Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 1 de julio de 2009

Parésticas de Ramón Senín

Amigos do 57 e "foro Severino Calvo (in memoriam)": Tardei un pouco en contestar a diversos correos.Quedei bastante aturdido do golpe de maio.

Amigo Rafael:Moi agradecido polos diversos conceptos do teu correo-28 maio-:amplo,entretido e moi ben complementado coas normas da lingua da RAG.Moitas grazas, así xa teño donde invertir mais o xenio. Veume a cabeza ollando tantas palabras e os seus derivados e familiares,aquilo do sistema periódico dos elementos químicos que empeza polo hidróxeno (H-1) e acaba polo Laurencio(Lr-103),hay algúns mais pero de vida breve e artificiás.Así que para mín xa quedas nombrado recopilador mayor de normas e datos,para o foro. moi interesantes e útiles a hora de recordar.

Antes de meterme en fariña che direi que "o corpo si se trata ben, pode durar toda a vida" e, "a vida é como montar en bicicleta, si queres manter o equilibiro non podes parar". O das 29 pastillas/dia deixóume abraiado, non debes obedecer esa orde médica,vas acabar intoxicado.Eu teño que tomar 3/día-antiinflamatorios- e xa teño problemas.Estou operado de hernia-discal (L5-S1) e incordiame bastante para camiñar e mesmo para estar sentado ou conducir.Anda para diante e non fagas moito caso, si podes.Véxote ben programado.Nunha das útlimas homilías de Andrés entendín que a sabiduria non consistía (soamente) en saber moitas cousas, senon en saber vivir.

Pareceme moi interesante a suxerencia que nos fas referente a "questiones disputatae" (celibato-cregos,sacerdocio femenino, eutanasia,etc,etc).
Son temas que non perden actualidade en toda las épocas. O celibato me parece que ten mil anos de antigüedade e segue mareando a perdiz.Logo se o manteñen, podendo derogalo, por algo será,comó é voluntario...gustaríame saber que contra- argumentos usan os seus partidarios contra os dous principios de Dereito/ Filosofía natural seguintes:
a/ Nunquam contra natura
b/ Nihil violentum durabile

O sacerdocio da muller creo que é mais recente. Sabido é que o papel social da muller empeza practicamente a principios do século pasado. A Pardo Bazán creo que tuvo que vestir de home para asistir a clase na facultade de dereito en Santiago,e cando o finado Garcia Sabell cursou mediciña, na sua aula tamén creo que había só duas mulleres (me parece que eran tias da actual vicepresidenta do goberno Sra Fernandez de la Vega) hoxe nesta misma carrera de cada 10 alumnos, 7 son mulleres(70%).Recordemos o voto (político) da muller etc..etc..

A min o sacerdocio femenino, hoxe, pareceme unha obviedade e non teño ninguna aspirante na familia(que eu sepa).Caerá como fruta madura.Non lle vexo ningún inconveniente (perdón Teólogos), moitos menos, incluso dos que tuvo para acceder os exércitos.Aquí si que orixinou problemas.
Na guerra do golfo pérsico(1991) os americanos tiveron nun só portavións,en 6 meses, 19 embarazos.En España dentro de 10 años aproximadamente, podemos ter as primeiras mulleres xenerais (generales),pros que nos fostes a mili,vos direi que ser xeneral nos exércitos e parecido a ser Bispo na Igrexa, final dunha carreira brillante con faxín bermello e bastón.O Vicario xeneral castrense(arzobispo) está homologado a xeneral de división.

Eu tamén teño as miñas ideas o respecto pero prefiro que ún de vos expoña as teorias vixentes e as posibles ou desexables-probables cara o futuro. Ti mesmo que combinas Teoloxia e Dereito e que tiveches función ministerial nas duas, podes facer unha análise, que sobre todo os profanos coma eu, nos pode ser útil e instructiva, ou por suposto, calquera do foro.

Eutanasia, comezo da vida,educación para ciudadania,e demais,doctores hay e a Igrexa tamén os ten.Adxunto artigos de prensa sobre o aborto e celibato.
Creo que Hans Küng (moi amigo do actual Papa e mesmo de Luciano Pena) tocou amplamente estos temas nos anos postconciliares, incluso algúns dogmas (asunción,infalibilidade,primado,etc..os que me parece que chamou"infundados") e o resultado inmediato foi retirarlle a catedra e marxinalo corporativamete.Caso T Queiruga: lamentable que pasen estas cousas.Estouseguro que D.L.Quinteiro e D.Alfonso Carrasco o van impedir

Un aplauso pro coengo de Carril, Fernandez Lago(lectoral)que advirteu (Correo Gallego dia 12) que os que se metan con él han de "hilar muy fino porque intelectualmente e moi superior a maioria" . "Non coñezo Andrés malo.".Si o fixeran Bispo auxiliar de Santiago hay 20 anos, houbera permanecido mais subordinado e mais ortodoxo na interpretación dos textos, e tería menos tempo para extrapolare dar lugar a estas situación que non benefician a ninguén, e menos os que o condena dado o caso..

Hay 100 anos aproximadamente pasoulle algo parecido (ou peor) os coengos López Ferreiro e Amor Ruibal,glorias da ciencia compostelana do seu tempo,solo que aqueles me parece que eran algo máis altivos que Queiruga, sobre todo o primeiro.Queiruga fixo a tese de doutoramento precisament sobre Amor Ruibal.
Pero non olvidemos que hasta Darwin (S:XIX) -El origen de las Especies- creiase que o mundo fora feito por Deus 6000 anos A.C. as 9 da mañá. No obstante os doctores teñen a palabra.

Amigo Manuel López(Carnotán): Ti estás na lista dos "bonus dicendi" asi que non te agaches detrás das silveiras. E agora escoita ( e perdoa) que vou a ser tan duro contigo (mutatis mutandis) como o recordado Xoan Pablo II co ministro de cultura nicaragüense, Ernesto Cardenal (ex.S.J.) nunha visita a aquel país, cando o reprendeu publicamente xeonllo en terra ( o ministro): "o exceso de humildade e prudencia poder ser unha neglixencia (involuntaria); así que desenvaina a pluma e vainos deleitando cos teus argumentos, para eso te alimentaches nos mellores pastos do Cantábrico.
Neste foro vas encontrar temas e motivos. Non se trata de convencer nin de vencer (xa se dixo) se non de contrapor e expor y en todo caso entreter , que tamén é un valor e agradécese,tamén de facer historia (pequena) que por algo é a mestra da vida.E sobre todo de retardar o máximo a senectute mental e incluso a física, porque a cronolóxica non hay quen a pare: a memoria e o freo do tempo. E sempre, falar por falar (tamén se dixo).

Acuso recibo de diversas fotos e pequenos textos de Luciano,Rafael e mais versos de Antonio Puertas.Moi ben,moi ben.Inda van a aparecer mais poetas.Na gran Enciclopedia Galega,tomo 28,pag 121, coordinador Editorial: Xosé R Fandiño Veiga, ven unha foto de Belvis na inauguración do curso 58-59 presidida polo Cardeal Quiroga Palacios-creo que estamos todos ahí-.

"A marcha de J. Losantos da Cope non é perda ningunha"


Creo que sí. E lamentable que dexenerase un pouco nas formas, non tanto nos contidos, que tamén algo, pero di verdades como puños e naide negará que manexa a lingua como ninguén desde Quevedo, do que se considera heredeiro lexítimo.É, sencillamente, "sublimis in verbo" e ademais doutor en Hispánicas. A cadena SER, faille falta un contrapunto porque as veces e nalgunhas cousas tamén é insoportable e ridícula.naide é imprescindible,pero hay persoas, que teñen dificil relevo.Por exemplo penso que todavía non naceu o sucesor de Félix Rodriguez De la Fuente-divulgador e actor- en materia de "naturaleza", e vai para 30 anos que desapareceu.

A todo o foro:"sursum cordam". Hoxe só fustiguei un pouco a Rafael e Manolo López (boa xente),pero calquera pode replicar e discrepar, faltaría maís, porque tamén calquera se pode dar por aludido e a todos van dirixidas estas parésticas,como non pode ser doutra maneira.

Saúde Ramón Senín







2 comentarios:

  1. Amigo Senín: Hoxe Luns , dia 6 de Xullo, véspera de San Fermín, ao media día, está un día invernal, chove con ganas, vai frío e non apetece saír da casa. Senteime diante do ordenador e como dixo Pablo Payo pasei revista ao diario da comunidade.

    Relín o artigo do compañeiro Santiago Nogueira que ti xuntabas ás parésticas. E moi bo avogado. Chámolle compañeiro porque así nolo manda o Colexio. Cando nos Xulgados firmamos escritos de trámite. para presentalos dentro de prazo,deben levar preceptivamente a signatura de avogado, antedatamos á firma a expresión: Polo meu compañeiro: ..........e logo a túa rubrica.

    E unha opinión respectable e respectada pero que carece de esa contundencia, rigor e irrefutabilidade con que el a presenta. Non ten obxecto que eu agora a rebatese. Nunha época as opinións de temas profesionais publicadas en medios de comunicación requirían un visado do Colexio profesional para non difundir informacións carentes de rigor, De aí ven o “nihil obstat”.Hoxe, admitirás comigo que hai unha dose de sofismas circulando enorme. Pero viva a liberdade que é mellor que a mordaza ou censura previa. Esas afirmacións nunha revista xurídica non se atrevería a sostelas para non someterse aos paus que lle poderían caer.(paus dialécticos).

    Mira eu non son partidario do aborto. Penso que ningún ben nacido o debería ser. Xa dixen algunha vez que non hai cousa mais fermosa na vida ,para os que somos pais, que esperar un meniño e ver como tan pequerrechos e indefensos se van criando e medrando. Pero outra cousa e non ver toda a problemática que hai na vida da xente para que existan os abortos. E os gobernantes de todos os paises europeos que o teñen lexislado non son todos uns tolos uns malnacidos e uns indesexables. Para tratar este tema con seriedade había que responder a estes dez cuestións que eu xa hai tempo que recollín, (a verdade e que non sei de quen) e que son:

    1. Buscar convergencia pro-persona en posturas divergentes ante el aborto
    2. No confundir delito, mal y pecado
    3. No ideologizar el debate, ni política ni religiosamente.
    4. Dejar margen para excepciones inéditas en situaciones confictivas.
    5. Acompañar personas antes de juzgar casos
    6. Comprender la vida naciente como proceso.
    7. Confrontar las causas sociales de los abortos no deseados.
    8. Afrontar los problemas psicológicos de los abortos traumaticos
    9. Cuestionar el cambio de mentalidad cultural en torno al aborto.
    10. Tomar en serio la contracepcion, aun reconociendo sus límitaciones.

    Despois de opinar sobre todas elas seguramente veriamos o complexo e delicado que é o tema sacariamos conclusións con certa dose de sensatez e non botariamos a lingua a pacer tan alegre e irresponsablemente. Nada mais. Deixou de chover. Nunca choveu que non escampara. Ate a próxima. Cos mellores desexos Ramón e explícanos que é iso das parésticas. Rafael

    ResponderEliminar
  2. Como Senín non sabe ben o que son as PARESTICAS,eu podo explicar o seu significado mamolóxigo:
    Son as novas CATILINARIAS apareadas,que se lén de duas en duas(v.g.):"Fugi,Marcelina,que se queima a cociña"
    ¡ ANALFA"V"ETOS"

    ResponderEliminar