Ciencia en Galego
O día 4 de novembro de 2010
Día da Ciencia en Galego
Dedicado a
Os profesores de ciencias mobilízanse contra o último decreto sobre o galego para reivindicar o dereito a dar as clases na nosa lingua.
Máis información en http://www.cienciaengalego.org/
Castelán ou español
Ten razón Fernando cando escribe do milagre da extensión do español por todos os continentes. Tamén é milagre chegar a un Amanece, que no es poco (homenaxe a Manuel Aleixandre), ou rescatar 33 mineiros das entrañas da terra, enterrados durante meses a 700 m de profundidade no deserto de Atacama,
convertido en plató mediático.
Os galegos que comprendemos / falamos galego somos beneficiarios dun idioma case común con moitos países de América e África, colonizados por navegantes portugueses, competidores dos españois.
Algúns empéñanse en enfrontar as linguas ou en defender unha tripando a outra. "Dúas, mellor ca unha", Tres, mellor ca dúas".
A colonización / imposición dunha lingua é dolorosa e traumática. Do aspecto negativo da imposición do portugués librámonos os galegos, a pesar de participar da lusofonía. Somos benficiarios doutro milagre aínda máis difícil.
La buena nueva
Rafael serviume un bandexa o tema da película que tamén vin na TVE 1 o 9 de setembro. Podería ser un magnífico colofón ao cruce de comentaarios sobre a recuperación da memoria histórica que animou este blog.
Tras moitos atrancos da xerarquía eclesiástica, a película rodouse en 2008, dirixida por Helena Taberna, sobriña de don Marino Ayerra.
Unax Ugalde, a pesar de non ter credo relixioso, borda o papel encarnando ao padre Miguel, que defende a verdade evanxélica, que se pon ao lado dos que sofren, e que non se alía cos falanxistas por coherencia cos seus principios.
Guión sobrio, imaxes de violencia contida e silencios sobrecolledores. Ante as impertinencias do padre Miguel, o bispo dille: "Ya estamos otra vez con el dichoso evangelio". Ante a barbarie que sufrían os fregueses socialistas, o bispo recomendáballe: "Mano izquierda", porque con esa actitude poñía en perigo o prestixio da Igrexa. A cinta mostra o posicionamento da Igrexa xerárquica ante a guerra civil. Aparece o escrito do cardeal Gomá, a Santa Cruzada, o telegrama de Pío XII apoiando a Franco... Sabido é que o Movemento Nacional se apoiou no Exército, na Falanxe e na Igrexa.
A outra Igrexa brilla con luz propia; o padre Miguel podería ser tamén un precursor da teoloxía da liberación, próxima aos pobres.
Marino Ayerra, o personaxe real biografado, dixéralle ao bispo: "Me ahogo en España". Marchou a Arxentina, onde foi perruqueiro e profesor de latín e grego.
Ante as ameazas do bispo, o padre Miguel dille que así non lle interesa a sotana.
Remata o filme cun final aberto ao amor e á esperanza, ao tempo que o tren entra nun túnel cada vez máis negro. É o comezo da longa noite, outra metáfora do franquismo.
La buena nueva paréceme profundamente evanxélica, unha achega á memoria histórica, da man dun cura non contaminado. Alguén pensa que a memoria histórica consiste en repoñer series na TVG.
Nestes meses últimos houbo moitas despedidas. Hoxe recordo a de María do Carme Cuesta, a última supervivente das 13 rosas (Madrid, 1936).
Sobre esta época na zona de Pontevedra podedes ver: http://anosdemedo.blogspot.com
Viaxe negocio
Parece que a Xunta reduciu o orzamento da viaxe papal a Compostela. Non se sabe nada das contas da diocese nin do Goberno español, que vai montar o despregue policial máis espectacular da historia de Galicia.
Consola saber que "a viaxe papal é un negocio, económico e espiritual", segundo monseñor Camino. Negocio para quen? En Valencia foi para a trama Gürtel. Facenda descobre agora un fraude de 14 millóns de euros nos contratos da visita do Papa a Valencia. Calquera ocasión é calva para enriquecer aos amigos de Canal Nou (TV valenciana).
A Igrexa carece de bos economistas. Santiago está deixando arruinar valiosas casas rectorais denegando sistematicamente solicitudes de restauración.
O arcebispado confiou o dereito de usufructo, por 30 anos, da Hospedería de San Martiño Pinario ao Instituto de Desenvolvemento Comuniatario (IDC) de Galicia, dirixido por Carme Furelos. Por sentenza xudicial foille denegado o dereito de usufructo a IDC por despido improcedente de empregados, segundo sentenzas anteriores. Para poder indemnizar aos traballadores do IDC están tamén embargados os bens da sociedade. Ollo clínico para buscar socios!
Parafraseando a un clásico
Cada ola que muere en la arena
nos trae el mensaje del agua:
Antonio es poeta y prosista.
Puertas francas a la ironia.
Lema suyo es también la hipérbole.
Di Seco, Eduardo corrobora.
Natural, es la misma persona,
que remata aquí y ahora.
Saúde e saúdos. Eduardo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario