Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 12 de abril de 2010

Noventa anos despois

Queridos amigos:Os que veñades á Coruña,si tedes tempo, non deixedes de visitar, no Círculo de Artesáns, na rúa de San Andrés, unha mostra das 49 estampas dá colección Nós de Castelao. Estará esta semana. O 19 retírana e irá itinerante polos Institutos da Coruña no que queda de curso.

O escenario é case idéntico ao de hai noventa anos cando no 1920 Castelao se dou a coñecer como debuxante, artista,escritor e político. O edificio que alberga a sé do Círculo de Artesáns mantense como nesa época. Daquela quen organizou foron as Irmandades da fala que naceran catro anos antes aquí na Coruña. Hoxe é o Concello a través da Concelleira de Normalización lingüística e maila Asociación Sociopedagóxica Galega que tantos anos leva axudándonos aos ensinantes a cumprir o mellor posible coas nosas obrigas.

Os debuxos están cargados de retranca. Aparece o que comenta:”Ves,mexan por min e teño que dicir que chove”e o da leiteira: de tanto “andar a servir se le esquenció el jallejo”.Tamén o do neno que conversa co compañeiro:non fala como nós porque llo prohibe o pai “que te es juardia de consumo” Tende presente que como bo rianxeiro Castelao fala como os de alá con gheada. Por alí hai moitos jatos, jaliñas e o lume acéndese con jarabullos. Todos os debuxos están no álbum Nos do que hai moitas edicións.

A punto de pasar un século e nalgunhas cousas mellorouse pero queda camiño por andar. O importante non é chegar se non seguir camiñando para diante e nunca retroceder. Como pretenden os de agora que fixeron que, en canto a política da lingua, se bote de menos a Fraga,

Como este espacio é para comunicación téñolle que dicir a Fernando que hai uns días, cando saíu a noticia de que aparecera un novo Australopitecos, acordeime de ti porque eras moi afeccionado a utilizar os nomes dos nosos antepasados, da rama dos “pizecos”, para comentar algo cando era impropio dos seres mais evolucionados. Hoxe non son seres en extinción. Quedan moitos con ideas e comportamentos sen evolucionar e non soamente no mundo relixioso senón tamén nas restantes ordes da vida.

Secundade a petición que fai Ramón Senín para que se lle perda o medo a utilizar estes modernos instrumentos. Se non lle facedes caso vai ter que darvos un mandato miliciano,por conduto regulamentario, que son de obrigado cumprimento, como ben recordaredes pola instrución militar recibida. Os que soamente xuramos bandeira quedariamos exentos aínda que a ignorancia da norma non exime do cumprimento. E certo que a maioría entramos este ano na 3ª idade. Esperemos que o sistema de pensións dure ...

Por hoxe mais nada .Cos mellores desexos para todos.Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario