Pola presente ponse en
coñecemento de todo o persoal que estea comprendido nas bases que
regulan a pertenza a esta irmandade de QUINTA DO 57 que están
vostedes convidados ao próximo xantar de inverno que será o próximo
día 27 do mes no que andamos no lugar de O Burgo ( No sitio do ano
pasado).
A chegada fíxase para
sobre da unha da tarde para,se as condicións climatolóxicas o
permiten, poder facer o paseo á beira da Ría ao mesmo tempo que
acollemos a o confrade Antonio Puertas Lema que o ano pasado prometeu
que se a marea era alta se achegaría por mar,na súa gamela
quedándose a durmir no Burgo mentres a marea non tivera calado para
regresar á súa Camariñas dos seus amores.
Alí foi ademais de
acólito, que xa no lo dixera ,ademais foi sacristán dos de tocar a
campá do modo que el maxistralmente fixo para admiración de toda a
beatería que o identificaba polo ritmo mundano que lle imprimía ao
toque.
Pois ben quedades
convidados e ao final teremos que aportar un arancel ou taxa que vos
dará dereito a volver para o ano vindeiro do que se fará cargo o
compañeiro Agustín Dios Vigo coa asistencia dun cabo furriel que
lle sería asignado democraticamente por todos no caso de que o
precisase.
Pois misión cumprida.
No nome de Dios Vigo ordeno mando e fago saber que vos teñades por
informados e que actuedes como corresponde. Deica ese día e que
teñades saúde e sorte. Verémonos. Rafael
P/D: Para os que
precisedes do navegador para chegar podedes orientarvos nas presentes
pax.:_
Pois a min chamoume Dios antonte, e, como non estaba disponible nin atento, teño que rezarlle pa que tome nota da miña presenza na comilona do vindeiro dia de marras.
ResponderEliminarA miña gamela está en dique mollado por culpa do demo que non me deixou en paz durante todo o inverno; por iso, teño que asistir en corpo presente na miña burra de catro patas. Deica a entón, unha aperta pa que fajades partixas con ela.
Antonio Puertas