Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 2 de mayo de 2010

MACEDONIA VI

 Cristo obreiro 
   Nunha exposición itinerante de Caixanova sobre Luis Seoane vin o Cristo obreiro crucificado, doado polo autor a  Manuel Espiña Gamallo para pagar unha multa, como comentara Rafael. Antes da venda, o cadro foi icono de culto nunha igrexa rexentada por Espiña. Este, segundo a guía, non quería vendelo a un coleccionista particular para que os galegos puidesen admiralo. De momento, Caixanova respecta a vontade de Espiña e sempre tivo o cadro exposto ao público.
   Seoane díxolle a don Manuel: "No Deus que vostede predica, tamén creo eu".
   Cristo + obreiro, sumandos queridos para bastantes membros da Quinta.

Os maios
Maios e coroas

 Os maios  en Pontevedra teñen unha longa tradición. Todos os anos o Concello convoca o concurso de maios e o día 1 acoden á praza da Ferraría asociacións culturais, veciñais e colexios cos seus maios, arredor dos cales cantan coplas críticas sobre a actualidade, especialmente local, ao son dos paos.

Coroa

   O ano pasado, neste día, atopei na Ferraría varios cregos da Quinta que adoitan reunirse todos os anos en Pontevedra. Andrés GV enviara por e-mail fotos dese encontro.

   Emilio Batallán deixou en Pontevedra malos recordos da súa época de presidente do Pontevedra FC.
Diana!
   Á brevería de Andrés (1/05) mellor lle chamaría eu Gracianería por aquilo de que "o bo, se breve, dúas veces bo". Comparto a idea. Creo que mete o dedo na chaga.
   Uns resístense polo que poida descubrirse dos seus familiares, cargos ou fortunas de orixe incerta.
   Outros creo que se resisten desinteresadamente por pura devoción ao santo fundador.
   Ricardo Gurriarán afirma que a historia do franquismo en Galicia se demora "porque pesa moito ter que dar nomes e é moi difícil facer análise histórica sen nomes. Custa, porque hai fillos vivos e existen problemas".
    Non cortemos os camiños da memoria. Transitemos por eles para que sexa extensivo a todos os esquecidos o desexo de Xulia Conessa: "Que o meu nome non se borre da historia".

 Saúde. Eduardo

No hay comentarios:

Publicar un comentario