Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 4 de abril de 2010

MISCELANEA VI


Queridos amigos:En primeiro lugar feliz Pascua florida a todos. Os que sodes padriños non esquezades que hai que darlle o bolo aos afillados/as pola Pascua. Contaba Abella Chouciño, era dun curso superior ao noso, que o crego de Malpica, naqueles tempos que se facía o rito en latín, cando lles preguntaba aos padriños. “vis baptizare”? e respondían “volo”, nese momento deixaba de ler e advertía que desde que pronunciarán a palabra bolo, desde ese preciso momento, quedaban obrigados a entregar o bolo pola Pascua ao afillado/a .

Esta semana santa fomos vítimas dun engano masivo. Dez días antes prognosticaron un tempo que empezaría a mellorar o Martes e seguiría bo xa toda a semana. Era tempo de reservas hoteleiras. Despois pasou o que pasou. Algunhas reservas anularíanse pero outras seguirían vivas. Hai uns anos a asociación de hostalería da Coruña declarou a Santiago Pemáne ao servizo de meteoroloxía persoas non gratas por predicir mal tempo unha semana antes e despois non estivera tan mal. Por culpa del as reservas foron unha fatalidade e a ocupación mínima. Sempre buscamos un chibo expiatorio. E tan vello como a mitoloxía bíblica. (Escollían dous cabritos ao chou. Un deles sacrificábano a Yaveh e o outro cargaba con todas as culpas dos xudeus e entregábano a Azazael que en hebreo significaba espírito maligno. Abandonábano no medio do deserto entre insultos e pedradas .De aí ven a expresión. Buscar ou servir de chibo expiatorio.

Parece que a época do diñeiro fácil acábase. Un compañeiro advertiume o outro día: se che ofrecen unha casa e non queres quedar mal non digas que a comprarías pola metade do prezo. Aos poucos días chámante para ir a Notaría e cerrar o trato pola cantidade ofertada.

Mañá, Luns, levantarase o segredo do sumario coñecido como a trama Gürtel. As fianzas que terán que poñer en concepto de responsabilidade Civil, fixadas polo Xuiz Pedreira, para evitar o embargo por igual cantidade, serán para para Francisco Correa e para Pablo Crespo, ex tesoureiro do PP de Galicia, de forma solidaria, de 85 millóns de Euros (multiplicade por 166 e teredes o resultado en pesetas) .E para o amigo de Aznar, ex inspector de facenda, Ramón Blanco Valín de 30 Millóns.

Estade atentos e interpretade en clave de nube de fume as noticias e polémicas mais extravagantes que van a saír estes dias para que sexan tema de conversación e non se fale da corrupción. Entre elas poden estar as aparicións da Virxe no Escorial que o Cardeal Rouco anulou a prohibición de Suquía e recomenda que se teñan como algo sobrenatural permitindo aos cregos que acudan aos actos relixiosos que alí se organicen.

Como vedes a información de hoxe é unha auténtica miscelánea que se corresponde co titulado. A Puertas hai que darlle parabéns porque nos introduciu nunha auténtica lección de Teodicea. Teoloxía natural ou racional pese a que hai xente que pensa que é unha “contradictio in términis”. Cando D .Ricardo nos introduciu nesa rama filosófica realmente o único que lle preocupaba e preguntaba no exame final eran as cinco vías de Santo Tomás. Hoxe esa forma de razoar do movemento inmóbil,causa incausada, continxencia,graos de perfección e goberno das cousas non nos dá frío nin calor. Esta mais interesada no acelerador de partículas e nas conclusións que se deriven dos distintos experimentos. Incluso esa partícula orixinaria da materia se a poden describir xa lle chaman a divina.

A Eduardo teño que avisalo de que a suxestión que lle fixen de que nos contase como era a sociedade irlandesa non o tome como un imperativo que eu non son quen para mandarlle nada. A todos un afectuoso saúdo. Deica logo. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario