Hai cáseque un mes que
o pluricompañeiro Enrique Vázquez Pose me encomendou, mediante un
correo, que colase no Blog esa foto comparativa que me mandou. Digo
pluricompañeiro porque son varios os títulos de compañeiro que nos
une: San Martiño Pinario,Profesor de Secundaria,Licenciado en
Dereito e o de amigo agradecido polo ben que rexenta o departamento
do audiovisual.
No primeiro momento que
abrín o correo non o fixen e hoxe que me puxen a facer limpeza,
tirando a papeleira tantas mensaxes non desexadas e inútiles, e
seguindo unha máxima ditada pola experiencia, de antes de romper
ningún papel ou mensaxe asegurarse do seu contido,encontreime con que
non debía tirala a papeleira senón poñela no seu sitio que non é
outro mais ca este seguindo o encargo de Enrique.
No referido correo facía
constar que na de este ano falta o seu primo,compañeiro de pupitre
de Agustín Dios, Doval Pose,que asistiu á comida pero non saíu na
foto por ter que atender unha urxencia fisiolóxica. O que demostra,
ao seu criterio,o acerto de aquel dito de que: o que se move nos sae
na foto.
Pois aí queda para
admiración de quen a queira mirar. Con atraso pero cumprín,
Enrique. Espero que noutras encomendas que me fagas ser mais
dilixente: Como un bo pai de familia ou un ordenado comerciante que
eran os paradigmas da corrección xurídica no Código Civil e de
Comercio.(Esta é xerga de letrados: como o barallete dos canteiros).
Mais nada compañeiros todos e como exercicio para a próxima clase
facede unha foto coa imaxinación de como será a do 2020.Se alá
chegarmos. Rafael
N.B.Para os non moi prácticos nestas lides:Hai que facer clik na foto para vela mais grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario