Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 27 de agosto de 2012

LIBRO QUE PAGA A PENA LER (R.G.R.)

Entrei no noso encerado e ao ver que aínda existe alguén que se acorda de deixar algo para xeral coñecemento animoume a deixar unhas reflexións sobre un libro que rematei hoxe mesmo de lelo. E unha maneira de cultivar o que queda da lectura dun libro e poñelo en común por se lle servisen de algo a outros. Non é outro o sentido que teñen en todas as revistas e periódicos as recensións que se fan.

Andamos pondo fin ao estío e mais ao tempo oficial de vacacións. Por fin rematei a lectura do libro de Paul Preston que leva por título.«El holocausto español»,Creo que foi Fernando Ledo o que nos dixo que andaba tamén atrevéndose con el. Non resulta fácil. Ten case que oitocentas páxinas. Duascentas e algo son de notas que non están a pé de páxina. Están ao final. O título responde as atrocidades e violencia que houbo na España do ano 36 e sucesivos. Tanto a represión republicana como a franquista de antes e despois da guerra civil. O título completo é:«El holocausto español, pautas de exterminio durante y después de la Guerra Civil».Leva pouco mais dun ano publicada a tradución ao español.

Ninguén discute que é un dos principais estudos feito con rigor histórico desa época.” «el relato apasionante y trágico a la vez sobre la durísima represión» que tuvo lugar durante toda la Guerra Civil, tanto en el bando republicano como en el franquista” Segundo destaca o xurado do premio nun comunicado:Premio de Historia de Cataluña Santiago Sobrequés i Vidal.Tivo varios premios. E Príncipe de Asturias de Historia Contemporánea española e director do Centro Cañada Blanch para o Estudo da España Contemporánea da London School of Economics.
 
O autor non é un calquera. E doutor en Historia pola Universidade de Oxford. ( Dicía o noso profesor de Latín en 3º de Humanidades D. Alejando Carou que había moitas universidades pero ante a de Oxford había que quitar o sombreiro. O mellor do mellor. Parece que algo de razón tiña. E das mais antigas. Vede:

Universidad de Oxford - Wikipedia, la enciclopedia libre


Sempre que se fala da Historia desa época,cadaquén conta a súa maneira,aparecen as matanzas do bando republicano,xa declarado o Estado de Guerra,como a cometida en Paracuellos do Jarama coa implicación directa,a xuízo do autor,de Santiago Carrillo. Destaca literalmente de Carrillo:"Sus mentiras son tan infantiles, es una ridiculez decir que no sabía nada de los hechos",Explica que era,pese a súa xuventude,pouco mais de vinte anos, o responsable da orde Pública que nomea a Segundo Serrano Poncela como Director de Seguridade que é quen organiza as sacas. E a mais grande atrocidade cometida en territorio republicano.

Pero tamén dito isto precisa que a represión organizada por un e outro bando foi,tanto pola cantidade como pola calidade,en termos xerais a violencia dos golpistas foi aproximadamente tres veces superior á da zona republicana a non ser en Madrid onde se trocan as cifras de mortes.
Preston espera que a súa obra sexa un grao de area para a reconciliación e que nunca se utilice como armas política. Toda sociedade precisa recoñecer e coñecer o seu pasado para non volver a repetilo. Critica que moitas investigacións de un e outro lado son nesgadas e acostuman a estar feitas para utilizarense como armas políticas.

Confesa Paul Preston que escribir esta obra,foi para el un gran reto, levoulle mais de vinte anos de traballo. Tivo que ler mais de mil libros. Da conta diso o volume de notas de onde está sacada toda a información documentada que aporta.

Se pon un o nome do título do libro ou o do autor en google aparecen os comentarios que suscitou na prensa e como os distintos periódicos,incluso da dereita mais extrema, lle recoñecen o valor da independencia e da obxectividade. 
Ai vaui algunha pero son incontables:

Paul Prestón habla de su libro "El holocausto español.Odio y - Blogia

 España masacrada | Edición impresa | EL PAÍS

 Paul Preston cree que "Franco nunca pensó en la reconciliación 

 Paul Preston: «Las mentiras de Carrillo sobre la matanza de - ABC

Teño que confesarvos,como cando se facía de modo habitual,tempo hai,que me custou moito lelo. Precísase tempo e vagar e ademais concentración. Levoume horas e horas. Os días de praia era cando mais avanzaba,.Para coller o fío tiña que volver a ler unhas páxinas para atrás para situarme e entrar en materia. Pero como digo no título paga a a pena. Sempre nos dixeron que a historia é a mestra da vida e niso non nos enganaban. Se para alguén lle vale para algo ben e se non tamén. Deica a próxima vez. Saúdos para todos que logo nos veremos. Xa Andrés puxo,como sempre, a camiñar a intendencia para pasar ese día xuntos que este ano esperemos que non falle. Rafael.


Sorriso chavelludo de cadelo adoecido; mal de ollo en vello revirado; pingallo de besta embalsamado; demo escangallado lonxe dos seus dominios; gurgullas de Canedo e baños de Outariz; billotes amañados por chapuzas con contrato; sereno calixtino con pechos arrabaldeiros; furado que non se atina na misa que canta o galo; camiño desfasado de pelegrino adurmiñado; revista de quen vai mirando pa outro lado; amaño de xurado con tintas de froallo… Así se sinte o novo inquilino no seu catre, xa reclinado.

Camariñas súmese nunha friaxe milenaria e non pasa cobrando en balde. Novos mundos aconsellan xentes desiguais; mesturan pasos que levan as ideas e traen os fracasos.
A miña dona di que ela  non foi; que, de tódo-los males cantos hai, deles nada sabe, mais é coñecedora das novelas que ás traen. Penso que  leva razón, como Santa Bárbara cando trona, a quen todos, cando funga,  lla dan.. A culpa sempre a terá o ditoso chachachá.

Pasemos lista e vexamos quen son aqueles, do A ou do  B, os que han marcar os tombos desta carraca. Once pares de botas multiplicadas por mil, mallan nos campos de Belvís. Sombras de gaiteiros que fungan nos encontros, peneirando moletes sen codia e que están por descubrir. Un asubío afogado nas palmas do orde, morre entre as sombras dunha costa de sal cos nosos retratos, que sempre miran cara atrás.

Popurrí de verán que nada di cando cala, e non se lle entende a súa fala… mais, xa está de novo aquí na lista que fixo  pa soñar, cando dorme sen almofada.

Dime o amigo que conte o acontecido…mais ¿ como vou a repetir o que nunca pa ninguén fora descoñecido ? Nada aconteceu que non fora prevido: unha lancha co bandullo peneirando na criba, imitando a súa  morte, no medio das gargalladas da marusía. Achican os bandullos coas cervexas de Buría, e jás abondo cando se debía. A Costa da Morte non deixa de durmir ningún día. Os gurgullos se retorcen e sempre están de romaría fronte as costas do Vilán e os pelouros de Muxia.
Unha gran traxedia, certamente, sería: que deixaran de fungar o noso vento e mailo mar. ¡ Que Deus no no queira,!, e que deixe en paz o noso día a día.Os do sur están a dicir: “ Nunca mais “… e, dende Fisterra pa arriba: “ cando queira, que veña outro mais “. Xa as nosas xentes en garda están, dende que o mundo está encabuxado petando  nas nosas portas. Temos nobre madeira e carpinteiros abondos de ribeira pa aguantar os “ elementos “; e, ¡ que peten canto queiran !

Eu non me entendo, nin vos me entendedes, nin sequera o pretendo; mais, se puiderades ver como en película as miñas verbas, comprobaríades avaríadas imaxes animadas e desanimadas, de fantasmas e de adas; de diaños e de canallas; de anxos e de demos, ríndose de min. As veces, bailan, e as veces ( as mais ) laian, a carón da miña propia cara… Ganduxan cas ideas tolas, e cas escangalladas; o sentido mais común morre e reencarna, coas  figuras que se semellan, e non recordan se emparentan ou imitan ó que fala… Desaparecen perdidas polo aire, quen representa a súa comedia.

O meu idioma está parindo suspiros de palabras, sacándolle  o pelexo ó común dos pensamentos, e desplumando  ó sentido da palabra.
Quen queira, que vexa este filme cos meus retratos e, cos seus  fuciños, os lamba. Sen mantelos nin rebandas, nin sobremesa nin lambetadas que, pa iso, está Disneilandia.

Antonio Puertas

lunes, 20 de agosto de 2012

IN MEMORIAM: AVELINO POUSA ANTELO

                                 IN MEMORIAM: AVELINO POUSA ANTELO (R.G.R.)

 
O amencer,á luzada de hoxe finou o esgrevio galeguista. E merecedor de todos os títulos que se lle deron e de aqueles outros que non se lle outorgaron pero que tamén lle corresponderían pola súa lonxeva traxectoria. Mañá farase eco a prensa de todas aquelas virtudes, foron moitas,que o adornaron. E dos poucos que nos acompañaron,case un século,en momentos críticos,tráxicos e tamén esperanzadores para esta Nosa terra a Galicia que nos veu nacer.

A razón de traelo aquí e que a min me gustaría subliñar e a de ser antigo alumno de San Martiño Pinario. Precedeunos naqueles grosos muros durante sete anos cando era aínda Universidade Pontificia de Santiago de Compostela. Desapareceu no ano 1932 en que o Vaticano reduciu os Centros de Ensino Superior en toda España porque a calidade degradárase tanto que os títulos eran sinónimo de que tiña cartos o posuidor pero non da sapientia que figuraba no documento. Elocuente é aquela anécdota que contan do pai dun doutorando que candi viña de volta de Santiago preguntáronlle.¿E que o fillo xa che é doutor? Si home e se levara mais cartos tamén me doutoraban a besta. Na que fixera a viaxe.

Aqueles doutores que figuraban como profesoresnos calendarios que nos entregaban na inauguración de cada curso procedían case todos da Pontificia de Santiago. Chamaba a atención que os mais novos eran licenciados,non todos, e os mais vellos eran todos doutores.

Despois desta digresión dicirlle a D.Avelino que o que se quere nunca morre e que el tamén vivirá na memoria colectiva de Galicia. A semente que el plantou ira xerminando e dará os seus froitos. Quede constancia neste blog que pertence a unha comunidade da que el tamén precedéndonos foi parte. Sirva de póstuma homenaxe.

 
Para os que queiran saber mais aí vai noticia pola que eu me informei este mediodía:
http://praza.com/cultura/1763/falece-avelino-pousa-antelo-memoria-e-dignidade-do-galeguismo/

http://www.sermosgaliza.com/artigo/memoria/avelino-pousa-antelo-adeus-ao-sonador-da-galiza-redimida/20120820110213004345.html


E tamén o discurso que pronunciou no 2009 en defensa do noso idioma na praza da Quintana de vivos en Santiago:

 E nada mais. Dentro de pouco verémonos e xantaremos xuntos. Saúdos para todos.Rafael

viernes, 17 de agosto de 2012

15 de setembro: CONVIVENCIA EN SOBRADO E MAIS EN OÍNS


QUINTA DO ’57 - CONVIVENCIA ANUAL
Sábado, 15 de setembro de 2012 – Sobrado dos Monxes
            Meus ben queridos amigos e compañeiros: xa está aquí o día. O gran momento de acrecentar a amizade, compartindo –ademais da Misa e da mesa- as amargas decepcións padecidas neste “annus horribilis” e as estimulantes xornadas ou horas que nos permitiron seguir confiando nas persoas e afiuzar a nosa esperanza.
Amigo, compañeiro, irmán: fagamos deste encontro unha bandeira, un signo do cambio necesario que todos desexamos. Todo cambia cando as persoas se reúnen.  

Lugar de encontro:
MOSTEIRO CISTERCIENSE DE SANTA MARÍA DE SOBRADO
Horario:
11,30             Acollida
12,00             Visita ao mosteiro, acompañados por un monxe
13,00                         Eucaristía na capela dos monxes
13,45             Asistencia, na mesma capela, ao rezo monástico da Hora Intermedia.
                        Fotografía do grupo na portada do mosteiro
                        Saída para o xantar.

sábado, 11 de agosto de 2012

Hace un par de horas escribí en Facebook un breve artículo que quiero compartir con vosotros :
EL ALCALDE DE MARINALEDA ,LA DEMAGOGIA Y LA DEMOCRACIA
A quienes todavía creen que los argumentos son puramente racionales les voy a proporcionar uno que , espero ,les lleve a cuestionárselo .Todos los medios se ocupan estos días en denigrar (la mayoría) el comportamiento del regidor de ese ayuntamiento de Sevilla .No se plantean si haber "asaltado" un par de supermercados y una finca pública-al parecer infrautilizada-fue o no justo (que no es legal está fuera de discusión) .Le llaman demagogo ,oportunista .Dicen que quiere hacerse  propaganda ...Y caen en la misma demagogia (si la hay en él ) al publicar sus ingresos y afearle que no emplee parte de ellos en saciar el hambre sobre la que-insiste-quiere llamar la atención .Analizad "las informaciones" y comprobraréis que la virulencia del rechazo es directamente proporcional a la cercanía del poder (de los poderes) .Extraño ¿no? .
Se parte-como otras muchas veces en nuestra vida social y política-de un falso postulado :que estamos en un estado de derecho ;entendiendo por tal :una situación estructuralmente justa y dinámicamente congruente .Nada más lejos de la verdad .Esos medios así lo patentizan con sus denuncias mutuas y las revelaciones que compiten en acritud .Nada-defienden- puede hacerse al margen de la ley -si no queremos caer en el caos .¿Y si la ley se hace en beneficio de los menos? .¿Y si la ley es el pretexto para ocultar la verdad? .¿Y si la ley es un instrumento de opresión? .Que tal fetiche es el referente último de una democracia-está claro-es ,cuando menos  ,un error .No hay otro referente que tenga fundamento más allá del "bien común" .Ése ,sí ,es un buen metro .Ése ,sí ,está a la altura de las exigencias de una democracia real .
Andrés L. Amboage

viernes, 3 de agosto de 2012

RISOTERAPIA



Estes días están chegando aqueles profesores que adican uns días do mes de Xullo a viaxar. De momento aínda poden permitilo. No futuro iremos vendo. Estiven cuns amigos que andaron unha semana por Europa e viñeron abraiados da imaxe que de nós teñen incluso en Croacia. Dixéronme que ocupamos as portadas, na última semana de mes pasado,dos mais importantes periódicos. O tema mais recorrente é o da corrupción. O que non lles colle na cabeza é o da amnistía fiscal. Por iso poño un vídeo que, aos que vimos as películas de Berlanga, fainos pasar un momento divertido. Sobran os comentarios. Aí queda.A descansar como nos desexou Eduardo.Saúdos para todos.Rafael

lunes, 23 de julio de 2012

DIA DE GALICIA


No antevéspera do día do Apóstolo Santiago vou deixar un video que anda pola rede e que a min me gustou. Supoño que a idea estará sacada de aquel patriotismo, dos primeiros anos da ditadura, no que sobre todo os militares se escoitaban o himno nacional debían de poñerse de pe, en actitude de saúdo,mentres non remataba,fora cal fose o sitio no que se encontrasen.

Que quede constancia da importancia do día para seguir avanzando na conquista do noso destino. Como estes anos inmediatos foron nefastos para os signos propios que nos pertencen como galegos,non por iso debemos deixar de celebralo,para con forzas seguir loitando pola lingua,pola cultura e pola solidariedade social. Podedes velo aquí:
 
Aproveito para saudar a Ledo polo bo artigo,como sempre, que nos deixou. Esta tarde fun a praia,estivo aquí na Coruña un día excelente,macanudo diría un arxentino,e lendo o Pais viña un artigo co mesmo encabezamento:'Quousque tandem' | Política | EL PAÍS

 Xa ves que te plaxiaron. Pero non sería aconsellable que preitearas con Enrique Gil Calvo. Tardarías moitos anos en ter unha sentencia na que che deran a razón. Xa ves o que lle pasou a María do Carme Formoso que presentara, a un concurso, unha novela:Carmen,Carmela,Carmiña e que Planeta lla pasou a D. Camilo José Cela que,cuasi fusilándoa, no ano 1994 ganou o premio Planeta coa novela “La Cruz de San Andrés”Grazas a que tiña un fillo avogado e pelexou como un gabato contra Cela e mais Planeta e no ano 2010,dezaseis anos despois,déronlle a razón e condenaron a Planeta porque Cela xa está dando malvas debaixo dunha lousa, parecida a de Valle Inclán, no cemiterio da Colexiata de Iria Flavia.

Se tiveches a paciencia franciscana,como do Senín,de ler esa andrómena que me saíu sobre o plaxio de Cela es un vir bonus que mereces unha laudatio. Poia nada a seguir o mellor que se poida. Rafael

 


 

sábado, 21 de julio de 2012

QUOUSQUE TANDEM?

Así empezaba aquél famoso discurso de Cicerón no Senado: "Quousque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?¨".  E digo eu, matatis mutandis,  ¿Hasta cando o noso pobo seguirá aguantando todo o que lle boten enriba os impresentables que nos gobernan?.
Calquera persoa honrada, que posúe un mínimo de dignidade, cando comproba que non pode cumplir un compromiso formalmente adquirido, polas razóns que sexan, non dubida en recoñecelo ante a outra parte, pedir perdón e quitarse do medio discretamente.  Pois da mesma maneira parece lóxico que o señor Rajoy, xunto co seu equipo, dado que non son capaces de poñer en práctica ningunha promesa do programa co que gañaron as eleccións; que se ven obligados , sexa por incompetencia ou sexa porque así llo impoñen de fora, a facer todo o contrario e afundir ao país na miseria; que era mentira que sabían o que tiñan que facer para que os mercados confiaran neste país e así iban a atallar a crise, etc. etc. deberían simplemente dimitir e que se convoquen novas eleccións; porque facer un referendum coas medidas propostas por este equipo parece inviable, primeiro porque todo son improvisacións semana a semana e polo tanto non serían capaces de presentar un programa concreto e con certa garantía de eficacia, e logo porque pretender que os pobres paguen o pato sin ter culpa ningunha da desfeita, mentras os verdadeiros culpables seguen sen inmutarse e coas alforxas cheas, garantiría un non rotundo na consulta.  Coido entonces que por decencia deberían dimitir. Pero claro aquí non dimite ninguén en ningunha institución do Estado; desde o rey hasta o último carguiño do aparato do poder, todos din que teñen a conciencia moi tranquila.
Semella que en vez de vivir nun Estado de Dereito máis ben vivimos nun Réxime. Indúltase aos políticos corruptos e proclámanse amnistías fiscais; non se piden responsabilidades a ningún dos que nos levaron a bancarrota, todo máis un relevo do cargo cando xa apesta pero nada de devolver o diñeiro que meteu no cazo.  En Islandia os cidadáns tumbaron o goberno, procesaron a todos os responsables da ruina, negáronse a que o pobo tivera que pagar a deuda contraída por aqueles incompetentes e puxeron no poder a quen agora os está sacando a flote.
Cando vexo os do PP aplaudindo no Congreso cada puñalada que o seu xefe iba cravando nos corpos dos humildes e desgraciados deste país, sinto vergoña, náuseas e profundo desprecio por ese fato de estómagos agradecidos. Pero os do outro bando non son mellores. Aquí todo se reduce a "quítate ti para poñerme eu no sitio".
Fíxose unha comunidade europea de mercaderes; a economía non está ó servicio dos cidadáns; non hai unidade política que fixe as normas, éstas son impostas polos que teñen o poder financeiro; nada se rexe por principios éticos nin se respetan valores sociais; o dogma é o neoliberalismo posto ao servicio do capitalismo salvaxe. Hay que privatizar tódolos servicios públicos no nome da eficacia económica. Que os ricos sexan cada vez máis ricos e aos pobres que lles dean.
Aguantar e calar a ver en qué queda a desfeita fainos a todos cómplices da inxusticia. Penso que non queda outra que a insumisión non violenta. Estou seguro de que o outono próximo vai ser bastante mais quente que o verán e ogallá que sirva para empezar algo novo que faga renacer a esperanza. Fernando Ledo.

TWITERS (R.G.R.)


Así se chaman unhas mensaxes,non poden exceder os 140 caracteres, que desde hai pouco mais de dous anos inundan as redes,tanto en twiter como en facebook. Son un modo de comunicación simple e curta (Suxeito,verbo e predicado con algún complemento circunstancial) que transmiten telegraficamente a idea principal e que,nos mais mozos, supoñen o meirande medio de comunicación social. Isto ven a conto polo final do que nos deixou Eduardo na súa,como sempre,interesante comunicación .Non te desanimes Eduardo. Alguén ten que ser o animador dos blogs. Onde hai dous ou sete que colaboren, con certa asiduidade xa,por si mesmos, fan que sobreviva. O de dous ou sete e tomado de aquela anécdota que atribúen a Acuña Garrido que lle preguntou o finado de D. Manuel Bugallo se estudaba moito cada día e respondeulle: Verá D. Manuel: “diariamente unas dos horas o siete”.

Volvendo ao principio remata Eduardo escribindo: Saúdos e a descansar. Sería un twiter exemplar (dicir moito coas mínimas verbas) Hai algún tempo,non sei onde, lin que a Biblia estaba inzada de Twiters. O que pasa é que os estudosos chámanlle versículos desde o século XVI. “Nihil novum sub sole”Pois indo ao rego,outra vez, ese twiter de Eduardo recordoume o que nos contaba profusamente, a tempo ou destempo,cando alguén llo preguntaba D Antonio Villasante (d.e.p.) sobre se os cóengos eran de institución divina ou humana. Sorría mostrando un dente,o primeiro premolar ou o segundo era de ouro,e con satisfacción pontificaba que,sen ningún xénero de dúbida,eran de institución divina. Os instituíra o mesmo Xesús Cristo cando, segundo Mateo 26:45 :Entonces vino a sus discípulos y les dice: Dormid ya, y descansad; he aquí ha llegado la hora, y el Hijo del hombre es entregado en manos de pecadores.” Desde ese preciso instante,conforme á teoría de Villasante quedaron instituídos os cóengos de todo o mundo incluídos os de Roma ,os De Santiago e o resto das urbes do orbe.

Os de Santiago pasarán a historia,coa súa cruz característica,a traveso das películas que se farán sobre o Calixtino. De momento xa hai un vídeo, como os que nos manda Vilariño, que realizou un coruñés do mundo da farándula Paco Lodeiro e que non será o derradeiro :Podedes velo aí:
 
Escribo para rebelarme contra o Twiter de Eduardo. Poñer un alto no descanso. Non vaia a resultar que nos nomeen cóengos de graza, aínda que sexa honorarios, e non están os tempos como para oufanarse mentres non pasa a poeira e rebulicio que levantou o roubo do Calixtino.

Para rematar hai que dicirlle a Puertas que nos conte o que pasou na procesión do día do Carme en Camariñas que houbo que pedir auxilio para regresar ao porto.

E aos demais que se asomen a esta páxina colectiva que non enfermen de medo. Levamos xa moito tempo desde que D.Mariano estivo na Coruña,en campaña electoral,onde nos prometeu a felicidade se o votabamos. Desde aquela non tivemos mais que malas noticias e desgrazas para os que van perdendo os postos de traballo e mais os mozos que son os perdedores desta sociedade insolidaria e inxusta. A ver se o Patrón das Españas, segundo a letra do himno, das dúas que cantaba Antonio Machado e Miguel Hernández, nos trae algo de alivio a tanta desgraza que veu para quedarse conforme anuncian os dirixentes que nos gobernan.
Deica a próxima e cos mellores desexos para todos. Rafael

lunes, 16 de julio de 2012


ALELUIA! Liber sancti Iacobi aparuit. ALELUIA!



Con música de Händel, do Mesías, por exemplo.
As noticias que daba Rafael sobre pistas e intento de negociación co electricista deixáronme descolocado. As novas posteriores, pasmado, pasmao. Coas entradas de Fernando e Antonio, anímome a facer algún comentario sobre a gran descuberta.
Desde o 4 de xullo de 2011 ao 4 de xullo 2012 escribiron os protagonistas un drama cómico, esperpéntico, propio do Valle Inclán máis creativo.
Amais do códice, a poli descobre un Libro de Horas, obxectos valiosos e outros incunables medievais, da falta dos cales non sabiamos nada. Atopan tamén 1.200.000 euros, uns miles de dólares e calderilla en pesetas. Tan sobrado anda o Cabido que non se entera do desfalco durante uns 25 anos. Alguén ten dito que os únicos que non sofren a depresión son os banqueiros, os curas e os toureiros.
Pero o folletón continúa: apareceu despois unha maleta con 600.000 euros substraída da catedral. Era valija diplomática para enviar aos fondos secretos do Banco Vaticano? Soa a mafia, contrabandismo, branqueo de diñeiro... Digo que soa, pero quizais non sexa o que parece.
O acto de entrega do Códice Calixtino é o clímax do sainete. O arcebispo quita peito agora.
  • Quen pode entregar algo?
  • Quen algo ten.
  • De quen é o Códice?
  • É posible que o partido gañase algún voto, din uns.
  • É posible que o partido perdese outros tantos votos, din outros.
  • É probable que a Igrexa perdese adeptos e devotos, din case todos.
O antepenúltimo capitulo do papelón será a condena do presunto culpable. En agradecemento, o indulto penal por parte do Goberno, pois o Presidente tivo ocasión de facer o segundo rescate, tras o glorioso rescate-privilexio do Reino de España.
O arcebispo, para non desmerecer, podería conceder o idulto moral mediante indulxencia plenaria especial, pois un electricista manexa divinamente os enchufes.
Ademais, o glamour do acto ben o mereceu. O mesmo Xelmírez sufriu, disque, un ataque de envexa comparando esta entrega coa que lle fixeron a el os mestres copistas-miniaturistas cando llo deron por primeira vez.
A policia pasou a cuarto plano. Sempre hai xente disposta a colgarse medallas. Non se acordan da falta de responsabilidade e de profesionalidade que exhibiron.
Saúdos e a descansar!
Eduardo.