Queridos
amigos: É de xustiza agradecerlle a Vilariño a información que nos
transmitiu ,por medio deste blog e de correos persoais, sobre o
pasamento do que foi noso compañeiro de Seminario o crego Varela
Pisco. Tamén a Luciano Pena que por razóns de veciñanza colaborou
eficientemente para, a través de Andrés, ternos ao tanto.
Acorde
con esa información,onte pola tarde, celebráronse as exequias na
súa parroquia natal de San Pedro de Fiopáns no Concello da Baña.
Como era de esperar asistiron moitos curas. Coido que non esaxero se
digo como uns cincuenta. Dos compañeiros estaban Alvite
Ponte,Esmoris Cambón, García Ferro, Cutrín Fernández, García
Vilariño,Ledo González,Rial Varela, Silveira Figueroa e Vázquez
Cabarcos. (Ao mellor esquézome de algún mais. Perdón de antemán).
Compañeiros
desta quinta estabamos tamén Agustín Dios Vigo,Manuel Dans
Couto,Juan Caamaño Calvo,Alfonso Fernández Barros,Luciano Pena
Andrade e mais este humilde cronista neste momento.
Presidiu
a celebración o señor Arcebispo D. Julián Barrio. Ao sermos tantas
persoas,varios centos, tiveron os organizadores a feliz idea de
realizar a misa de funeral fóra da Igrexa e non faltou o servizo de
son moi eficiente para o seguimento de todo e de todos. Na homilía o
arcebispo fixo un panexírico moi sentido sobre os labores e
ministerios pastorais realizados por D. José María Varela Pisco. O
acto foi emotivo e ao contar con tantos cregos, moitos antigos
compoñentes da “escola cantorum”do Seminario, deulle unha
solemnidade especial ao interpretar algúns cánticos a dúas voces.
A
nota crítica, non podía faltar entre nós e con confianza, é que,
se non fose porque o arcebispo nos convidou a rezar “o noso
pai..”na nosa lingua e mais un canto con letra en galego, se alguén
descendese en paracaídas e desorientado non soubese onde estaba
podía deducir que ben podería ser un pobo da serra cordobesa ou un
lugar de Cáceres. Cando de Roma autorizaron a liturxia en galego,nos
primeiros momentos, polos anos sesenta, era lóxico introducir o
galego gradualmente pero hoxe non hai dereito diría o Padre
Sarmiento ou D. Manuel Espiña de viviren. Nada mais amigos.
Parecíame que sen esta crónica de urxencia ao blog faltáballe
algo.Saúdos afectuosos para todos. Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario