¡ BO NADAL !...aínda que tan só sexa para os espiritos.
Antonio Puertas
A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
domingo, 20 de diciembre de 2015
lunes, 30 de noviembre de 2015
lunes, 9 de noviembre de 2015
OPINION PUBLICADA
Vou acender unha lámpada de baixo consumo, ou prender unha candea, para entrar neste cuarto do blog e non tropezar e magoarme con algún obxecto non identifivado.O pobre de Antonio Puertas non sei como fixo para colar as súas poesías.Faríao a plena luz do día para non tremer de medo.Non me fagades caso ao final o único certo e aquel dito ou máxima que dicía: Vánitas vanitatum et omnis vánitas.Pois de leria xa "sufficit yam".Aí queda unha coudsa que escribín hai und días e pedíronme que a deixase aí e dito e feito.Aí queda:
CONDUCTA HEROICA
CONDUCTA HEROICA
Informounos este xornal recentemente que os fillos
da finada Rosalía Mera e de Amancio Ortega , Sandra e Marcos,
ingresaron na Facenda Pública Galega mais de 100 millóns de euros
polo imposto de sucesións e doazóns. Rosalía Mera,cando se faga a
súa haxiografía,será tida como unha Rosalía de Castro no
literario,unha María Pita na defensa dunha cidade ou unha Xoana de
Vega na protección da beneficencia na Coruña. Rosalía Mera foino
na defensa e promoción de persoas de capacidades diversas sen
preguntar de quen viñan sendo. A fundación Paideia é todo un
exemplo na cidade da Coruña.
O titular da noticia era:”La Xunta hizo su
agosto con la herencia de Rosalía Mera” Representa
mais do 40% do total recadado o ano pasado por ese tributo. Dunha nai
así era de esperar unha conduta exemplar dos seus fillos
A noticia refería,aí está a heroicidade,que distintos asesores
fiscais recomendáranlles mudar de domicilio para a comunidade de
Madrid para non teren que pagar ese imposto. Nos tempos que corren
,onde personaxes nun tempo respectables e con responsabilidades
públicas saquean o diñeiro de todos,lévano a paraísos fiscais
para non contribuír no seu pais,ninguén negará que estes dous
cidadáns merecen ser candidatos a medalla de honra de Galicia ou as
de Castelao ou a algunha que se cree a propósito para conmemorar
condutas heroicas. Axudaría ademais,xa que os exemplos arrastran e
as palabras lévaas o vento,a ser un referente ético onde a lei que
impera é a de que o diñeiro,canto mais mellor, é a medida de todo
.
Cos mellores desexos.Rafael
viernes, 6 de noviembre de 2015
LLEVARÁS
Llevarás
contigo la infancia de mi vida
cuando se
apaguen las luces de mis recuerdos.
Llevarás
mis ilusiones sin más salida,
que el sino
de vida que dictaron los cielos.
Llevarás mi
silencio hasta tu cementerio,
sin lágrimas
en los ojos de un cuerpo inerte.
Llevarás el
enigma hasta ver el misterio,
…mas,
no podrás con mi alma, aunque en polvo despierte.
Antonio
Puertas
domingo, 25 de octubre de 2015
O Vilán de Fora
...Tamén, por deixar algo e non morrer no intento:
O VILÁN DE FORA
Roxen os ventos no
Vilán de Fora,
e o mar debulla na
cerna da rocha;
a barquiña cruza a
carón da focha
seguindo a canle
da espuma que aflora
…e afoga de
proa,.. erguéndose agora.
En lampo cumial
planea a gaivota
danzando co mar da
terra que acocha,
o niño espido no
Vilán de Fora.
Maxestoso, érguese
o noso Villano,
retando a un pulso
co seu braceo
ao vento e ó mar,
a través do engano,
e, oufano, ós
dobrega de forzas cheo,
cos raios que
cisca pa perder no ceo.
Antonio Puertas.
martes, 29 de septiembre de 2015
POR DEIXAR ALGO
Hoxe,ademais de por estar de días,tiven algunhas chamadas pedíndome que puxese no Blog o que publicou onte a Voz.Como o traballo que da é mínimo,é un corta e paga, pois aí queda para que o que o pediu e mais algún que outro que poida entrar teña acceso.Que sexades moi felices na medida en que sexa posible cada un en función das súas circunstancias que como dicía,coido que era Ortega,un e un e as súas circunstancias.
Aí queda:
ANTICORRUPCION EN GALICIA
A Fiscalía contra a
Corrupción e a Criminalidade Organizada, é o nome oficial, foi
creada no ano 1995, na etapa final do Goberno de Felipe González,
Acordamos que foi unha época inzada de casos de corrupción. Neses
anos popularizouse o slogan“Vaiase señor González”
destacando o Partido Popular por perseguir e denunciar un estado de
corrupción asfixiante. Despois de acadar o goberno xa non foi tan
entusiasta. No 2003 destituíu a D. Carlos Jiménez Villarejo,e ao
ano seguinte o Fiscal Xeral do Estrado, D.Jesús Cardenal, xa
propuxo suprimir a Fiscalía anticorrupción.
Nestas días que tanto
aquí, operación Patos ,como en Madrid a Púnica seguimos botándonos
as mans á cabeza pola cantidade de descarados e desvergonzados que
malversan diñeiro público, prevaricando, facendo algo inxusto
sabendo que o é. Nin devolven o roubado .nin hai esperanza de que
os xulguen mentres non pasan dez ou mais anos Seguen burlándose dos
demais cidadáns que pagan relixiosamente os seus impostos esperando
un xuízo e unha sentencia que nunca da chegado.
O peor disto é que houbo moita xente pedindo dende hai anos que tivésemos en Galicia unha fiscalía anticorrupción e non fixeron caso nin ao Fiscal D. Carlos Varela , nin a Xunta de Fiscais e ao Tribunal Superior de Xustiza. A resposta sempre era o silencio ou que non era a comunidade onde mais falta facía. ¿Ou será que,como pensan algúns, aos raposos non lle gusta toparse con cans que os persigan, cando van aos galiñeiros?
Pois deica á próxima vez. Rafael
jueves, 17 de septiembre de 2015
Como xa comín, despois do xantar, ven o postre ( segundo prometín a algúns- pa que non morran de fame ):
VEÑO DA VIRXE DA
BARCA
Veño da Virxe da
Barca,
da Virxe da Barca
veño,
co pandeiro aqueloutrado,
de tanto viño que
teño.
Vou cara a Virxe da
Barca,
co meu pasiño
lixeiro,
por veces tocando a
gaita,
e, por veces, o
pandeiro.
A gaita mendada ía
bufando por un
remendo,
-por culpa dunha costura-
cunha arte que non
entendo.
Canto e bailo co
Ribeiro
e co mareo que teño:
...un grolo de aquí e
outro de ala,
-a miña bola- vou e veño.
Con saleiro, vou por Muxía,
malia que achico o
punteiro,
que rachou en medio da
estrada,
mallado por ser
festeiro.
Pobriña gaitiña miña,
que estoupou polo
remendo;
xa a gaita non vale
nada,
e a costureira na
entendo.
Veño da Virxe da
Barca,
achicado e sen
pandeiro,
que mala chispa á
parta
por ter zurcido o punteiro.
Antonio Puertas
PALOMA BLANCA
Paloma blanca, si es que me muero
al cruzar el cielo o el ancho mar,
lleva en tu vuelo mi cancionero,
en tu vuelo lleva este cantar.
Lleva mi amor a quien yo más quiero,
blanca paloma del palomar,
llévale un beso, que es el primero,
que abre los cielos para volar.
Dile paloma que yo la quiero,
como la orilla quiere a la mar;
dile paloma que yo la espero
junto a las olas con mi cantar.
Dile que he vuelto con mis recuerdos,
dile que he vuelto para soñar
con los luceros aletargados,
que en su mirada yo he visto brillar.
Paloma blanca lleva mi barca,
si es que a su nido vas a volar,
pues, con sus velas, el cielo abarca,
y surca el tiempo con mi cantar.
Antonio Puertas
sábado, 12 de septiembre de 2015
CONVIVENCIA 2015
Para
que conste onde proceda vou deixar neste muro ou muralla, leva
pechada unha morea de tempo, as fotos que me mandou moi
dilixentemente o compañeiro Enrique para que se poidan contemplar
cun simple clik aqueles que non teñan medo a estes modernos
cacharros que revolucionaron por completo a forma de andarmos polo
mundo.
E
obrigado comentar a sentida ausencia do compañeiro Barral (RIP) que
sempre ordenaba facer a foto de todos que logo nos entregaba ao ano
seguinte. Desta vez ninguén fixo a acordanza e quedou sen facer.
E
de xustiza tamén agradecerlle aos que organizaron esta convivencia o
de volver a Belvís onde pasamos o final da infancia e toda a
adolescencia. Igualmente o de ir a San Martiño onde tamén algúns
pasamos sete anos e como dicía Ramón Senín debestes de ter
vivencias moi profundas. A verdade é que como bo militar,seguramente
o foi,rigoroso e observador,non lle falta razón. Ante esa monumental
Igrexa e diante do retablo barroco mais característico da arte
universal foi onde accedemos ao mester de clerecía.
Debe
igualmente quedar constancia do satisfeito que quedou Agustín Dios
pola alta participación,34 asistentes, este ano. El como bo
dirixente bancario acostumado a traballar por obxectivos valora moito
mellor ca ninguén a medición dese dato.
Tamén
a Enrique que tivo a feliz idea,ademais do traballo na organización,
de propor a visita a Igrexa de San Martiño que moito ten que ver e
admirar.
A
alguén se lle pasou ler no,memento de defuntos ,a lista dos
ausentes. Para min era o momento mais desacougante destas xuntanzas.
Seguramente por pertencer á dinastía numerosa dos “garcias”dos
que quedamos menos da metade.
Como
introdución ou exordio para colar as fotos xa é suficiente. No
epílogo farei algunha breve consideración e queda xa a peza
completa. Diría D. Manuel Calvo Tojo. profesor que foi de
elocuencia.
Aí
quedan as imaxes:
Pois nada masi como epílogo: mercade tinta e mais estilográfica se a perdestes e cando non teññdes algo mellor que facer deixade algo neste taboleiro para xeral coñecemento se vos parece ben.Saúdos para todos e seguiremos vivindo que "Vivere neccese est,navigare non est neccese.Rafael
martes, 28 de abril de 2015
CURIOSIDADE
Deixo aí algo que me chamou tanto a atención como cando souben que san Ramón (non nato)nunca existiu pese a ter unha capela no concello de Boiro mais grande ca de ningunha das parroquias. Mandouse facer no sécul XIX para cristianizar un lucal de culto pagán onde se xuntaban as parellas que tiñan problemas de fertilidade a dormir nas chamadas camas de pedra.Algo parecido ao que sucedía na Lanzada.
Pois aí queda no caso de que alguén despistado entre:
San Rabón, que vuelve buenos a los maridos malos.
No caso de non velo por isto en GOOGlE e seguro que o atopades
Disto,retrotraéndose a hai cincuenta ou sesenta anos,cantos casos non haberá.Un saudo para quen o recolla..Rafael
lunes, 13 de abril de 2015
ROUCO TOLEOU
Creo que debe quedar constancia aquí do que lle sucede ao Cardeal Rouco.Perdeu a cabeza.Doutro modo non se entende que non faga caso aos propios compañeiros de mitra.Hoxe sae no pais unha información de moitas comunidades cristiáns que o denuncian profeticamente.Queda aí o enlace para accder a esa información. Eu hai un tempo xa escribira que o deben de facer entrar en razón os de arriba xa que aos de abaixo,cristiáns de base, non lles fai puto caso:
Organizaciones cristianas deploran el estilo de vida de Rouco
Saudos. Rafael
martes, 7 de abril de 2015
Programa da Radio Galega Pensando en ti, en Camriñas. Desta Seama Santa.
Esta foi a miña aportación ao Programa da Radia Galega Pensando en Tí, que tivera lugar en Camariñas, a pasada madrugada do Venres.
¿ QUE MAIS HEI DICIR...?
¿ Que mais hei dicir eu de ti ?
¿ Que mais dicir que non dixera ?
Se ti es a cerna que hai en min
...¡ alma túa, que Deus me dera !
¿ Que mais dicir que non dixera ?
Se ti es a cerna que hai en min
...¡ alma túa, que Deus me dera !
Estás prendida nos mares,
ca alma da sal mariñeira,
coas pinceladas nas peles,
...raza nosa, a súa maneira.
ca alma da sal mariñeira,
coas pinceladas nas peles,
...raza nosa, a súa maneira.
Eu Nacín no Rueiro Novo
ca semente desta terra;
eu nacín e xa non morro
porque o teu mundo me encerra.
ca semente desta terra;
eu nacín e xa non morro
porque o teu mundo me encerra.
Alí me encerra e confunde
ca herba do teu camposanto,
mirando cara a Lingunde,
cas mans do Carme por manto.
ca herba do teu camposanto,
mirando cara a Lingunde,
cas mans do Carme por manto.
Manto teu de verdes prados
e de area inmaculada,
mantelo de antepasados
da miña terra sagrada.
e de area inmaculada,
mantelo de antepasados
da miña terra sagrada.
Gorecido por San Xurxo,
e a Nai do Monte, que garda,
a bocana do refuxio,
por se o meu barco naufraga.
e a Nai do Monte, que garda,
a bocana do refuxio,
por se o meu barco naufraga.
Velaí teño o mar de Reira,
e o Castelo Soberano,
cos fachos pola ribeira
do noso faro Villano.
e o Castelo Soberano,
cos fachos pola ribeira
do noso faro Villano.
Teño festas e romeiros,
e peixe brincando na ría,
patacas de San Xurelos
e alboradas dun novo día.
e peixe brincando na ría,
patacas de San Xurelos
e alboradas dun novo día.
A tódalas horas han vir
puntillas de Camariñas,
a lembrar co seu tinguir,
que, do pano, son as raíñas.
puntillas de Camariñas,
a lembrar co seu tinguir,
que, do pano, son as raíñas.
¿ Que mais hei dicir eu de ti ?
se ti es a voz que me berra,
se non son eu quen vive en min
que é a xerme da túa terra.
se ti es a voz que me berra,
se non son eu quen vive en min
que é a xerme da túa terra.
Antonio Puertas.
Xogando a tornela, deixei miña terra,
xogando a tornela e cruzando as espadas,
co aro, o trompo, ou a raia-despois da posguerra-
e cos meus tira croios, ¡ que tantas pedradas... !
Xogando a tornela e as mozas a raia,
cos meus amoriños ¡ que tan ben brincaba !
e a buxaina viraba debaixo da saia,
nos pes da meniña, que alegre cantaba.
Por aqueles tempos de feliz infancia,
os soños voaban nunha bagatela,
metidos nos xogos da nosa herdanza,
bailando “ Carmiña, Carmiña, Carmela
...con zapatos brancos e medias de seda “
Deixei esta terra que non tiña cancelas,
cun inmenso mar de ovellas de seda,
sen coto a infancia, nin olliños pa velas.
xogando a tornela e cruzando as espadas,
co aro, o trompo, ou a raia-despois da posguerra-
e cos meus tira croios, ¡ que tantas pedradas... !
Xogando a tornela e as mozas a raia,
cos meus amoriños ¡ que tan ben brincaba !
e a buxaina viraba debaixo da saia,
nos pes da meniña, que alegre cantaba.
Por aqueles tempos de feliz infancia,
os soños voaban nunha bagatela,
metidos nos xogos da nosa herdanza,
bailando “ Carmiña, Carmiña, Carmela
...con zapatos brancos e medias de seda “
Deixei esta terra que non tiña cancelas,
cun inmenso mar de ovellas de seda,
sen coto a infancia, nin olliños pa velas.
¿ Que mais hei dicir eu de ti ? ¿ Que dicir que aínda non dixera...? Se deixei miña terra coa “ Milagre da Xesteira “,...a carreta polos aires e a San Francisco colgado dun pino no medio da borraxeira.
Deixei os salseiros da Perica, nos mares de Lingunde, na Punta Ancha e na Arnela, ateigada de polbos da nosa terra. Deixei a ruta dos mares, camiño de Reira...e, a Tuno, o canciño inseparable das miñas xeiras. Aturei os ocos das pisadas da Virxe do Monte, co suor dos grolos de viño santo, traendo e levando recados de don Ramón, o cura mais despistado da posguerra.
Deixei a Batalla que nunca houbera, coas espadas escachizadas nas rúas sementadas de pedras . E as tropas de Finito, en franca retirada, co rabo entre as pernas e as espadas en alto, dende a cima do Campo.
Deixei o Caruncho nas leiras, e o chumbo na Praia,... e, xa, nunca mais puiden mercalas entradas po cine Rialto, nin cantar con Pedro Infante ou con Xurxo Negrete, a peito aberto : “ hai Jalisco no te rajes, me sale del alma gritar con ardor “ ...... Aínda que, coma lle está a acontecer ao amigo Totis, de aquel gran chorro de voz, tan só nos quede un “ chisquete “ A trama da película, resumíaa a señora Erundina ( q.e.p.d ) en tres palabras: “Digna de ver “
Deixei ao Señor Mariano da Cabreira, escorrentando el soíño no Adro a manadas de trasnos, couceando cunha farrapenta pelota de trapo...E, bailando, a todo o meu pobo ó compás da Raspita, baixo o son das badaladas, que estaban a marcar os saltiños das beatas; mentres, persignándose, dicían sobre a marcha: o que hai que ver e oír nestes tempos modernos...estes rapaces son o demo.
Deixei o campo santo, co noso Señor e co demo empeñados nunha partida de figos, cos espíritos das noites en disputa: un para min, e outro para min... un para ti, e outro para min...
E, alí quedou aquel solemne bautizo xitano, diluído no devalo do regato da Rega, até morrer coas palabras do vello no mar insondable: “ Yo te bautizo en este riguero, pa que seas ladrón y ligero... “
E, deixei coa palabra na boca, ao meu amigo Paco de Roque, cando xa estaba a pique de desmontar en fase terminal, con probas de tinto e saltos de ra, de que Colón non fora madrugador; posto que estaba amocado nas bodegas da Pinta en compaña dun batracio, oriúndo e criado na Furna dos Sapos, marcando os compases dos tombos de mar cos aloulalas na gloriosa carabela e na taberna de Braulio, co tinto da colleita dese ano.
E, alí quedou para sempre Xosé do Joriño sentado no seu despacho, coa mensaxe dun parte de guerra que, Don Tomás Artaza, lle trouxera a escape: “ Hai, Pepiño, isto si que é un bo fracaso...”
E, ao Práxedes, prendendo mechas no Curbeiro, pa pescar ollomoles por fora da Barca. E, logo, atracar cun farrapento trapo branco, bandeando sen control polo peirao adiante.
E, á nosa incomparable Semana Santa, ca cabicha colgando nos fociños dos xudeus, tal día coma hoxe. E, deixei, a medias, aquela enquisa do crego, sobre quen matara a Xesús Cristo... Non houbo ninguén que ó soubera- nin Manoliño, con ser o mais listo - Tan só escoitouse un intrigante comentario polo templo: “ non llo digas, fillo,... non llo digas. Quen queira sabelo, que vaia o seminario “
E, as merecentes loanzas ao meu traxe de pantalón chanchullo e gorra de viseira...” Mira que si va chulo, que hasta la chaqueta le da por el culo “
Pendentes quedaron, tamén, as derradeiras cagadas na Carnicería - medidas en brazadas i en quilos - agardando o veredicto dos mais espertos do Concello, en temas la mar de complicados.
Deixei esta terra miña no touporroutou do coche de Pombo, ranqueando polas Carballas arriba, pa cruzalo meu espírito enchoupado de sal, cara aqueles mundos, retratados tan só na miña fantasía.
Mundos tan distintos aos nosos onde moitas destas historias, non teñen sentido mais aló dos nosos rueiros.
Aínda que eles, sen dúbida, tamén tiveron idénticas batallas que nunca foron ,..e xogaron a buxaina, a mariola, e ó aro... Historias axeitadas a esta Galicia nosa, eterna e misteriosa, de meigas e de trasnos, de curandeiros, de galáns e de xitanos.
Terras de Carnota onde, aínda hoxe, están a rosmar no meu sentido aqueles lategazos dos tombos na area, furando os meus soños de rapaz nas noites de invernía.
Terras de Teixeiro, onde o paisano mercara unha radio, á condición de poder escoitar a Manolo Escobar...- Ante todo, garantía de calidade -
E, por fin, aquela tartana aboiada, ranqueando polas Carballas, amarrou firme ao peirao da miña segunda patria: Abegondo. Alí, no lugar de Beldoña, atopei ao meu amor a beira do río Mero, dormente nunha cuncha de nácar, con catro perliñas da madreperla, agardando a que un fado encantado, espertara cun bico na illa de A Toxa a uns ollos verdes coma o mar, con corazón de terra a dentro.
Terra nobre onde, dende entón, están a tintinar as campás de San Antón, xunto coas cereixas cascabeleiras do San Xoán, pa que, os labregos, poidan facer un alto nas labores e secar o suor,... namentres escoitan, por un instante, no medio dunha selva de piñeiros rumorosos, o resón infinito do Vilán de Fora.
Deixei os salseiros da Perica, nos mares de Lingunde, na Punta Ancha e na Arnela, ateigada de polbos da nosa terra. Deixei a ruta dos mares, camiño de Reira...e, a Tuno, o canciño inseparable das miñas xeiras. Aturei os ocos das pisadas da Virxe do Monte, co suor dos grolos de viño santo, traendo e levando recados de don Ramón, o cura mais despistado da posguerra.
Deixei a Batalla que nunca houbera, coas espadas escachizadas nas rúas sementadas de pedras . E as tropas de Finito, en franca retirada, co rabo entre as pernas e as espadas en alto, dende a cima do Campo.
Deixei o Caruncho nas leiras, e o chumbo na Praia,... e, xa, nunca mais puiden mercalas entradas po cine Rialto, nin cantar con Pedro Infante ou con Xurxo Negrete, a peito aberto : “ hai Jalisco no te rajes, me sale del alma gritar con ardor “ ...... Aínda que, coma lle está a acontecer ao amigo Totis, de aquel gran chorro de voz, tan só nos quede un “ chisquete “ A trama da película, resumíaa a señora Erundina ( q.e.p.d ) en tres palabras: “Digna de ver “
Deixei ao Señor Mariano da Cabreira, escorrentando el soíño no Adro a manadas de trasnos, couceando cunha farrapenta pelota de trapo...E, bailando, a todo o meu pobo ó compás da Raspita, baixo o son das badaladas, que estaban a marcar os saltiños das beatas; mentres, persignándose, dicían sobre a marcha: o que hai que ver e oír nestes tempos modernos...estes rapaces son o demo.
Deixei o campo santo, co noso Señor e co demo empeñados nunha partida de figos, cos espíritos das noites en disputa: un para min, e outro para min... un para ti, e outro para min...
E, alí quedou aquel solemne bautizo xitano, diluído no devalo do regato da Rega, até morrer coas palabras do vello no mar insondable: “ Yo te bautizo en este riguero, pa que seas ladrón y ligero... “
E, deixei coa palabra na boca, ao meu amigo Paco de Roque, cando xa estaba a pique de desmontar en fase terminal, con probas de tinto e saltos de ra, de que Colón non fora madrugador; posto que estaba amocado nas bodegas da Pinta en compaña dun batracio, oriúndo e criado na Furna dos Sapos, marcando os compases dos tombos de mar cos aloulalas na gloriosa carabela e na taberna de Braulio, co tinto da colleita dese ano.
E, alí quedou para sempre Xosé do Joriño sentado no seu despacho, coa mensaxe dun parte de guerra que, Don Tomás Artaza, lle trouxera a escape: “ Hai, Pepiño, isto si que é un bo fracaso...”
E, ao Práxedes, prendendo mechas no Curbeiro, pa pescar ollomoles por fora da Barca. E, logo, atracar cun farrapento trapo branco, bandeando sen control polo peirao adiante.
E, á nosa incomparable Semana Santa, ca cabicha colgando nos fociños dos xudeus, tal día coma hoxe. E, deixei, a medias, aquela enquisa do crego, sobre quen matara a Xesús Cristo... Non houbo ninguén que ó soubera- nin Manoliño, con ser o mais listo - Tan só escoitouse un intrigante comentario polo templo: “ non llo digas, fillo,... non llo digas. Quen queira sabelo, que vaia o seminario “
E, as merecentes loanzas ao meu traxe de pantalón chanchullo e gorra de viseira...” Mira que si va chulo, que hasta la chaqueta le da por el culo “
Pendentes quedaron, tamén, as derradeiras cagadas na Carnicería - medidas en brazadas i en quilos - agardando o veredicto dos mais espertos do Concello, en temas la mar de complicados.
Deixei esta terra miña no touporroutou do coche de Pombo, ranqueando polas Carballas arriba, pa cruzalo meu espírito enchoupado de sal, cara aqueles mundos, retratados tan só na miña fantasía.
Mundos tan distintos aos nosos onde moitas destas historias, non teñen sentido mais aló dos nosos rueiros.
Aínda que eles, sen dúbida, tamén tiveron idénticas batallas que nunca foron ,..e xogaron a buxaina, a mariola, e ó aro... Historias axeitadas a esta Galicia nosa, eterna e misteriosa, de meigas e de trasnos, de curandeiros, de galáns e de xitanos.
Terras de Carnota onde, aínda hoxe, están a rosmar no meu sentido aqueles lategazos dos tombos na area, furando os meus soños de rapaz nas noites de invernía.
Terras de Teixeiro, onde o paisano mercara unha radio, á condición de poder escoitar a Manolo Escobar...- Ante todo, garantía de calidade -
E, por fin, aquela tartana aboiada, ranqueando polas Carballas, amarrou firme ao peirao da miña segunda patria: Abegondo. Alí, no lugar de Beldoña, atopei ao meu amor a beira do río Mero, dormente nunha cuncha de nácar, con catro perliñas da madreperla, agardando a que un fado encantado, espertara cun bico na illa de A Toxa a uns ollos verdes coma o mar, con corazón de terra a dentro.
Terra nobre onde, dende entón, están a tintinar as campás de San Antón, xunto coas cereixas cascabeleiras do San Xoán, pa que, os labregos, poidan facer un alto nas labores e secar o suor,... namentres escoitan, por un instante, no medio dunha selva de piñeiros rumorosos, o resón infinito do Vilán de Fora.
¿ Qué es el tiempo ?
Una medida añorada
que se cobija en el alma,
de recuerdos y mentiras,
de verdades… y de nada.
Aún fue ayer, que en La Toja,
buceando, nada buscaba,
y un resplandor en la arena
me cegó en medio del agua.
Brillando, he visto un tesoro
envuelto en concha de nácar,
me cautivó su belleza
al asomar su mirada.
Y esa mirada cautiva
en medio de aquellas aguas,
pasados los años me dio
cuatro perlitas de nácar.
El tiempo, sueño en olvido,
que guardas dentro del alma,
no se sabe lo que oculta
en medio de lo que es la nada.
que se cobija en el alma,
de recuerdos y mentiras,
de verdades… y de nada.
Aún fue ayer, que en La Toja,
buceando, nada buscaba,
y un resplandor en la arena
me cegó en medio del agua.
Brillando, he visto un tesoro
envuelto en concha de nácar,
me cautivó su belleza
al asomar su mirada.
Y esa mirada cautiva
en medio de aquellas aguas,
pasados los años me dio
cuatro perlitas de nácar.
El tiempo, sueño en olvido,
que guardas dentro del alma,
no se sabe lo que oculta
en medio de lo que es la nada.
Antonio Puertas
sábado, 4 de abril de 2015
ESTIMADA A PETICION
Pediume
un compañeiro que puxese algo de que escribía no Blog. El non quere
escribir pese a saber facelo pero gústalle entrar e ver algo alí.
Como con estes trebellos tan modernos ,co corta e pega,desde que
escribes algo poñelo ou non leva o tempo dun credo ou dunha salve.
-(Nos libros vellos de cociña,os de antes que copiaban as receitas
dos mosteiros e conventos,cando eran tempos curtos en vez de medilos
en minutos,facíano co tempo que levaba rezar un ou tres credos ou
salves)
Pois
aí queda o que teño escribido este ano. A orde é de mais recente a
menos:
“””VIRXE DA BARCA
Ven de publicar este diario o descontento existente sobre o estado en
que quedou o santuario da Virxe da Barca despois do incendio. Parece
que non e do agrado dos veciños da vila. Así o manifestaron nunha
xuntanza dunhas cen persoas. Algúns tan alporizados andaban que
lles escaparon palabras maiores como que: a carpintería que
utilizaron o mellor sería “plantarlle lume”.Ou que “isto
non é digno da Virxe da Barca”As
críticas proviñan do crego da vila,alcalde e veciños destacados.
Ían dirixidas aos representantes do Arcebispado a quen lles
recriminaron consentir no santuario o que non permitirían na
Catedral de Santiago e mais contra a dirección técnica que levou a
cabo a obra de restauración.
Para
mais inri ,vala a semellanza como na Cruz do Calvario, no propio
templo incrustaron unha sinalización que reza.”NUESTRA SEÑORA DE
LA BARCA”deturpando a toponimia orixinal tan popularizada de “VIRXE
DA BARCA”.Hai moitos que non entenden como a Igrexa,propietaria do
santuario, unha icona para todo Galicia, non coida e utiliza o idioma
propio Neste sentido hai que recoñecer que a sociedade civil vai
por diante. O Diario Oficial de Galicia publícase integramente en
galego dende hai ,moitos anos mentres que o Boletín Oficial do
Arcebispado de Santiago aínda o fai en galego e castelán igual co
DOGA, nos primeiros anos de autonomía, que se publicaba en edición
bilingüe.
TARXETAS BLACK
Levamos
unha morea de días aguantando con carraxe as informacións que foron
saíndo na prensa e televisións sobre esas tarxetas negras. Os
máximos responsables de Bankia gastaron no que lles dou a gaña unha
cantidade que en conxunto supera uns 15 millóns de Euros. O que
sorprende moito e que se informe con detalle o que gastou cadaquén.
Tamén sorprenden as peregrinas manifestacións ante o Xulgado,que
obrigou ao Xuíz a preguntarlles quen era o que tiña que
advertirlles que iso non estaba ben?.Non eran eles os máximos
responsables do banco?
Agora
sabemos as cantidades importantes que lles piden de fianza. As
alegacións de que era parte do seu salario despachas o Xuíz dicindo
que o que manifestan escapa ás normas do sentido común e da lóxica
empresarial.
O
que custa moito traballo entender é que saibamos tanto destes
comportamentos golfos, indecentes e delituosos que supoñen unha
cantidade importante de diñeiro e non se diga nada dos 23.465
millóns de Euros que custou o rescate de Bankia. O mais caro da
historia de España. Esperemos que nos informen con detalle a onde
foi a parar esa inxente cantidade de diñeiro e quen se beneficiou.
Os 15 millóns de Euros das tarxetas black son o equivalente, en
volume ,a una agulla nun palleiro ou a un grao de millo non hórreo
como o de Carnota que pasa por ser o mais grande da nosa terra.
Queremos seguir sabendp
ESTADO FALLADO
Hai catro anos,mais ou menos ,que se nos fixo familiar falar dos
estados fallados. Somalia era o exemplo mais elocuente. A corrupción
existente,a falla de democracia e a violación constante dos dereitos
humanos espertou nesa nación un terrorismo e piratería sobre a
frota que navegaba e pescaba nas rutas cara ao canal de Suez. Esta
situación obrigou a crear unha vixilancia internacional para evitar
a piratería e os rescates que arruinaban ás empresas navieiras.
Hoxe
chama a atención que nas últimas xuntanzas dos xuíces decanos de
toda España se fale da posibilidade de estármonos en camiño de ser
un estado fallado. A carencia de medios nos xulgados e clamorosa. As
queixas da tardanza en resolver os asuntos e unánime. Os que mais se
queixan son incluso os propios gobernantes.
Estanse
mandando citacións para xuízos por reclamación de salarios ou
indemnizacións para dentro de 2,3 ou 4 anos. En Sevilla citaron
para o ano 1919. Escoitarlle hai poucos días ao recen nomeado
ministro de Xustiza laiarse así: ” A uno se le cae la cara de
vergüenza cuando a un ciudadano se le cita para dentro de tres años”
e que ,de inmediato,non anuncie medidas para corrixilo fai pensar que
podemos chegar a ser,mais cedo ca tarde, un estado fallado.
DAVID
E GOLIAT
No
libro de Samuel,na Biblia,cóntase como os filisteos levaban corenta
anos en guerra co antigo pobo de Israel. Os filisteos tiñan como
xefe un xigante chamado Goliat temido por todos. Un día o pastor
David ofreceuse a loitar contra el e cun tirapedras acertoulle na
testa e caeu morto nun instante.
Ven
a conto do que está a pasar con Podemos. Ten pouco mais dun ano de
vida e xa todo o mundo anda a examinalo como se fose o que estivo
gobernando e tomando decisións para levarnos a situación na que
estamos. Claro que se pode criticar. Por suposto que si. Pero tamén
lle hai que recoñecer que é mellor ter un interlocutor e non
milleiros de xente berrando ante o Congreso dos Deputados que “non
nos representan”. O sistema democrático debéralle recoñecer
unha representación ca opinión pública lles outorga, segundo as
enquisas, e pensar se a teñen por demérito dos demais ou por
méritos deles.
Este ano teremos ocasión de contemplar, nos catro procesos electorais anunciados, se tamén o pequeno partido de Podemos, o pastor David, en proceso de formación, é capaz de ganarlle a Goliat, aos xigantes que nos levan gobernando case tamén corenta anos.
Este ano teremos ocasión de contemplar, nos catro procesos electorais anunciados, se tamén o pequeno partido de Podemos, o pastor David, en proceso de formación, é capaz de ganarlle a Goliat, aos xigantes que nos levan gobernando case tamén corenta anos.
DE
AUDIÓFONOS E LENTES
De
resultar que se celebraren as eleccións andaluzas no mes de marzo
teriamos nun mesmo ano catro procesos electorais: as andaluzas,as
locais e autonómicas en maio,as cataláns en setembro e as xerais a
finais do ano.
Cando
se aveciñan tantas eleccións hai que lelo todo e mais escoitalo en
clave electoral. Nese tempo e proceso de influír no voto interveñen
as informacións, as publicidades e as propagandas. Nas sociedades
modernas resulta complicado distinguir o que é unha información
obxectiva,unha interesada ou cando é pura propaganda. Por iso neste
ano horrible,fai estarrecer e sufrir a moita xente, que nos agarda
sería cousa moi boa dispor de algúns dispositivo que nos axudase a
facelo menos insufrible e mais tolerable.. Por exemplo dispoñer
dunhas lentes intelixentes, como as que permiten ver en tres
dimensións, que nos advertisen cun sinal luminoso cando algunha
información e puro engano,propaganda, media verdade ou capcioso
invento e manipulación. Ou tamén uns audiófonos que igual que
cando as pilas teñen pouca carga dá uns asubíos tamén o fixese
cando escoitamos grandes mentiras como a de que o partido do goberno
non tivo caixa be cando o dixo o xuíz,o fiscal e a avogacía do
estado que consideran acreditada a dobre contabilidade.
Estes
posibles inventos,de existiren algún día, parécennos hoxe pura
fantasía. Non obstante,se nos dixeren, hai poucos anos ,que teriamos
uns teléfonos,chamados intelixentes,que gravasen vídeos e voz ,
fotografasen e o resultado puidese ser mandados nun instante a
calquera parte do mundo e que ademais nos permitiren escoitar a
radio, obter calquera información de modo instantáneo e levasen ao
sitio que lles indicarmos,mediante o GPS,pareceríanos algo de
ciencia ficción. Pois ao mellor vemos tamén ,mais cedo ca
tarde,eses que tan bos serían audiófonos e lentes.”””
Pois
feliz Pascua Florida a todos. Este anos a natureza xa anda moi
florecida. Saude os mellores desexos para todos. Rafael
sábado, 21 de marzo de 2015
VIAXANDO QUE E XERUNDIO
Queridos
amigos: Pediume amigablemente,non podía ser doutro modo, o
compañeiro Senín e mais José Luis Suárez Cotelo que a través de
este taboleiro colectivo anunciase esa viaxe que xa se comentou en
Carboeiro de faceren os interesados. En principio interesados
estariamos todos pero xa o pensador D. José Ortega y Gasset deixou
escribido en Meditaciones aquilo de.;«Yo
soy yo y mi
circunstancia y si
no la salvo a ella no me salvo yo»
do que se deduce que vivimos atados as propias circunstancias que non
sempre nos deixan a liberdade para decidir sen condicionantes.
Hai que
recoñecer que é unha ruta moi ben pensada,accesible e digna de
facerse e que daría tamén ocasión para darlle outra volta ao
enxeñoso e arteiro fidalgo D. Quixote da Mancha que na nosa primeira
xuventude nos resultaba tan simpáticos aqueles episodios que se lian
na antoloxía que había que mercar para o estudo da lingua e da
literatura.
Pois nada a
informarse e os que poidades a gozar desa marabillosa viaxe indicando
a calquera do equipo organizador as datas preferentes.
Poño as
notas que me mandou José Luis da posible ruta e prezos para que
poidades decidirvos. O mais importante sería decidir as datas e
saber os posibles participantes.
Sen outro
particular recibide un afectuoso saúdo .Rafael
Addenda:
1ª.-RUTA QUIJOTE – 2015
DÚAS
POSIBLES DATAS PARA O VIAXE
Queridos
compañeiros: Como xa se ten falado nalgunha das xuntanzas, fágovos
chegar unha dobre proposta de viaxe pola Ruta do Quijote.
Por
razóns climáticas, e para evitar épocas de frío ou de calor,
parece que os meses de abril/maio ou agosto/setembro son os máis
adecuados. Ademais hai mais horas de luz diúrna para viaxar.
Por
estas razóns propóñense dúas datas posibles para o viaxe pola
Ruta do Quijote:
1.ABRIL/MAIO:
Do 27 de abril (luns) ao 1 de maio (venres)
2.AGOSTO/SETEMBRO:
Do 31 de agosto (luns) ao 4 de setembro (venres)
Sabemos
que hai compañeiros moi interesados en facer esta viaxe.
Todos
os que esteades interesados – incluídos familiares ou amigos –
en facer a viaxe do 27 de abril (luns) ao 1 de maio (venres),
comunicádeo antes do día 1 de abril chamando a:
Enrique
Vázquez Pose
José
Luis Suárez Cotelo
Se
as preferencias por facer a viaxe en abril/maio non chegasen a un
número suficiente para completar un autobús, entón farase mais
adiante a proposta de realizala viaxe no mes de agosto/setembro.
Unha
aperta.
José
Luis Suárez Cotelo
ADENDA
2ª VIAJE POR LA RUTA LITERARIA DEL QUIJOTE
2015
ITINERARIO:
DIA
¿?: GALICIA-TOLEDO
Salida
a primera hora de la mañana con destino TOLEDO. Parada en MADRID.
Llegada al hotel en TOLEDO, cena y alojamiento.
DIA
¿?: TOLEDO-CIUDAD REAL
Desayuno
en el hotel. Día libre con el autobús a disposición para realizar
las visitas programadas por el grupo en TOLEDO. Viaje a Ciudad Real,
pasando por Consuegra. Llegada al hotel de Ciudad Real, cena y
alojamiento.
DIA
¿?:CIUDAD REAL-CUENCA
Desayuno
en el hotel. Día libre con el autobús a disposición para realizar
las visitas programadas por los lugares de la Ruta. Llegada al hotel
de Cuenca, cena y alojamiento.
DIA
¿?: CUENCA-MADRID
Desayuno
en el hotel. Día libre con el autobús a disposición para realizar
las visitas programadas por el grupo. Llegada al hotel de Madrid,
cena y alojamiento. Posibilidad de realizar reserva para cualquiera
de los espectáculos que haya en la capital en esa fecha.
DIA
¿?: MADRID-GALICIA
Desayuno
y salida hacia GALICIA. Llegada a GALICIA. Fin del viaje.
PRECIO
POR PERSONA:
-
EN BASE A 20 PERSONAS................... 350 €
-
EN BASE A 30 PERONAS............ ........ 292
€
-
EN BASE A 40 PERSONAS........... ... 268 €
-
SUPLEMENTO EN HABITACION INDIVIDUAL....86 €
ESTE
PRECIO INCLUYE
-
TRANSPORTE EN AUTOCAR
-
ESTANCIA EN HOTEL 3***
-
RÉGIMEN DE MEDIA PENSIÓN (DESAYUNO Y CENA)
-
ALOJAMIENTO EN HABITACIONES DOBLES E
INDIVIDUALES
-
HABITACIONES CON BAÑO Y DUCHA
-
SEGURO DE VIAJE
-
IVA
Ademda
3ª:VIAJE POR LA “RUTA
LITERARIA DEL QUIJOTE”
Salida: Día ¿?de abril/septiembre de 2015
Duración:
5 días
ITINERARIO
Día
1º GALICIA – MADRID – TOLEDO
Salida
a las ¿….? horas en
autobús por autovía hacia Madrid. Paradas obligadas y comida en
ruta. Llegada sobre las 16.30 horas a Madrid. A las 17.00 horas,
visita al Museo
del Prado
y tiempo libre. Sobre las 19.00 horas, salida con destino a Toledo
pasando por Aranjuez.
Sobre las 20.30
horas llegada a Toledo.
Acomodación,
alojamiento y cena en el hotel.
Día
2º TOLEDO – CIUDAD REAL
Desayuno
a las 8.30 horas y,
a las 9.00 horas, salida para visitar la monumental Ciudad de Toledo:
Museo de Santa Cruz, Catedral, Entierro del Conde de Orgaz, Casa
Museo del Greco, Sinagogas del Tránsito y de Santa María la Blanca,
Monasterio de San Juan de los Reyes… Comida en un Restaurante de
Toledo. Sobre las 18:00 horas salida para Ciudad
Real
haciendo una breve parada en Consuegra
para visitar los molinos
alineados en lo más alto del cerro Calderico.
Visita a las Tablas de Daimiel. Continuación del viaje hacia Ciudad
Real.
Acomodación,
alojamiento y cena en el hotel.
Día
3º CIUDAD REAL – EL TOBOSO – CUENCA
Desayuno
a las 8.30 horas y,
a las 9.00 horas, salida para visitar los lugares de la Ruta
Cervantina, donde tuvieron lugar las principales aventuras del
Quijote: Almagro,
Valdepeñas, Villanueva de los Infantes, Lagunas de Ruidera,
Argamasilla de Alba, Tomelloso, El Toboso, Campo de Criptana, Alcázar
de San Juan, Manzanares, Mota del Cuervo...
Sobre las 19,30 horas llegada a Cuenca.
Acomodación,
alojamiento y cena en el hotel.
Día
4º CUENCA – MADRID
Desayuno
a las 8.30 horas
y, a las 9.00 horas,
salida hacia Madrid.
Visita a La
Ciudad de Cuenca y Ciudad Encantada.
Comida.
Salida
hacia Alcalá
de Henares. Sobre
las 17.00 horas
llegada a Madrid.
Acomodación,
alojamiento y cena en el hotel.
Día
5º MADRID – GALICIA
Desayuno
a las 8.30 horas y,
a las 9.00 horas, recorrido por el Madrid de “Los Austria” para
recrear la época en la que vivió Cervantes. Tiempo libre. Sobre las
13.00 horas salida por autovía hacia Galicia, desde la Plaza de
España, después de hacer la foto obligada del grupo delante del
monumento a Cervantes. Comida y breves paradas obligadas en ruta.
Llegada
a Galicia: Día ¿? de abril/septiembre de 2015, sobre las ¿…
horas?
FIN DEL VIAJE
Os
teléfonos para comunicarvos con José Luis ou con Enrique pedidemos,
se non os tedes, a min buxarelo@mundo-r.com.
Saúdos outra vez. Rafael
miércoles, 4 de marzo de 2015
O PROMETIDO E DÉBEDA
Quedei co compañeiro
Senín cando estivo o mes pasado aquí nos arredores da Coruña,na
comida de inverno, en poñer aquí , para quen queira imprimila,a
fotografía de todos os desta quinta que rematamos os estudos
completos da carreira de 12 anos que dicían que eran das mais
grandes ou tanto como as mais grandes.
Despois dos case 46 anos
pasados xa estamos todos irrecoñecibles. Os que a conservamos e de
mirala de cando en vez sabemos quen é cadaquén. Pero aos demais
custaravos traballo identificarnos. Por suposto non están os que
remataron os estudos en Salamanca ou noutras facultades como é o
caso de Andrés ou de Cabarcos. Pois nada. Aí queda ese coro de
mozos como pitos acabados de saír da casca do ovo.
Saúdos como sempre para
todos.Rafael
viernes, 20 de febrero de 2015
NOTA INFORMATIVA
Hai un momento chamoume o compañeiro Agusstín Dios comunicándome que lle informara Sanlés que falecera o compañeiro Barral.Que o enterro será na parroquial de Riveira ás 6 da tarde do día de hoxe.
Barral era un asistente asiduo ás convivencias e ademais moitos anos exerceu de fotógrafo desas reunión agasañllándonos coas fotos de evento ao ano seguinte.Que descanse en paz e que a terra lle sexa leve.Condolencias para a familia e para todos os compañeiros que sentimos ben a súa ausencia.
Barral era un asistente asiduo ás convivencias e ademais moitos anos exerceu de fotógrafo desas reunión agasañllándonos coas fotos de evento ao ano seguinte.Que descanse en paz e que a terra lle sexa leve.Condolencias para a familia e para todos os compañeiros que sentimos ben a súa ausencia.
domingo, 15 de febrero de 2015
MEMENTO GRÁFICO.(xantar de inverno)
Nesta noite de Domingo
lardeiro ou de carnestolendas, despois de cumprimentar as obrigas
familiares,nesta época son comidas de mesa e sobremesa
prolongadas,miro ao chegar á casa e abro a caixa do correo
electrónico e observo que xa o egrexio compañeiro Enrique ,anda
sempre apegado á súa cámara de fotos, me remitiu unhas cantas que
vou deixar colocadas para xeral observación.
O xantar de inverno
deste ano,tal como estaba anunciado,celebrouse cunha concorrida
asistencia. Salvo error ou omisión eramos vinte comensais xustos.
Botouse de menos a presenza de Andrés Vilariño que por causa
xustificada,acudir a unhas probas médicas ,non nos puido acompañar
coa presencia corporal pero si coa outra. Desexámoslle os mellores
éxitos en todas as ordes da vida.
Os primeiro en chegar
foron algúns que viñan de mais lonxe. O amigo Senín,xunto con
Luciano Pena e Suárez Cotelo que os foi esperar ao tren,viñeron
polo camiño de ferro,xa a medía maña foron os primeiros en chegar.
Despois de tomarmos uns cafés e intercambiar impresións sobre
diversos temas de actualidade relacionados coas vivencias comúns
intentamos dar un paseo matutino pero o día era tempo de cans e
sorprendeunos cunha chuvascada que nos obrigou a poñérmonos a
cuberto.
Logo xa preto do mediodía foron chegando o señor Pereira, Agustín Dios, Isolino
Esmorís,Ricardo Cutrín e mais López Gómez,Dans Couto ,os irmáns
Sanleses,Antonio Puertas que xa nos declamou o de que “se hai que
volver a nacer nácese” e xa as dúas da tarde entramos no mesón.
Xa estaban tamén Alfonso e Lóper Gonzalez e os mais serodios foron
Enrique, Felpete e os da zona de Santiago, Caamaño e Fernando Ledo que
chegaron,de todos modos a hora acordada que era sobre das dúas e
media minutos mais ou minutos menos. Como dicían os cregos que non
eran puntuais que anunciaban calquera celebración para arredor dunha
hora determinada.
Despois desta lería
dicir que o xantar fíxose con vagar e parsimonia,en animadas
conversacións, e que rematou con sobremesas da época e chupitos e
cafés variados e repetidos. Sendo a estrela da comida o mencía de
Monterrei baixo o nome comercial de “Crego e managuillo”que
paréceme que deixou satisfeitos a todos.
Agora deixamos a
reportaxe fotográfica da autoría de Enrique Vázquez Pose a quen se
lle agradece o detalle que ten sempre de exercer de notario maior
destas efemérides.
Saúdos para todos.Rafael.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)