A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís
lunes, 19 de marzo de 2012
Feliz día, Pais e Pepes (Andres GV)
Déuseme por mirar os "Pepes" da nosa listaxe da Quinta do 57 e foron aparecendo: Barcia Lorenzo, Barral Martínez, Bello Arjomil, Bermúdez Outes, Castro Izaga, Cuenda Sánchez, Fandiño Veiga, López Gómez, Pereira Castiñeira, Sánchez Otero (¡Luis), Sanlés Martínez, Suárez Cotelo, Suárez Tato, Tacón Míguez, Valiño Ramos e Vázquez Cabarcos. A todos, que o santo carpinteiro, tan discreto el, e tan familiar, vos garde no agarimo da familia, favoreza o traballo dos fillos e netos e siga sendo modelo de persoa xusta, capaz de integrar o proxecto de Deus dentro das propias expectativas e proxectos. Tamén sei dalgunha Josefina, esposa e nai, que leva a festa de San Xosé á casa de membros da Quinta. Tres Josefinas, se non levo mal a conta, foron a Roma no 2007, con motivo do cincuentenario do ingreso en Belvís. Na relación anterior van todos os Pepes, salvo os falecidos, pero habería que engadirlles todos os Pais, que iso de ser pai tamén é unha categoría humana senlleira e unha vocación de tarefas entrañables, con fondas e decisivas experiencias de alegría exultante, unhas, e de dor insoportable, outras. Seica "os fillos doen", supoño que tamén alegran, e moito de todo iso nos poderían contar membros da Quinta do 57 que cargades con ese nobre título de "pai". Que a todos nos garde e acompañe o santo Xosé.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario