Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 8 de octubre de 2010

O MILAGRE DO 12 DE OUTUBRO

A nosa vida está rodeada de milagres por todas partes. Sen ir mais lonxe, cada día o despertármonos pola mañá e erguernos da cama para unha nova xornada é un deles. Pero hoxe estou pensando noutro milagre para festexar o vindeiro día 12. Esa data, anque tinxida certamente de connotacións pexorativas, tamén debe levarnos a valorar e festexar o milagre de que case que cincocentos millóns de persoas estamos unidos por unha mesma lingua. Esta realidade do idioma castelán fixérona posible homes e mulleres de onte e de hoxe, creando así un grandioso patrimonio común que nos permite viaxar por 23 países do mundo facendo uso dunha mesma lingua oficial. E aínda hai tamén outros 9 países donde, anque non sexa lingua oficial, é usada a nosa lingua cervantina por unha parte significativa da poboación: tal é o caso de países tan dispares como Francia, Canadá e Filipinas donde é empregada polo 3% da xente; incluso no Brasil fálana máis de un millón de habitantes. Pero o máis curioso é que en USA resulta ser a lingua habitual de un 15,8% dos habitantes, dando lugar a que haxa alí máis hispanofalantes que en todo o Estado español.  ¿Verdade que isto semella cando menos sorprendente?
Queridos amigos, é certo que o idioma castelán ten sido tamén instrumento de colonización e opresión cousa, por outra banda, non allea as demáis linguas importantes; pero iso non debe impedir que recoñezamos e festexemos a oportunidade que temos os que falamos a mesma lingua de avanzar nunha mesma dirección. Coido que isto é o verdadeiro milagre.
Quero facer constar que persoalmente falo sempre o galego, tanto no día a día como na liturxia da igrexa, pois nunca predico ou me dirixo ós fregueses en castelán, pero ao mesmo tempo síntome moi orgulloso de coñecer e poder falar o castelán.  Ista é unha gran riqueza para min da que poido disfrutar e por iso o día 12 de outubro, dende o meu falar e sentir en galego, brindarei polo MILAGRE DO IDIOMA CASTELÁN.  Unha aperta para todos.  Fernando Ledo González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario