Queridos
amigos:Hai quince días,mais ou menos, que non me sento ante o
computador con ganas de escribir algo agás a crónica de urxencia
das exequias do finado Varela Pisco(d.e.p.).Hoxe toca facelo senón,
un día por outro,o tempo pasa é nunca hai xeito. O compañeiro
Fernando Ledo motivoume moito para que seguísemos escribindo. Di
que este blog ten ,e cónstalle, moitos lectores pero
activamente,sabendo facelo, son poucos os que dan o paso a deixar
algo colgado para que os demais o poidan ler. Esperemos que algún
dia se animen. A esperanza non debe perderse.
Titulei
deste modo esta entrada porque onte foi día de defuntos e segundo
nos teñen comentado os profesores en Belvís de Latín ou
Grego,cando tocaba falar da mitoloxía,aos defuntos acompañábaos no
enterramento unha moeda debaixo da lingua para pagarlle a Caronte a
pasaxe para atravesar o río Aqueronte. Se non tiña a moeda podía
esperar mais de cen anos para que Caronte os levase de balde a outra
ribeira do río. Alí estaba a porta do Hades vixiada e controlada
polo can Cerbero, para que non saísen os mortos nin entrasen os
vivos,que tiña tres cabezas e o rabo era unha cóbrega.
Xa
vedes que ven de vello a unión entre o mais alá e os cartos. O
catolicismo,como ben nos ten explicado Eduardo, contaxiouse deste
substrato mítico e pagán prehistórico para reconverter os
usos,mitos e costumes que se transmitían por tradición dunhas
xeracións a outras de pagán en cristián.
Conforme
vos deixei dito rematei onte de ler o libro :” Estudos Xurídicos
sobre o decreto para o plurilingüismo”que
coordinou Luis Villares Naveira. Edítao Laivento na colección de
ensaio 2010.
Atopei un libro moi técnico,pero ao meu modo de ver
moi certeiro e cunha arquitectura xurídica moi sólida .A
argumentación xurídica está ben armada. Poucos decretos que se
teñan impugnado ante os tribunais mediante un recurso
contencioso-administrativo foron tan estudados e mereceron unha
análise tan profunda desde todas as perspectivas como fai o
coordinador Luis Villares, na actualidade leva o xulgado de primeira
instancia da Fonsagrada, desde a perspectiva constitucional. Remata
concluíndo que o Decreto e ilegal por atentar contra o principio de
xerarquía normativa entre outras infraccións. Contraría os
estatuto de Autonomía de Galicia e mais a Lei de Normalización
lingüística e outras disposicións da Unión Europea sobre
protección de Linguas Minoritarias. Si unha proposta e
inconstitucional polo mero feito de que sexa unha proposta electoral
non a converte por ese feito en constitucional-
A profesora Alba Nogueira,titular de Dereito
Administrativo da Universidade de Santiago, estuda a incidencia da
Carta de Linguas Minoritarias na programación do sistema educativo
concluíndo igualmente que o Decreto se aparta do que alí se
establece.
O
catedrático de Dereito Administrativo na Universidade nosa da
Coruña,Carlos Amoedo Souto, recentemente nomeado Secretario da
mesma, fai un estudo desde un punto de vista, nada estudado, como é
a comprensión xurídica da lingua galega como ben cultural. Para nós
o galego e mais ca unha lingua,é patrimonio propio dos galegos e o
que non o vexa así hai que dicirlle aquilo de Castelao:hai
cousas que non se senten no bandullo,
senón no corazón e na cabeza.
A Maxistrada Dalila Dopazo,que no seu destino,no
xulgado de Caldas de Reis,se caracterizou polo uso do galego nos
procedementos xudiciais e no trato con procuradores,avogados e
solicitantes de xustiza, agora esta destinada en Santa Coloma de
Gramanet (Barcelona) analiza a evolución histórica da lexislación
no ensino para concluír a quebra da progresividade no proceso de
normalización lingüística
Os restantes colaboradores seguen analizando o
devandito Decreto chegando a conclusión de que tanto que se mire
polo dereito como polo revés non hai por onde collelo e menos a
controvertida pregunta que se lle fai aos pais en educación infantil
que non ten habilitación legal nin competencial de ningún tipo.
Supoño que a sentencia se ditará dentro de catro anos ou mais e
para entón xa teremos outros gobernantes con mais cariño pola nosa
lingua. Estes xa melloraron moito e causaron unha meirande conciencia
na maioría dos galegos. Non hai ben ou mal que por mal ou ben non
veña.
Pouco
a pouco funme estendendo e xa haberá que por o punto final. Nestes
días que estamos a punto de recibir a visita do Papa hai moitos
comentarios e, pese a indiferenza en que deixa a moitos, e as
distintas manifestacións a favor que se fan e tamén algunhas en
contra a min a análise que atopei mais racional e a que aparece
nesta dirección http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/
dun profesor de dereito eclesiástico.
Por hoxe mais nada. A Puertas teño que felicitalo polo
conto último que nos deixou que ten unha fabulación moi bonita.
Ánimo para seguir escribindo e xa nos terás informados da sorte que
correu o teu netiño no concurso. Para Amboage que non nos esqueza
agora que resplandecen e brillan os alóxenos no salón domiciliario
segundo nos comentou. Para todos saúde e saúdos.Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario