Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 7 de septiembre de 2013

Novas sobre Andrés 3



Conforme indiquei o xoves onte practiquei unha das obras de misericordia que se recollen no catecismo dos padres Astete e Ripalda. Por certo cando se teña vagar pódese pasar un par de horas rememorando o que de pequenos estudabamos de memoria e gozar de como se despertan eses recordos que as neuronas manteñen apegados. Hoxe en internet está case todo. Podedes velo aquí: Catecismo de los padres Ripalda y Astete: adornado con 154 ...

Despois desta digresión,para ocupar mais espacio,sobra dicir que o enfermo visitado era Andrés. Encontreino bastante ben.Con bo aspecto. Algo canso xa de estar no hospital. Sen moitas ganas de falar pero seguramente é debido a cantidade de visitas que recibe. Xa camiña algo e come a pe. Parece que aínda terá,segundo a familia e os médicos, para varios días mais de hospitalización.

Cando estaba falando con el chegou Alvite Ponte que viña de pasar uns días de descanso, no pais veciño de Portugal,e que foi o que me mantivo informado da situación de Andrés nos primeiros días. Alvite tamén pasou un curso moi complicado con problemas de saúde e precisaba duns días de descanso. Xa comentamos que hai que ter un pouco de amor a un mesmo xa que é o paradigma do que lle deberiamos ter aos demais.”Amar ao próximo como a un mesmo”

Pois como vedes seguen sendo boas noticias neste tempo que abundan as malas. Hai uns días empezou unhas colaboracións na Radio galega o compañeiro Puertas. É unha gozada escoitarlle os contos e poesías amais os comentarios que fai da súa querida Camariñas.Tamém o podedes escoitar aquí:
Pensando en ti
Pensando en ti do día: 05/09/2013
05/09/2013 - 03:06 h

E nada mais. Saúdos a todos.

1 comentario:

  1. A ver si voy a saludar a Andrés, aunque tan sólo sea para decirle " hola y adiós " y desearle mejoría.
    Gracias por informar Rafael.
    Un abrazo para todos.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar