Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 28 de febrero de 2014

...Que ninguen esqueza que estamos no antroido:
UN QUILO DE MERCANCÍA

“ In illo tempore “, ninguén coñecía o que era o asfalto. As rúas de terra ateigadas de pedrolos espallados de calquera xeito, semellaban a munición de ancestrais liortas entre veciños. E, así, permanecían impertérritos convivindo apetuñados nas corredoiras, de xeración en xeración.

Todos eran coñecedores do lugar exacto onde estaban os mais sobresaíntes apósitos, que invadían envurullados a escuridade, facendo miga coas meigas dos nosos rueiros.

Os pandullos, dende xamais foran motivo de accidentes graves, salvando aqueles producidos polo etílico exterminador; a quen, moitos, estaban a poñer como escusa dos seus aterraxes en picado, por causa da evidencia cantante nos apéndices dos seus fuciños.
Non foran, pois, eles, o motivo principal do varear dunhas pernas vacilantes. Se non, mais ben, que tiñan raíces mais profundas, coa orixe en mentes alumadas polas tabernas do pobo.
A gran maioría, estaban afeitos a camiñar na compaña das sombras á feble luz do candil, sorteando os atrancos con pasos firmes, e acomodando a marcha, segundo ía ondulando o terreo; que, en definitiva, era quen marcaba o ritmo dos seus andares.

Dende logo, foi moito mellor así. Tanto o cemento coma o asfalto, houberan suposto unha verdadeira desfeita pa unha poboación arrepañada de modernidade.

Explícome: nun altísimo porcentaxe dun noventa e nove por cento, as casas non tiñan sanitarios;  nin as xentes atopaban modo pa descarga-la mercancía inflada cos berberechos da Area da Vila, dun xeito íntimo e confidencial. Polo tanto, a bacía intestinal fermentaba, nun “ tótem revolutum “ coas augas nutrientes da fonte Barreira, e as concas de tinto mesturadas na taberna de Braulio, ata lograr un caldo  esfarrapado polas rúas, típico dunha denominación de orixe.

E, así, aquela lameira agradecida, fora a cómplice, encargada de chupa-los sabores propios dos manxares mais exquisitos, pousados, en tempo e hora, por un colectivo descontrolado ao pe das súas casas.

O asfalto, houbera sido, pois, unha especie de máquina aceleradora en dias torrenciais de invernía, que ía causar, tal vez, innumerables inundacións en tascas e cortellos do lugar, por non contar as nosas rúas con sumidoiros ou canos de desaugue.

Cada quen gozaba a súa maneira da fragrancia dun chan humedecido… Ata que, os ventos do Nordés, levaban pos muxiáns as nosas propias esencias, deixando as corredoiras resecas ca codia sobranceira apegada polo vento.

Cando a situación premía, ou precisaba calma, gozabas daquel zume afrodisíaco no plácido sosego da noite; i, entón, os esquecidos pelouros, servían de panca de apoio, en tempo limitado, segundo a paciencia ou a presa esixida en cada caso.

Porén, a traxedia asomaba furibunda, cando confundía-lo cagote cun cándido pandullo desfigurado no medio das sombras. Entón, unha sarta de xuramentos alborotaban a paz das corredoiras, maldicindo ao causante daquela desfeita; quen, en moitas ocasións, coincidía co propio acugulado cagán, autor, dias antes, daquela fofa lambada.

Nos interiores das vivendas, as cousas funcionaban bastante ben. Os penicos enchíanse de contado, e con igual prema, baleirábanse axiña, sorteando o fachinelo das portas entreabertas…” Auja vai “

Esas ancestrais condutas,  foran causa, non poucas veces, de diversos baños intempestivos pa moitos sosegados transeúntes, quen, fuxían sen rosmar empapados de perfumes, perdéndose polos recunchos da escuridade coma sombras a luz do candil… E, no medio dun bramar de maldicións, seguían expostos a novas chuvieiras, en tanto non finase o aseo das mañanciñas, ou procurases amparo, lonxe dos rueiros madrugadores.

A cousa chegou a tal extremo, que tivera que intervir a autoridade competente, proclamando un Bando ,que lera saltarica Pía Maior, deste xeito:

- Os homes feitos e dereitos, terán que pedir vez pa alixeira-lo bandullo no lugar da Carnicería. Alí,  asináraselle o seu sitio e a súa hora, por orde de dependencia; considerado ese sitio o mais axeitado pa tales mesteres en situacións coma estas.
As mulleres e os nenos, quedan exentos de control - de momento- … sempre e cando axeiten  posicións  decorosas e responsables, acordes coas boas costumes que marca a nosa santa nai igrexa. Polo tanto, poden seguir envorcando coma sempre ao pe das súas casas.
Os tempos caralláns que estamos a vivir, esixen medidas contundentes, pa tratar de conter esta peste pasaxeira, coa orixe, mais que probable, nos doentes berberechos da Area da Vila. - Dixi -
 Asinado, o señor Alcalde -

Mais, coincidindo coas mareas vermellas, a cousa fóiselle das mans. O rebumbio fora tal, que, o propio Concello, veuse na obriga de fiscaliza-la situación mediante tickets numerados, que, o propio experto funcionario ía facilitando aos asistentes…  Igualiño, que, hoxe en dia, fan moitas institucións deste país.

E, pa poñer orde naquel barballeiro estado de cousas,  mesmo pa que ninguén tratara de burlar as ordenanzas, colando algún rapaceiro inmaturo, calculábase medida e peso. O QUILO, era o mínimo esixido que, un home feito e acugulado, tiña que soltar. E, a medida, era a distancia en brazos abertos suficiente, en tempo limitado, pa evitar trafulcas e liortas  imprecisas, que puideran sublevar aos aliñados.

O toque de queda, expiraba coa xornada laboral do persoal contratado.

De tódolos xeitos, pa controlar mellor aquel touporroutou, aconsellaban aos homes pasa-lo dia pescando a carón do Vilán de Fora.

Antonio Puertas

¡ Si  vieras cómo brinca el río cuando nace en la cordillera !
¡ Si vieras cuán roto y cristalino baja por la ladera !
¡ Si vieras cómo, manso, entre sombras de prados y robledas,
o, entre los chopos y los sauces, serpentea !… ¡ si lo vieras !
…huyendo siempre de su cuna, en busca de su mar eterna.

¡ Si vieras rodar la rueda de mi molino !…¡ si la vieras !
… ¡ y saltar el trigo, brotando la harina de la molienda;
 o ronronear los ejes nobles de su recia madera !
¡ Si vieras cómo, silencioso, discurre por la arboleda
bajo el verde plateado del olmo con luz de pradera !

¡ Si vieras cómo, bullicioso, entra en las fauces de las piedras,
y, mansa espuma amotinada tintinea en la vereda !
…¡ o cómo canta la alondra y se despierta la luciérnaga !
¡ Si vieras la noche estrellada, mientras descansa la aldea !
¡ Si vieras lo que yo vi junto al viejo molino de piedra !
Antonio Puertas.



jueves, 27 de febrero de 2014

DEBATE SOBRE EL ESTADO DE LA NACIÓN
Cada día tengo más claro que para ejercer de gestor público hacen falta estas condiciones básicas: la actitud (y aptitud) para buscar el Bien Común; y la Voluntad de Verdad ( en íntima conexión con las anteriores.) Pues bien-una vez más-ni unas ni otra cualidades observé en el “Debate” del Estado de la Nación.
Yo creía que debate es sinónimo de controversia y que tales actividades implican voluntad de “ver” y evaluar las razones del otro para tratar de encontrar en común la solución para el bien general que-supuestamente -se busca desde la conciencia de las propias limitaciones y miopías. En su lugar constaté: el empecinamiento de los partidos mayoritarios en no reconocer las propias culpas en la generación y desarrollo de la hecatombe económica y social presente-en medio de omisiones, verdades a medias y mentiras manifiestas; y el repetitivo y hastiante “tú más”-utilizado como mecanismo de autoprotección. Vi a los partidos minoritarios-revestidos de la túnica de inocencia que proporciona la lejanía del poder-decirle notables verdades al jefe del ejecutivo; y las respuestas displicentes-desde una actitud altanera-de quien se cree revestido de una superioridad proporcionada por la mayoría absoluta en la Cámara; como si la hubiesen obtenido tras debates sinceros y honestos, con razonamientos traducibles en realizaciones verificables, y no por el uso masivo de la publicidad y la propaganda despersonlizantes. Vi a todos hablar para la  ”galería”; y los percibí instalados cómodamente en el mismo “polideportivo”. No les vi apuntar-en ocasión tán singular-a los cambios estructurales que afectarían a la concepción de la economía, de las instituciones; a los comportamientos y a los instrumentos de control para evitar en el futuro crisis como la que nos atosiga: el mal gobierno, la arbitrariedad e incompetencia de los gestores, la corrupción; la (i)rresponsabilidad social de políticos, empresarios y banqueros, que les permite mantenerse en el camino trillado del “ladrillo”  y el turismo como manera fundamental de organizar la producción…No les oí proponer reformas constitucionales que favorezcan tales remedios, ni cambios legislativos de calado.  Aprecié-junto a intentos de “barrer para casa”- “parches”, propuestas de medidas puntuales-genéricas y conformistas con el sistema-que además de revelar falta de ideas están lejos de conectar con las necesidades perentorias de la ciudadanía.

Yo le pido al sr Rajoy que retire su hipócrita gratitud por mi  “contribución” a la salida de la crisis. No es voluntaria sino forzada. Usted no solo me ha tocado el bolsillo como jubilado. Ha desacreditado el estado de derecho con su comportamiento. Por que, además de hacer lo contrario de lo que prometió-a conciencia de que mentía-habiendo cumplido yo mi parte del trato, a saber: cotizar para que otros tuviesen su pensión, usted me arrebató un derecho adquirido a percibir la propia en concordancia con el IPC, mientras favorece-a mi costa-a los actores necesarios del desastre, al tiempo que se prepara-según dicen los expertos-para salvar mediante un nuevo banco malo, esta vez, a los empresarios. En los males: “todos hermanos”. En la abundancia: “sálvese el que `pueda”. ¿Marca España, por una parte, y ética capitalista, por otra? 
Andrés L. Amboage

miércoles, 26 de febrero de 2014

 
ESPAÑA: Unha Grande Chea
Coplas de entroido

Este ano ben tardaron
as festas de Carnaval,
Pero por fin xa chegaron
para ben ou para mal.

Entre chuvias e borrasca
está aquí con vendavais:
o Entroido xa se masca,
prepárense os comensais.

O banquete está servido:
para empezar, corrupción,
máis traballo destruído,
filloas de mel con ron.

Tes en Suíza unha conta?
emprega ben a cabeza;
se non es persoa tonta,
podes evadir riqueza.

“Pagade con devoción,
meus queridos sufridores”.
Oímos este sermón
aos grandes estafadores.

Aprende ben a lección:
“Eu son o que rouba agora
por democrática opción”.
Non protestes, colabora.

Protesta, non dá igual,
por mangantes afamados,
que sen estar en Carnaval
andan moi ben disfrazados.

Monta tanto, tanto monta
na festa da corrupción?
Estatísticas dan conta
de certa desproporción.

Patriotas por aquí,
bancos suízos por alá.
A Facenda pagas ti,
España é un maná.

É hora xa de aterrar
na nosa historia local:
dous anos para borrar,
que o pasamos moi mal.

No Concello santiagués
andan algo mosqueados:
por facturas, pagarés,
case todos imputados.

Ten bo ollo o Presidente
na elección do Goberno:
montado en preferente,
lévanos a un inferno.

Recortes en Sanidadde,
tamén en Educación.
Manifas en liberdade
e florece a represión.

A repetida mentira
non é verdade, abofé.
Como máximo aspira
a programa do pepé.

Maxistrados e xuíces
téñeno moi complicado:
quen mete algo os narices,
con celo é retirado.

Orellas e costeleta,
tempo de chea e fartura;
despois faremos a dieta
para reducir cintura.

Viva a Coresma sufrida!
Arrriba, Entroido carnal!
Causan algunha ferida,
en loita moi desigual.

Os velliños desta Quinta
sómosche moi asisados:
para escribir non hai tinta,
estamos ben xubilados.

O enterro da sardiña
merece unha oración.
anque pecados non tiña,
rezade con devoción!

Ledaíñas da sardiña,con tripa e espiña; de nova xoubiña
- San Xoán. A sardiña molla o pan.
- Nosa Señora da Asunción. Cómeas con moderación.
- San Martiño. Acompáñense con viño.
-Nosa Señora da Lanzada. Está boa en empanada.
- San Alberte. Na praza penso venderte.
- Santa Rosa. A sardiña é deliciosa.
- Santa María. Non está moi boa fría.
- Santa Marta. Non quero máis, estou farta.
- Nosa Señora das Dores. As prateadas, mellares.
- Santa Lucía. Máis ricas son as da ría.
- Santa Cristina. Tamén se cría en piscina.
-Todos os santos e santas do ceo. Come sardiñas arreo.

Saúdos e que vos aproveite.
Eduardo.

lunes, 24 de febrero de 2014

BOA MANEIRA DE PAZSAR O TEMPO SE NON HAI MELLOR COUSA QUE FACER

Mandáronme unhas direccións de videos que se logrades velos, como eu vin algún, é un auténtico relax cando nos hai ningunha obriga que cumprir.Aí queda por se a alguén o mira: 

SON LARGOS, HE VISTO ALGUNOS Y SON UNA MARAVILLA.
Toda España desde el aire.  

01 - El norte del camino (Guipúzcoa, Bizkaia y Cantabria)
http://youtu.be/daz_ELj-GI4

02 - Camino de perfección (Cantabria, Asturias, Lugo y A Coruña)
http://youtu.be/Z0Zv_wTOHr4

03 - El Canto De Orfeo (Pirineos - Girona, Barcelona y Lleida)
http://youtu.be/eRc4uLZ2PLk

04 - Picos De Leyenda (Pirineos - Huesca)
http://youtu.be/G57NjwBrwb8

05 - Valles Misteriosos (Navarra y Guipúzcoa)
http://youtu.be/Gj86vhiKacI

06 - Galicia, donde da la vuelta el aire (Pontevedra - A Coruña)
http://youtu.be/QPyUYNk-beU
07 - El mundo más allá del fin del mundo (A Coruña)
http://youtu.be/fN-Z9GE7DH4
08 - Pazos, Señores, Reyes y Brujas (A Coruña y Lugo)
http://youtu.be/aO45UdXaovk
09 - La Mancha, por los siglos de los siglos (Toledo, Ciudad Real,
Cuenca y Albacete)
http://youtu.be/vhU7fuSY6ZM
10 - Tajo, Río mayor de España (Río Tajo - Cuenca, Guadalajara, Toledo
y Madrid)
http://youtu.be/jbxSnFe_sWY

11 - La canción del Tajo (Toledo, Talavera de la Reina y Cáceres)
http://youtu.be/BHkjCklmuZo
12 - En el nombre de Íbero (Cantabria, Burgos, La Rioja y Araba)
http://youtu.be/IrGsGAo4dEA
13 - Padre Ebro (Río Ebro - Navarra, Zaragoza y Tarragona)
http://youtu.be/h-MkGHBMo-8
14 - Un río de leyendas (Soria y Burgos)
http://youtu.be/YZvb0jAaftI
15 - Susurrando Romanceros (Río Duero - Valladolid, Zamora y Salamanca)
http://youtu.be/U1Cm8Gxmo_c
16 - Entre Olivos (Andalucía - Río Guadalquivir - Jaén y Córdoba)
http://youtu.be/oxLHGX4ux8E
17 - Hacias las marismas (Córdoba y Sevilla)
http://youtu.be/gW4jdM-zTr4
18 - El Río de las Nieves (Andalucía - Río Genil - Granada, Sevilla y
Córdoba)
http://youtu.be/eFsFJSHL4Sw
19 - Una costa muy brava (Costa Mediterránea - Girona, Barcelona y
Tarragona
http://youtu.be/GeVwt55RSGs
20 - Con Mar de Levante (Castelló, València y Alacant)
http://youtu.be/dKLo1k9NBvM

21 - El sur también existe (Murcia, Almería, Granada y Málaga)
http://youtu.be/qJ9RgKh6ERY
22 - El sur del sur (Cádiz, Ceuta y Melilla)
http://youtu.be/0AX-rEQQY6k

23 - La dama del Mediterráneo (Baleares - Mallorca)
http://youtu.be/JQvDFuEH1FI

24 - Las islas de la luna (Baleares - Menorca, Cabrera, Ibiza y Formentera)
http://youtu.be/mxqaeVekX28
25 - La tierra de los bienaventurados (Canarias - Hierro, La Palma,
Gomera y Tenerife)
http://youtu.be/jHPBGRqWuiw
26 - El jardín del paraíso - (Gran Canaria, Fuerteventura y Lanzarote)
http://youtu.be/i63GFqwG2GE
 
 
Se algún vos gustou moi ben.Non hai de que.Un saúdo como sempre.Rafael

viernes, 21 de febrero de 2014

Xa que alguén tiroume da lingua pa que cantara coa Raspita, coma fixera antonte na RG; aí vai : con la raspa raspa raspita, que jaleo vamos a armar...

O SANCRISTÁN

Os que estiveches a escoitar algún dos meus relatos, coñecedes que durante un tempo da miña infancia, estivera de acólito sendo párroco don Ramón, cando Camariñas dependía do bispado de Mondoñedo; e, logo, uns anos despois, con don  Xosé, un adiantado cura pa aqueles tempos, pertencente xa a diocese de Santiago.

Os acólitos, toda a vida tiveron fama de ser un pouco trasnos e pillabáns, aínda que eu con franqueza, non creo encaixara naquel  “sambenito” que colgaran sobre nos; máis ben, penso, de que tiña sido un neno “ boíño “ e sosegado; ou, a lo menos, así era considerado polos meus veciños.

Habería moitas cousas que contar daqueles tempos vividos ao pe da nosa igrexa, e moitas anécdotas que  recordar,  sempre con nostalxia e agarimo. Porén, outras, duras e desaxeitadas pa ser vividas por un neno, que é preferible esquecer.

A falta de  hixiene, a alimentación inadecuada e a carencia de menciñas, eran o caldo apropiado pa que tivera lugar  unha grande mortaldade infantil por aquel entón.

Alí, chegaban correndo a nosa igrexa uns aflixidos pais co neno moribundo en brazos, pedíndolle ao cura que fixera algo pola criatura. E, o pobre de Don Ramón, tomándome a  min como padriño, e a única testamuña do acto, derramaba aquela auga santa pola testa do anxiño, a quen os presentes, víamos como voaba directo po Paraíso. Foron tantos os que pasaron por aquela pía bautismal, que nin eu mesmo sabería dicir nin o número aproximado, nin de quen foran fillos… (agora entendo, por que non afoguei aquela noite de invernía no peirao do Curbeiro…)

Malia tanta desgracia, as familias amoreaban nenos e mais nenos; i, os que menos, contaban, coma pouco, cunha ducia de fillos por banda …. A falta de televisión, a feble luz ao pe dun candil, achicando carburo, e os faladoiros das palilladas nocturnas, facían “ majas “…e non só puntillas.

Os rapaceiros abarrotaban as rúas, e, as buliciosas algazaras, semellaban manadas de gorrións comendo nas leiras de trigo ou de centeo.

Todos eles, remataban no adro da igrexa pa xogar a pelota. Alí, precisamente, era  onde atopabas sempre ao único e nunca ben ponderado señor Mariano da Cabreira, sancristán por excelencia; quen, coa súa presencia disuasoria, estaba á impoñer respecto e orde no santo lugar, ata onde a súa boa fe podía.

O home andaba tan esgotado, non só polo traballo de escorrentar aqueles demos do interior do templo, si non que, tamén, e, sobre todo, polo esforzo que supoñía estar sempre a subir e baixar escaleiras, colgado dos badalos, proclamando  misas, funerais, procesións, festas e desgracias habidas e por haber… Mais, sobre todo e a diario, anunciando mortes e enterros de anxiños con poucos dias de vida.

Sen apenas  tempo de baixar do campanario, xa estaban a chamar por el dende a casa, pa que fora ao monte á por un carro de estrume. O meu xefe, foi un santo  mártir pola causa, sen gloria nin beneficio, e digno de loanza. Así, aquí e agora, quero deixar o meu débito de recoñecemento público a quen tiña sido o mellor sancristán dos meus tempos de rapaz.

Nas escolas de Don Evaristo, ou de Don Cándido, inculcábamos aos cativos o respecto e a boa educación cas`persoas maiores; coma, tamén, a recoñecer SEMPRE a autoridade de quen ía coas calzas postas, amarradas cun cinguideiro ( abotoadas ou non na petrina ). Dende logo, algo impensable nas mulleres, que vestían cun basto saio de cor escuro, pendendo ata ó mesmo bico do pes.

Os homes, pois,  foran os patriarcas indiscutibles, a quen todos obedecían sen rosmar. Aínda que, de portas pa dentro, a realidade fora moi distinta: chovían berros e zapatazos, mentres as vasoiras voaban por riba das portas, sorteando aos gatos dormentes encol delas. Tan afeitos estaban aqueles felinos aos litixios matrimoniais, que non musgaban nin ollos nin rabo pa perturba-lo seu sono.

Eu, como axudante do señor Mariano, facía de comodín; e, tamén a min estaban a rebordar o meu acougo aquelas labores.

Do que máis estaba a gozar, non era por axudar ao cura na misa, nin por leva-la cruz nos enterros, nin por empinar, ás agachadas, na botella de viño doce… non. A meirande ledicia, de verdade, era escalar ata a cima do campanario, pa repenica-las campás.

Lograra tal destreza, que ninguén amolaba a miña interpretación da Raspita. E, así, cos  movementos sincrónicos das mans martelando os badalos, as campas resoaban polos rueiros, marcando uns andares bailaríns da xente, cando escoitaban tan apegañoso son.

Aqueles modos meus tan extemporáneos, case custan o meu posto de sacristán. As queixas das beatas non tiveron que agardar. E, pa reparar semellante ofensa, facían a sinal da cruz, mentres dicían:

-”O que hai que ver e oír nestes tempos modernos...Estes rapaces son o demo…” -

Malia a tódalas críticas, tamén elas estaban a dar os seus saltiños, seguindo os compases da Raspita.

Os nenos, sempre foran mais medrosos que as rapazas, á hora de gabear por aquelas caracoleadas i escuras escaleiras. E, pa vencer aquel pavor, procurabamos a compaña  d´algunha amiga, a quen, sempre, mandabamos por diante nosa, pa subir ata a cima … e, logo, pa baixar, íamos nos primeiro. Dese xeito, axudabamos a votarlles unha man, moi “amablemente”… tal cal tiñamos aprendido na escola.

Con todo, e, a pesar da nosa “ boa fe ”, algunha arrebolada pola costa abaixo, tivera lugar naquel campanario.
Antonio Puertas









miércoles, 19 de febrero de 2014

XANTAR DE INVERNO

Pola presente ponse en coñecemento de todo o persoal que estea comprendido nas bases que regulan a pertenza a esta irmandade de QUINTA DO 57 que están vostedes convidados ao próximo xantar de inverno que será o próximo día 27 do mes no que andamos no lugar de O Burgo ( No sitio do ano pasado).

A chegada fíxase para sobre da unha da tarde para,se as condicións climatolóxicas o permiten, poder facer o paseo á beira da Ría ao mesmo tempo que acollemos a o confrade Antonio Puertas Lema que o ano pasado prometeu que se a marea era alta se achegaría por mar,na súa gamela quedándose a durmir no Burgo mentres a marea non tivera calado para regresar á súa Camariñas dos seus amores. 

Alí foi ademais de acólito, que xa no lo dixera ,ademais foi sacristán dos de tocar a campá do modo que el maxistralmente fixo para admiración de toda a beatería que o identificaba polo ritmo mundano que lle imprimía ao toque.

Pois ben quedades convidados e ao final teremos que aportar un arancel ou taxa que vos dará dereito a volver para o ano vindeiro do que se fará cargo o compañeiro Agustín Dios Vigo coa asistencia dun cabo furriel que lle sería asignado democraticamente por todos no caso de que o precisase.

Pois misión cumprida. No nome de Dios Vigo ordeno mando e fago saber que vos teñades por informados e que actuedes como corresponde. Deica ese día e que teñades saúde e sorte. Verémonos. Rafael

P/D: Para os que precisedes do navegador para chegar podedes orientarvos nas presentes pax.:_

Restaurante Valdeorras Culleredo - 11870

cómo llegar a Restaurante Valdeorras, C/ Anxo Senra Fdez.; 25 ...

Esperámosvos.

martes, 18 de febrero de 2014

 
UN MUNDO NOVO, PROXECTO COMÚN

Baixo este lema tan xenérico, Mans Unidas afronta na campaña LV o obxectivo 8 dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) da ONU: “Fomentar unha alianza mundial para o desenvolvemento”. Parece algo semellante á “Alianza das civilizacións” de ZP, que tanto cachondeo xerou entre algúns.

No 2000 os países integrados na ONU acordaron traballar xuntos para acabar coa fame antes de 2015. Estamos tan lonxe de conseguir este obxectivo, que 842 millóns de persoas seguen pasando fame, se non morren no camiño.

Nesta campaña, MM UU quere concienciar de que a fame é un problema mundial, que require unha solución tamén mundial, con cambios profundos, como regras comerciais para os países pobres, e priorizar a persoa en detrimento de intereses economicistas-hipercapitalistas.

Metas do ODM 8
  1. Desenvolver máis un sistema comercial e financeiro aberto, baseado en normas, previsible e non discriminatorio.
Datos de 2013:
- O acceso ao comercio libre de aranceis melloroou, e chegou ao 83% das exportacións dos países menos adiantados e ao 8% dos países en desenvolvemento.
- Xapón e EE UU poñen taxas ao comercio téxtil; Noruega, a certos produtos agrícolas.
B e C. Atender as necesidades especiais dos países menos adiantados, os países sen litoral e os pequenos Estados insulares en desenvolvemeto.
En 2013:
  • A Asistencia Oficial ao Desenvolvemento minguou por segundo ano consecutivo, ata o 29% do PIB combinado dos países doantes.
  • Só cinco países superan o 0,7% pedido pola ONU: Luxemburgo, Suecia, Noruega, Dinamarca e Holanda.
  • A Unión Europea reduciu a súa contribución un 51%, o nivel máis baixo desde 2001.
  • España é o país da OCDE que máis recortou en Asistencia Oficial ao Desenvolvemento. Entre 2011 e 2012, o 0,15% da Renda Nacional Bruta, moi lonxe do 0,7%.
D. Abordar de modo integral a débeda dos países en desenvolvemento: aumentando a contía e calidade da Asistencia Oficial ao Desenvolvemento; facendo máis equitativo e xusto o seu acceso aos mercados internacionais, mellorando a súa capacidade para pagar a débeda externa , para facer a débeda sostible a longo prazo.
E. En cooperación coas empresas farmacéuticas, proporcionar acceso aos medicamentos esenciais nos países en desenvolvemento a prezos asequibles.
Segundo a OMS:
- A dispoñibilidade de medicamentos nos países en desenvolvemento vese dificultada por diversos factores: sistemas deficientes de subministro e distribución de menciñas, instalacións e persoal sanitario insuficientes, baixo investimento no sector sanitario e menciñas moi caras.
- Os produtos farmacéuticos supoñen entre o 25% e o 66% dos gastos sanitarios nos países en desenvolvemento.
F. En cooperación co sector privado, dar acceso aos beneficios das novas tecnoloxías, especialmente da información e da comunicación.
Datos de 2013:
  • No mundo en desenvolvemento, o 31% da poboación utiliza Internet, fronte ao 77% no mundo desenvolvido.

Avánzase algo neste obxectivo? Si.
Retrocédese nalgúns aspectos? Tamén.
Debemos soñar con atrapar a utopía? Opción persoal.

Saúdos coas aletas.
Eduardo.

martes, 11 de febrero de 2014

 
ALGO SE MOVE EN VILA CARTÓN
Dereito a crecer sans.
Dereito á educación.

Son as cinco da mañanciña. O Sol asoma e Ariane vístese silandeira para non espertar os seus irmáns. É martes e ten que ir buscar auga para cociñar, fregar e lavarse. No seu barrio non hai auga corrente, nin electricidade, nin rede de sumidoiros. A fonte máis cercá está a dous quilómetros e só funciona dúas horas cada tres días.
O barrio chámase Vila Cartón: as vivendas están feitas de chapas, materiais reutilizados, terra e cartón.
Ariane encárgase de levar auga e de todos os labores da casa. Coida tamén tres irmans pequenos: Xonás, Daniel e Ed; por iso non pode ir á escola.
Seu pai e súa nai, na época da zafra, traballan na finca do señor Bonnet, pero o resto do ano subsisten grazas a pequenos traballos.
Ariane recolleu da fonte o caldeiro de auga que necesitaba para os tres días seguintes e chegou á casa co tempo xusto para preparar o almorzo e espertar os irmáns antes de ir traballar, porque Ariane traballa tamén para o señor Bonnet.
A auga era escasa pero tíñao todo ben calculado para os tres días. Repartíaa en dous caldeiros, un amarelo e outro vermello. Pero un despiste de Xonás complicou as cousas: tropezou cun caldeiro e perdeuse metade da auga. Faltaban aínda dous días para que a fonte volvese funcionar.
Non tiñan cartos para mercar auga ao camión cisterna que percorría os barrios e Ariane sabía que a auga do surtidor do barrio non era potable: había dous anos que súa irmá pequena morrera por beber dela.
Decidiu ila buscar alí e usaríaa para cociñar, fervida non facía dano.
Advertiu aos irmáns de que non bebesen do caldeiro amarelo e marchou a traballar, despois de deixar os irmáns ao coidado da veciña Nora.
Ao día seguinte Ed estaba mal; tiña dor de tripa e Ariane sospeitaba o peor.
  • Ed, de que cor era o caldeiro do que bebiches?
  • Non me acordo, Ariane.
  • Pero é moi importante que o lembres, era amarelo ou vermello?
  • Non o sei…, creo que era amarelo.
Cando mamá chegou de traballar levaron a Ed ao hospital: tiña diarrea e necesitaba un tratamento urxente.
De onde ían sacar o diñeiro para curalo?
Na época da zafra saían camións diarios con traballadores para a República Dominicana; pagaban mellor ca nas plantacións haitianas. Por iso os pais de Ariane decidiron deixar as plantacións do señor Bonnet e probar sorte no país veciño.
Cando Ariane chegou á finca, o señor esperábaa na porta.
  • Bos días, señor Bonnet.
  • Bos días, Ariane. Esperábate para falar contigo. Teño entendido que teus pais marcharon hoxe á República Dominicana.
  • Si, señor, así o fixeron.
  • É certo que van trraballar alá nunha plantación?
  • Si, é certo.
  • Sabes o motivo?
  • Alá o salario é algo maior, señor, e agora necesitamos moito o diñeiro porque Ed está enfermo.
  • Así que é polo diñeiro! Por iso mesmo pensei contratar outra mocosa máis necesitada ca ti.
  • Pero, señor, díxenlle que o necesitamos moito.
  • Xa, pero co diñeiro de máis que van gañar teus pais iravos mellor.
  • Pero eu estou moi contenta aquí e querería seguir con este emprego.
  • Síntoo, Ariane, xa chamamos outra moza, que empezará hoxe mesmo.
  • Está ben, señor, marcharei cando me pague os 20 días de traballo.
  • De que me falas? Bastante tiveches cun prato de comida cada día!
Todo estaba perdido, era unha loita desigual. Regresou a Vila Cartón; estaba moi preocupada.
Cando chegou á casa sorprendéronse de vela chegar
  • Que pasou, Ariane?, preguntou Nora.
  • O señor Bonnet despediume.
  • Pero iso non é xusto. Ti sempre cumpriches ben co teu traballo.
  • Estou cansada e estou triste. Non sei que podo facer para atopar un traballo.
  • Non te preocupes, Ariane. Seguro que se nos ocorrerá algo.
  • Ariane agarimou a Ed contra o peito e estivo sentada moito tempo.
Xonás sabía como animar a súa irmá: ir buscar a Arístide, o mellor amigo de Ariane.
Arístide vivía en Cidade Mosquitos, pero era moi coñecido en Vila Cartón. Cando chegaba ao barrio todos os rapaces o seguían para que fixese os seus famosos xogos malabares. Arístide percorría os barrrios ricos das cidades facendo xogos con pelotas de papel, latas, botellas de plástico e outros materiais reciclados.
Xonás avisou a Arístide, que veu ver a Ariane.
Ela estaba sentada no chan, xunto a Ed, que tiña febre. De súpeto, asomou unha cabeciña pola porta:
  • Oín que busca un novo emprego, señorita. Precisamente necesito eu unha axudante para os meus xogos. Acepta o traballo? Cobrará pouco, pero rirá moito.
Arístide deu un salto e apareceu sorrindo.
  • Arístide! Que alegría verte!
  • Xonás díxome que estás triste e iso non pode ser.
Ariane contoulle ao amigo todo o sucedido.
Arístide pensou que había dúas cousas que solucionar:
  1. Atopar un traballo para Ariane.
  2. Facer algo para que non se repetisen esas inxustizas e as persoas coñecesen os seus dereitos.
Así naceu o Grupo Titiriteiro Vila Cartón, que animaba as rúas con xogos malabares, pinchacarneiros, música e bailes.
Mentres uns actuaban, outros dedicábanse a ofrecer servizos como limpar zapatos, facer compras, dar recados e atraer posibles compradores aos postos de venda.
Non gañaban moito pero sobrevivían. Arístide aproveitaba, ademais, cada actuación para informar sobre os dereitos dos traballadores, relatando contos que el mesmo inventara: Contos do dereito e do revés.
O medo e a pobreza impedíanlle á xente atreverse a loitar polo que era xusto.
  • “Son dereitos humanos que nos pertencen e que ninguén nos pode quitar nunca!” Dicía isto e camiñaba sobre as mans berrando:
  • “Agora que coñeces os teus dereitos, tenta que non se volvan do revés”.

Cuentos del derecho y del revés. Mans Unidas. 2012.

Saúdos cordiais.
Eduardo.
ABONANDO LA INSTITUCIÓN DEL  “TRIBUNO DEL PUEBLO”
Vayan por delante mis felicitaciones a cuantos-con persistencia y convicción-mantuvieron erguida la bandera de: “la Sanidad no se vende, se defiende”; porque han conseguido, en esta ocasión, que se paralicen las “externalizaciones” en Madrid. Puedo hacerlas extensivas al caso GAMONAL, en Valladolid, o a la Plataforma contra los desahucios, por ejemplo. Pero he de manifestar a continuación que no es el procedimiento que considero más efectivo; ni el más deseable en una hipotética democracia madura. ¿Por qué lo que es de justicia tiene que llegar después de enfrentamientos callejeros o de sobreesfuerzos de solidaridad de los ciudadanos? ¿Cada vez que falla una institución, que el fuerte pisotea al débil, que se abusa del poder político o económico; o se hace mal uso de la Caja Común ¿tiene el ciudadano que tocar la trompeta para convocar a los exhaustos por: el trabajo o por la ausencia del mismo; las preocupaciones familiares, laborales o de salud? ¿A cuántas manifestaciones diarias tendrían que concurrir?  ¿Está el afectado en condiciones de juzgar la gravedad de los hechos-u omisiones-que se le ponen a su consideración? ¿Tiene acceso directo a tales informaciones para hacerse una idea propia? Cuando los ayuntamientos, las CC AA o el Gobierno de la Nación reanuden a cuentagotas las privatizaciones ¿habrá de salirse de nuevo para tratar de impedir cada una de ellas? Cuando la euforia de haber detenido los desahucios se pase y los nuevos se produzcan con sordina ¿estarán disponibles en la misma cantidad los grupos que ahora “hacen ruido”? Y cuando muchos de los que en estas fechas pudieron hacer barricadas, preparar estrategias y movilizar las redes sociales-porque estaban “de vacaciones”-consigan recuperar la dignidad del trabajo y la propia estima ¿estarán disponibles para seguir en la lucha que será igual de justa y razonable?

Tiene que haber una institución-que desde la independencia de partidos, de poderes y servidumbres-vele por el Bien Común y sea la voz directa de la CIUDADANÍA. Él dispondrá del Cuerpo de Fiscales y de la autoridad  suficiente para contrarrestar a los demás. Los políticos-lo han demostrado-no valen para esto; y “las fuerzas de la naturaleza” necesitan- para su embride-: EL TRIBUNO DEL PUEBLO (podéis ver mi propuesta en Facebook, 22 y 24 de septiembre de 2013.)

Acabo de comprobar que-por uno de esos misterios de la informática-el artículo que acabo de reproducir, salió "un churro" cuando traté de hacéroslo llegar hace unos días. Espero que esta vez resulte inteligible. Andrés L. Amboage

viernes, 7 de febrero de 2014

Manifesto 2014
Manifesto 2014

É NECESARIO UN COMPROMISO SOLIDARIO MUNDIAL PARA QUE TODOS SE POIDAN BENEFICIAR DOS FROITOS DA TERRA

No ano 2000 todos os países acordaron traballar xuntos para acabar coa fame antes de 2015. A menos dun ano para que acabe o prazo, comprobamos que estamos moi lonxe de poder conseguir este obxectivo.
Hoxe, 842 millóns de persoas pasan fame. É un escándalo que non podemos consentir. Está nas nosas mans ofrecer solucións para que se cumpra este dereito fundamental para todos.

Para acabar con esta traxedia é urxente xerar unha nova orde de relacións entre persoas, asociacións, empresas, organismos públicos e entre países, que reflicta a fraternidade que nos une a todos. Porque o desenvolvemento dos pobos depende, sobre todo, de que aprendamos a vivir como membros da mesma familia. É necesario un compromiso solidario mundial para que todos nos poidamos beneficiar dos froitos da Terra.

Por iso, desde Mans Unidas, asociación da Igrexa católica para a axuda, promoción e desenvolvemento dos países do Sur, na campaña que agora iniciamos, convocamos a todos a traballar fraternalmente por “Un mundo novo, proxecto común”, porque acabar coa fame é responsabilidade de todos, e só será posible se todos traballamos como auténticos irmáns.


Por estas razóns demandamos:

  1. A todas as institucións políticas, culturais e relixiosas que busquen un diálogo fecundo, capaz de analizar a fondo as causas das inxustizas, e propoñer as medidas necesarias para defender eficazmente o ben común.
  2. Ás empresas e entidades financeiras que desterren as relacións baseadas no logro de máximo beneficio e poñan no centro dos seus intereses o ben da persoa.
  3. Á comunidade internacional que mellore a cooperación e favoreza unha política comercial coherente coa defensa dos dereitos humanos.
  4. Aos países desenvolvidos que se comprometan a aumentar a Axuda Oficial ao Desenvolvemento, aliviando a débeda externa e compartindo cos países do Sur o acceso aos mercados, e aqueles medios que garantan a defensa efectiva dos seus dereitos fundamentais.
  5. Aos países en desenvolvemento que melloren a súa gobernabilidade, a transparencia na xestión dos seus recursos e o compromiso serio na defensa dos dereitos fundamentais.
  6. A todos os gobernos e institucións internacionais que establezan regras xustas para que os países poidan establecer relacións mercantís seguras e non discriminatorias.
  7. A todas as persoas e institucións que promovan un modelo de desenvolvemento sostible, que salvagarde os recursos naturais, utilizándoos responsablemente e poñéndoos a disposición, especialmente, dos maís necesitaddos; un desenvolvemento que fomente a austeridade no consumo e deteña o consumismo compulsivo e irresponsable.
  8. En definitiva, demandamos a defensa dun modelo de desenvolvemento que poña as persoas no centro, a súa inviolable dignidade, e os dereitos fundamentais que lles pertencen; e que atenda aos pobres especialmente.

Co papa Francisco, convidamos a todos “a dedicar un lugar especial, nos nosos corazóns, para esta emerxencia, que é respectar o dereito outorgado por Deus a todos de ter acceso a alimentos axeitados, a compartir o que temos, en caridade cristiá, con aqueles que teñen que enfrontarse a moitos obstáculos, para satisfacer esa necesidade básica”.

Ao comezar esta nova campaña, pedímoslle a Deus que nos conceda a graza de ver un mundo no que ningúen deba morrer de fame.

Un mundo novo, proxecto común.

O 9 de febreiro celébrase a xornada nacional de Mans Unidas e iníciase a Campaña LV, para desenvolver durante o ano o 8º Obxectivo do Desenvolvemento do Milenio: fomentar unha alianza mundial para o denvolvemento.

Saúdos
Eduardo