Onte,dia 1 de
Marzo,xuntámonos como facemos case sempre os Martes e Xoves ao medio
día e sorprendeunos Agustín inquirindo cal festividade
correspondía. Dixo que sempre lembraba a data por ser o día en que
se puxera a primeira pedra de Belvís. Ese día era festa rachada.
San Rosendo abade a bispo dende os 18 anos din os biógrafos. Non se
haberá que fiar moito porque as vidas dos santos de antes están moi
fabuladas e as dos santos modernos tampouco teñen moito rigor. Os
haxiógrafos pasaban a censura para que fosen edificantes os seus
escritos.Eran outros truculentos tempos.
Ese día comíase cun
vasiño de viño. Había longos recreos. Partidos de futbool e mais
un tempo de estudo inferior ao de outros festivos. Se facías algunha
parvada derivada de beber o viño dos que non o querían os
superiores eran moi benévolos ese día e non te castigaban. Tanto a
comida como a cea daban:”Benedicamus Dómino”.
Pois nós onte tamén o
celebramos. E para darvos envexa da san aí vai a proba documental
gráfica para animar a que nos lle teñades medo á xubilación. O
tempo libre é o ben mas prezado do que polo menos o primeiro ano
sorpréndeste moito Sería unha pedantería (como diría Tacón)
mostrar esa foto se non tivese algo de noticia. Esa característica
dálla o ser o cincuentenario da última vez que os presentes e moito
mais o celebramos xuntos en Belvís. Ano de 1962..Adeus. Rafael
Saúdos doutro blog exseminarístico
ResponderEliminarhttp://semlugo66.blogspot.com/2012/03/quinta-do-57-belvis.html
E moi grato recibir ese saúdo.Se for osible facer un rexistro de tantos ex seminaristas,monxes,frades e relixiosos das casi innumerables congregacións pasariamos de centos de miles.Devolvemos o saúdo con afecto e para todo ese colectivo.Rafael
EliminarUn saúdo pa o blog dos exseminaristas de Lugo.
ResponderEliminarAntonio Puertas