Como di Eduardo para que
o noso mural non colla balor, ou se enferruxe ,e xa nos dea medo
entrar nel,como os nenos no cuarto escuro, polo temor ao abandono no
que o temos,imos escribir algo. Non todos o temos abandonado e menos
Puertas.Hai que propoñelo para unha medalla.O da Barca xa está esquecido. Non debemos facer como algúns cregos que lle berraban aos
que ían á Misa como se nunca tivesen pisado a Igrexa. Vou
amosarvos,ao mellor xa o coñecedes, o bllog de Xavier P.
Docampo.:http://xabier-docampo.net/.
Escribideo en google para poder abrir.
E
mais ou menos da nosa idade. Estivo uns cursos no Seminario de Lugo.
A experiencia é negativa conforme conta en cinco entradas que fixo
recentemente. É un mestre con moito mérito e moitos méritos.
Traballou varios anos nun programa de “Preescolar na casa” que
empezara o cura Gandoy, chamado na cidade de Lugo o cura da
bicicleta. Ten varios libros. Premio Nacional de literatura infanto
xuvenil. Contacontos, director e actor teatral,guionista de
programas de radio e televisión e cunha dispoñibilidade total para
acudir a calquera colexio ou instituto para contaxiar a grandes e
pequenos polo cariño a lectura e a escritura..
Visitade os que
queirades a páxina del e veredes que ten moitas similitudes co que
nos vivimos de nenos. Tamén nos nosos tempos había quen tiña a man
lixeira. A ver se alguén se anima a escribir as memorias de aqueles
anos aínda que sexa con brocha gorda e con pinceladas lixeiras. Por
hoxe mais nada. Agora que ven o tempo outonal e xa hai que recollerse
mais cedo porque os días minguan animádevos a escribir algo. Do
contrario este encerado terémolo que levar para o faiado ou para o
trasteiro para que acompañe aqueles obxectos en desuso. Xa non
volverei a rosmar mais e perdoade. Son cousas do exceso de confianza.
Rafael
No hay comentarios:
Publicar un comentario