Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 6 de diciembre de 2013


TI PODES MOVER O MUNDO

A parte da campaña anual que Mans Unidas organiza todos os anos o segundo domingo de febreiro, este ano creou unha acción global nova de sensibilización solidaria para o desenvolvemento dos pobos do Sur.

24 horas que moven o mundo
Máis de 24 actividades diferentes en 24 cidades españolas, actividades con proxección internacional, pretenden a implicación e a responsabilidade individual no cambio social e solidario, necesario para lograr a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
24 HORAS... engloban numerosas actividades, para todos os públicos e distribuídas en catro modalidades xerais: Redes. Coñecemento. Arte. Solidariedade. Exemplos: contacontos, conferencias, debates, exposicións, mesas redondas, concertos, concursos…
As 24 HORAS... realízanse co apoio de 70 delegacións de MM UU distribuídas por toda España. Algunhas das actividades non terán delimitación xeográfica por seren a través de Internet, modalidade Redes.
Os eventos principais estanse a desenvolver en cidades como Albacete, Almería, As Palmas, Barcelona, Castelló, Ceuta, Cidade Real, Granada, Guadix, Huesca, León, Logroño, Madrid, Málaga, Mallorca, Ourense, Pontevedra, Salamanca, Santiago de Compostela e Sevilla.

Inicio da acción
A campaña comezou o 21 de novembro coa actividade Acende a chama.
MM UU está presente entre os pobres de 56 países de África, América Latina e Asia con 550 proxectos de cooperación e durante as 24 horas do 21 de novembro unha cadea de luz percorreu as franxas horarias, de Leste a Oeste, e creou un ronsel de luz que lembrase simbolicamente a necesidade de traballar unidos polo desenvolvemento integral das persoas, especialmente das máis necesitadas.

www.manosunidas.org

Pontevedra
En Pontevedra, o slogan Ti podes mover o mundo concrétase en tres actividades:
  1. Acende a chama, un acto simbólico de acender unha vela para alumar un mundo máis xusto, equitativo e solidario.
  1. Mozambique no obxectivo, unha exposición itinerante de fotografías sobre os proxectos que MM UU está materializando en Mozambique. Percorrerá distintas parroquias e centros escolares de Pontevedra e comarca. A participación dos visitantes concrétase coa actividade escrita Expresa a túa solidariedade.
  2. Concerto solidario: será o 13 de decembro no Teatro Principal, coa participación desinteresada de tres corais polifónicas: Bella Helenes, O Chopo e Sobradelo.
Resignarse é entrar no reino dos zombis, no limbo dos mortos-viventes.

Saúdos.
Eduardo.

2 comentarios:

  1. Efectivamente, Eduardo, coma ben dis: resirnarse é entrar no mundo dos mortos...E, todos nos, temos que estar ben vivos pa loitar contra tanta inxustiza que hai neste mundo.
    Noraboa polos teus escritos.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Grazas Eduardo pola información que nos facilitas de Mans Unidas que tanto aportan, tanto aos nenos e a xuventude como a sociedade en xeral ,coas súas campañas de sensibilización distintas as do consumismo que nos consumen a todos.Dentro do pesimismo de malas noticias que nos invade todos os días queda, para decatarnos que vivimos nunha sociedade humana, as boas accións de todas aquelas persoas que axudan aos demais de calquera menira como son as dos bancos de alimentos cos que se ven colaborar a moita xente.Sinal de que os sentimentos de humanidade e solidariedade aínda aniñan en nós.Un saúdo de vello e de amigo.Rafael.

    ResponderEliminar