizontal cara o fronte, portando unha papeleta das esquerdas na man dereita ,e unha papeleta de dereitas na man esquerda, cabreándose con elas porque as súas apéndices chegaban o mesmo tempo a depositar os seus contraditorios votos.
Nos días de borracheira, era un verdadeiro espectáculo velo xesticular el so, andando pa diante e pa tras, e virando en redondo en ámbolos dous sentidos. Un verdadeiro remuíño ataba e desataba as súas ideas e pensamentos, sen rumbo definido, que moito dou que falar.
Antonio Puertas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
