Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 9 de abril de 2010

Garzón ao paredón

Hoxe, onte e mañá é e será un día triste para a Xustiza. Somos noticia na prensa de todo o mundo. Sobre todo na sudamericana e mais na europea:Os seareiros de Franco poñen a Garzón contra as cordas O Supremo fai caso á acusación falanxista e senta a Garzón no banquiño. Quen denuncia a Garzón?: O sindicato coñecido como “manos limpias” e do que non hai constancia que teña ningún delegado de persoal en ningún Centro de Traballo pertencente a ningunha administración pública. O único dirixente coñecido e D. Miguel Bernard ,avogado, coñecido militante responsable da frecuentemente cualificada como asociación sindical ultradereitista .Tamén o denuncia a Falange Española de las JONS.o partido único durante a ditadura de Franco. En Alemaña aos que levantan o brazo métense no cárcere pero aquí xúntanse na Igrexa dos Xerónimos,este Martes, para nunha misa presidida polo famoso párroco D. Julian Melero, a conmemorar o 1 de Abril,(como caeu en Xoves Santo trasladaon a celebración para o martes día 6,) seguindo a tradición ininterrompida desde a ano 1939. Palabras textuais:” Como sacerdote,dadas las circunstancias, les invito a celebrar esta acción de gracias por la vuelta hace 71 años de los derechos de Dios a nuestra patria”. Extremistas e fabas e ovellas negras non faltan en ningún lado. Bo é que parece que non asistiron multitudes e son os mesmos que o 20 N van ao “valle dos caídos”. O terceiro denunciante de Garzón e Libertad e Identidad, asociación mais recente que defende volver a tradición mais xenuína e que,en canto ao relixioso e sociopolítico é nostálxica do nacionalcatolicismo.





Toda esa xente, algúns son os mesmos e outros sucesores en ideas de aqueles que nos anos 70 pintaban os muros de Madrid coas famosas pintadas de “Tarancón ao paredón”.Logo o cardeal D. Vicente foi querido e respectado pola maioría da sociedade. Espero que D. Baltasar ,no futuro teña o mesmo discorrer. El noutra orde está sendo un apóstolo da xustiza terreal. Que llo pregunten ás nais da droga do Sur de Galiza, á fundación érguete, a Carmen Avendaño e a todas esas, nais fundamentalmente,que lle sacaron a máscara e mais as propiedades aos capos do tabaco e da droga que nun tempo simultanearon Nas Rías baixas eran envexados pola chavaleria que de maiores todos querían ser contrabandistas.





Que llo pregunten, no pais vasco, a todos os que vivían con medo. Todo o mundo lle recoñece o traballo inxente na loita contraterrorista.





Que llo pregunten aos que foron vítimas da corrupción. Veña de onde veña. Espero que ao final o tempo poña a cadaquén no seu sitio.





Todo o mundo que teña unha elemental noción de algo de dereito pensa que é unha animalada que prospere a acusación de prevaricación. Ditar unha resolución inxusta,sabendo que o é a ciencia certa. Xosé Antonio Martín Pallín, maxistrado do Tribunal Supremo (TS), afirmou que "nunca se debió admitir la querella" contra el juez Garzón ... Coa autoridade que ten, Xubilado do Supremo, autor de moitos libros e creador de doutrina xurídica,natural de aquí da Coruña a que ven con certa frecuencia xa deberá ser suficiente a súa testemuña para concluír que cando menos é unha cuestión discutible e opinable como todo o dereito que algúns autores xa o definen como opinión fundada, motivada e razoada sobre feitos con transcendencia xurídica ditada por órgano xudicial competente en última instancia que devén firme por carecer de ulterior recurso xurisdicional. Todo a andamiaxe xurídica, partindo da experiencia romana que se condensa no "Hominum est errare" ten a garantía da dobre estancia e dos correspondentes recursos para precisamente  corrixir dentro dos procedimentos xudiciais os posibles erros que poida haber. Ao igual téñense manifestado multitude de xuristas tanto da Audiencia Nacional como do propio Supremo.





Este asunto vai xerar moita literatura e é probable que acaben sendo acusados tamén de prevaricación os cinco vocais que forman con Luciano Varela o Tribunal que acordou procesar a Garzón.


Hai dous anos os pais dun etarra desaparecido que dou moito que falar ,no 1976, coñecido como Pertur presentaron unha querela para reclamar unha investigación. Alegouse que era un caso  anterior a Lei de amnistía e o Tribunal manifestou que se trataba de un delito continuado, por non aparecer o cadáver e por tanto nos estaba prescrito. Por que se cambia de criterio'.As vítimas que lle reclaman a Garzón para buscar os cadáveres que están en paradeiro descoñecido tamén é un delito continuado por non ter aparecido os corpos.As leis de amnistía non poden estar por encima do dereito internacional que España ten pactado que se aplicará no seu territorio e aos seus nacionais.


Veremos como se suceden os acontecementos. Onte xa houbo concentracións ante a Audiencia e seguiranse convocando actos de apoio. Nas pax, WWW de ccoo.es e de ugt.es hai manifestos de apoio que se poden firmar.





Todo o mundo que coñece a Xustiza por dentro e como está organizada concorda con que na Sala segunda do Penal que é a única con competencias para xulgar a xuíces e maxistrados, e mais a diputados do Congreso e Senadores e última instancia nos delitos mais graves, onde reside un dos poderes mais fortes do estado. A composición é maioritariamente conservadora conforme a este esquema.






Nos oito anos de Aznar tiveron moito interese en que fosen maioritarios os membros nominados polo partido popular. Cousas da política. Un saúdo a todos.Rafael






No hay comentarios:

Publicar un comentario